José María Posada
José María Posada Pereira, nado en Vigo o 19 de marzo de 1817 e finado en Pontevedra o 19 de novembro de 1886, foi un poeta e xornalista galego.
José María Posada | |
---|---|
Nacemento | 19 de marzo de 1817 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Falecemento | 19 de novembro de 1886 |
Lugar de falecemento | Pontevedra |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista, escritor e poeta |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Estudou Humanidades e Teoloxía e finalmente Leis na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1845. En 1840 fundou en Santiago unha Academia Literaria e Artística que reunía o mellor do país. En 1845 fundou La Aurora de Galicia, revista de literatura, ciencias e artes, con Francisco Añón. Residiu en Madrid entre 1851 e 1852, estudando pintura.
Establecido en Vigo, creou o xornal Faro de Vigo (1852), onde apareceron a maioría dos seus escritos. Alí co pseudónimo de "Don Lucas" publicou crónicas burlescas, así como poemas e lendas en galego. Escribiu un libro de recordos, Un paseo de Vigo a Bayona (1866). A súa creación poética está recollida en Poesías selectas (1888), volume décimo sexto da Biblioteca Gallega de Martínez Salazar.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José María Posada |
Bibliografía editar
- Ricardo Navas Ruiz, El Romanticismo español. Madrid: Cátedra, 1982 (3.ª ed.).
- "Posada Pereira, Xosé María" en Dicionario biográfico de Galicia, t. 3. p. 129.
- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. ISBN 84-7154-227-7.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.