O Ega é un río de España, afluente do río Ebro, que discorre case por completo por Navarra.

Río Ega
O río Ega en Estella
PaísEspaña
NacementoLagran (Áraba)
Lonxitude113 km
Conca1.497 km²
Caudal medio13,76 m³/s
DesembocaduraRío Ebro

Nace en Áraba, preto de Lagran, terra que volve cruzar á altura de Santa Cruz de Campezo, onde se lle suman as augas do río Izki. Aínda en chan arabés recibe as augas do río Istora Galbarra, e volvendo a Navarra, as dos arroios de Galbarra e Lazagorria. Preto das localidades de Abaigar e Labeaga amécenselle o Ubaria, o Sardegi e o Zelaieta. Chegando a Estella recibe o río Urederra, e pasada Estella, o río Iranzu. Desemboca no río Ebro na localidade navarra de San Adrián.

Ao longo de 113 quilómetros drena unha superficie de 1.497 km², dos que 416 corresponden a Áraba. O caudal medio do río Ega ao seu paso por Estella é de 13,76 m³/s, o que representa unha achega anual de 476 hm³.