Santiago de la Ribera

Coordenadas: 37°48′N 0°48′O / 37.800, -0.800

Santiago de la Ribera é a pedanía máis poboada do municipio de San Javier, na Rexión de Murcia. Tiña 9.708 habitantes en 2018.

Praia de Santiago de la Ribera

Ao norte, limita coas pedanías de Lo Pagán e Los Sáez, pertencentes ao municipio de San Pedro del Pinatar e ao sur con Los Narejos, do municipio de Los Alcázares. Polo leste limita co Mar Menor, e polo oeste, co casco urbano de San Javier e a pedanía de La Calavera.

Fóra do casco urbano atópase a Academia Xeral do Aire (AGA) xunto co Aeroporto de Murcia-San Javier. Conta con 4 km de praia, entre ellas as do Castillico, Barnuevo e Colón, certificadas coa Q de Calidade Turística.