John S. Davenport

numismático estadounidense


John Stewart Davenport, nado en Buffalo o 12 de maio de 1907 e finado en Mount Dora, Florida, o 14 de xuño de 2001,[1][2] foi un numismático e profesor estadounidense, coñecido polas súas catalogacións dos táleros alemáns e outras moedas de prata de tamaño similar emitidas en todo o mundo.[3]

Infotaula de personaJohn S. Davenport
Biografía
Nacemento12 de maio 1907
Buffalo, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte14 de xuño de 2001 (94 anos).
Mount Dora, Florida.
Estados Unidos de América Estados Unidos.
Datos persoais
País de nacionalidadeEstadounidense
Educación Universidade Cornell.
Universidade Harvard.
Universidade de Carolina do Norte.
Coñecido porEstudos sobre os táleros alemáns.
Actividade
Campo de traballoNumismática
Ocupaciónnumismático Editar o valor em Wikidata
Premios
· (1955): Medalla ao Mérito (ANA).
· (1967): Farran Zerbe
· (2014): Medalla Huntington (ANS).

Traxectoria editar

Formación e vida académica editar

John Stewart Davenport cursou os seus estudos superiores na Universidade Cornell, onde se licenciou en 1928, e o ano seguinte obtivo o grao de mestrado na Universidade Harvard. En 1934 acadou o seu doutoramento na Universidade de Carolina do Norte.[2][4][5]

Logo da súa graduación, entre 1929 e 1931 exerceu como profesor de Literatura inglesa na Universidade Carnegie Mellon, de Pittsburg, entre 1931 e 1945 na Universidade de Tennesee,[6] e a partir de 1945 no Knox College, en Galesburg, Illinois.[4][5]

En 1972 xubilouse da súa carreira docente e trasladouse a residir en Coral Gables, Florida.[4]

Carreira numismática editar

Davenport comezou a coleccionar moedas en 1921 e focalizou o seu interese nas emisións de moeda de prata de gran tamaño.[4] Ante a escaseza de literatura sobre este asunto en inglés, comezou a publicar catalogacións parciais na década de 1940 en revistas especializadas, como The Numismatist ou a Numismatic Scrapbook Magazine.[5]

En 1947 publicou o seu primeiro traballo monográfico sobre estas emisións en Europa (excepto as alemás) a partir do ano 1800, que denominou xenericamente co termo "coroas" (crowns),[4] aínda que na propia obra admite que tal denominación ten algo de arbitrario. Con este termo non se limita á coroa británica, senón que se refire a todas as moedas europeas de prata dun tamaño similar á coroa e ao tálero dos territorios xermanos. A partir desta publicación, Davenport continuou ampliando o seu traballo a outras épocas e a outras rexións do mundo durante toda a súa vida, ata ben entrada a súa ancianidade[5]

Nas súas obras, Davenport estableceu a primeira numeración global que abrangue practicamente todas as emisións mundiais coñecidas deste tipo de moedas, que inclúe 10.063 referencias asignadas aos táleros e 8.899 a outras moedas de similar tamaño.[5]

John S. Davenport mantivo correspondencia con moitos numismáticos estadounidenses e europeos do seu tempo, como Hendrik Enno van Gelder, Bernhard Koch, Richard S. Yeoman, Friedrich Wilandt, Gert Hatz e Otto Mørkholm, entre outros. Gran parte desta correspondencia e outros arquivos coa súa documentación numismática está custodiada pola American Numismatic Society, de Nova York.[4]

Entre outras institucións de carácter asociativo e académico, Davenport foi membro fundador do Club da Moeda de Miami e membro honorario vitalicio do Gremio Literario Numismático (NLG).[5] Así mesmo, foi membro da membro da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos.

A súa afección ao tabaco ao longo de gran parte da súa vida fixo que nos seus derradeiros anos precisase un dispositivo e fala farínxea para se comunicar.[5] John Stewart Davenport finou en Mount Dora, Florida, o 14 de xuño de 2001.[6]

Recoñecementos editar

Publicacións editar

Esta é unha escolma dos traballos monográficos publicados por John S. Davenport ao longo da súa carreira, centrados nas emisións de moeda de prata do tamaño dos táleros ou similar en todo o mundo:[5][10]

Numismática alemá editar

  • (1949). German Talers since 1800. Galesburg Ill.
  • (1956). Oversize Multiple Talers of the Brunswick Duchies and Saxe-Lauenburg. J. S. Davenport.
  • (1958). German Talers 1700-1800. Hewitt, Chicago.
  • (1965). German Talers 1700-1800. Spink, Londres.
  • (1967). German Church and City Talers 1600-1700. Galesburg Ill.
  • (1976). German Secular Talers 1600-1700. Schulten, Frankfurt.
  • (1979). German Talers 1500-1600. Schulten, Frankfurt.
  • (1988). The Coinage of the Ernestine and Minor Albertine Saxon Dutchies. J. S. Davenport.
  • (1992). Silver Gulden 1559-1763. Neuwied Anhut.

Numismática europea editar

  • (1947). European Crowns since 1800, excluding the German states. Foster & Steward, Buffalo.
  • (1961). European Crowns 1700-1800. Galesburg Ill.
  • (1964). European Crowns and Talers since 1800. Spink, Londres.
  • (1966). East Baltic regional coinage A.D. 1425-1581. Numismatics International, Dallas. ISBN 978-1889172200
  • (1974). European Crowns 1600-1700. Hewitt, Chicago.
  • (1977). European Crowns 1484-1600. Schulten, Frankfurt.

Outros editar

  • (1959). The silver dollars of Africa. A type catalogue of the silver dollar size coins of Africa. Whitman, Racine.
  • (1969). The dollars of Africa, Asia, & Oceania. Galesburg Ill.
  • (1972). Larger size silver coins of the world (con T. Søndergaard). Galesburg Ill.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar