Juan Bautista Maíno
Frei Juan Bautista Maíno, Maino ou Mayno, nado en Pastrana (provincia de Guadalaxara), bautizado o 15 de outubro de 1581 e finado en Madrid o 1 de abril de 1649,[1] foi un pintor español do Barroco.
Nome orixinal | (es) Juan Bautista Maino |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 15 de outubro de 1581 (Gregoriano) Pastrana, España (pt) |
Morte | 1 de abril de 1649 (67 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | pintor, relixioso cristián |
Movemento | Barroco |
Orde relixiosa | Orde dos Predicadores |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarOs seus pais foron un comerciante de panos milanés e unha nobre portuguesa que estiveron ao servizo da duquesa de Pastrana, a famosa Princesa de Éboli.
Algúns críticos pensan que Maíno aprendeu con El Greco, pero non puido demostrarse documentalmente; o feito é que se formou en Italia, onde pasou os anos que van de 1600 a 1608 e onde coñeceu a pintura de Caravaggio, do seu discípulo Orazio Gentileschi, de Guido Reni e de Annibale Carracci.
En 1608 regresa a Pastrana, onde dá a coñecer un estilo que bebe do clasicismo boloñés, do naturalismo e do tenebrismo nunha Trindade pintada para o altar lateral do Mosteiro de Concepcionistas Franciscanas do lugar.
En marzo de 1611 instálase en Toledo e en 1612 pinta para os dominicos o Retablo das catro Pascuas, agora no Museo do Prado, seica a súa obra máis coñecida. Son especialmente reseñables os lenzos da Adoración dos Reis Meigos e A Adoración dos pastores, de formato vertical.
O 20 de xuño de 1613, Maíno ingresou na Orde de Santo Domingo e viviu no seu mosteiro de San Pedro Mártir. Iso reduciu a súa actividade artística, aínda que a esta época pertence outra Adoración dos pastores actualmente no Ermitage de San Petersburgo. Este tema bíblico foi tratado varias veces por Maíno; outra versión se garda no Museo Meadows de Dallas.
Filipe III chamouno á Corte en 1620 para que fose mestre de debuxo do futuro Filipe IV, xa que era famoso nesta disciplina que aprendeu en Italia e desenvolveu logo en Toledo. Por entón Maíno trabou amizade con Diego Velázquez, a quen protexeu; elixiulle nun concurso público para pintar o tema da expulsión dos mouriscos. Este cadro afianzou a posición do novo Velázquez na corte madrileña, aínda que tristemente non se conserva pois resultou destruído no incendio do Alcázar de Madrid de 1734.
Maíno morreu no convento de Santo Tomás de Madrid, en 1649. Un dos seus discípulos parece foi Juan Ricci.
Obras
editar- San Juan Bautista (1608-10, Kunstmuseum, Basilea), obra antigamente atribuída a Caravaggio.
- Conversión de San Pablo (c. 1610, Colección particular, Madrid)
- Conversión de San Paulo (c. 1614, MNAC, Barcelona)[2]
- San Pedro arrepentido (a. 1612, Colección particular, Barcelona)
- Paisaxe con San Xoán Bautista (a. 1613, Colección particular, Madrid)
- Paisaxe con María Magdalena penitente (a. 1613, Colección particular, Madrid)
- Frescos da Capela Maior de San Pedro Mártir (1611-13, Toledo)
- Retablo de San Pedro Mártir de Toledo (1612-14, Museo do Prado)
- Adoración dos pastores
- Adoración dos Reis Meigos
- Resurrección de Cristo
- Pentecostés
- San Juan Bautista no deserto
- San Juan Evanxelista en Patmos
- Magdalena penitente na gruta de Sainte-Baume
- San Antonio Abad nunha paisaxe
- Santo Domingo de Guzmán (depositado no Museo Víctor Balaguer de Vilanova i a Geltru)
- Santa Catalina de Siena (depositado no Museo de Vilanova i a Geltru)
- Retablo da Anunciación (Museo do Prado)
- Trindade (1612-20)
- Anunciación (1610)
- Resurrección de Cristo (Gemäldegalerie Alte Meister, Dresden)
- Crucifixión (Colección particular, Zaragoza)
- Imposición da casulla a San Ildefonso (paradoiro descoñecido)
- Virxe de Belén (paradoiro descoñecido)
- Adoración dos pastores (Colección particular)
- Magdalena penitente (1615, Colección particular, Xenebra)
- Pentecostés (1615-20, Museo do Prado)
- Retrato de cabaleiro (1618-23, Museo do Prado)
- Frescos do sotocoro de San Pedro Mártir (1620-24, Toledo)
- San Xacinto (1620-24, San Pedro Mártir, Toledo)
- Retrato de Felipe IV (1623-25, Bayerisches Nationalmuseum, Múnic), miniatura, atribución dubidosa.
- Retrato de cabaleiro (1625, Bayerisches Nationalmuseum, Múnic), miniatura, atribución dubidosa.
- San Agabo (The Bowes Museum, County Durham)
- Adoración dos pastores (Ermitage, San Petersburgo)
- Adoración dos pastores (Meadows Museum, Dallas)
- Retrato do arcebispo José de Melo (Cabido Catedralicio, Évora), atribución dubidosa.
- Santo Domingo en Soriano (1629, Museo do Prado)
- Santo Domingo en Soriano (1629, Ermitage, San Petersburgo)
- Retablo dos Miranda (c. 1629, Colexiata, Pastrana)
- Don Juan Miranda con San Francisco de Agarrades
- Dona Ana Hernández con San Juan Bautista
- Recuperación de Baía de Todos os Santos en Brasil (1634-35, Museo do Prado)
- Retrato dun monxe dominico (1635-40, Ashmolean Museum, Oxford)
- Frei Alonso de Santo Tomás (1648-49, Museo Nacional de Arte de Cataluña, Barcelona)
- Sacra Familia (Catedral de Alcalá de Henares)
Notas
editar- ↑ VV.AA. (1987). Retablo de artistas. Serie Familia Dominicana. Colección AZA (en castelán). Burgos: OPE. p. 158. ISBN 84-7188-160-8.
- ↑ Ficha de obra en el MNAC.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Juan Bautista Maíno |
Bibliografía
editar- Leticia Ruiz Gómez (ed.) (2009). Juan Bautista Maíno. Madrid: Museo Nacional del Prado/Ediciónes El Viso. ISBN 978-84-8480-190-0
- Pérez Sánchez, Alonso E. Pintura Barroca en España, 1600-1750. Madrid: Editorial Cátedra. ISBN 978-84-376-0994-2, páxinas 103-108.