John Barber (piloto)

John David Barber, nado en Little Marlow (Buckinghamshire) o 22 de xullo de 1929[1] é un expiloto de carreiras inglés. Antes da súa andaina nas carreiras era peixeiro en Londres.

Infotaula de personaJohn Barber
Biografía
Nacemento22 de xullo de 1929 Editar o valor em Wikidata
Little Marlow, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte4 de febreiro de 2015 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Palma, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiro competiu cun Cooper-JAP, logo comprou un Cooper-Bristol Mk1 de Fórmula 2 co que competiu durante 1952. Malia gañar unha carreira menor en Snetterton, tivo pouco éxito e finalmente estrelouse fortemente co coche cara ao final da tempada.

A comezos de 1953, Barber viaxou a Arxentina para competir na Fórmula Un, cun Cooper T23 oficial, chegou oitavo, a sete voltas do gañador. Tamén competiu nunha carreira de Fórmula Libre en Bos Aires e terminou 12º.[1]

De volta en Inglaterra, correu nun Golding-Cooper, que construíu a partir dos restos do seu Cooper Mk1 accidentado. Cando compitía neste automóbil no Trofeo do Imperio Británico na Illa de Man, estivo involucrado nun accidente no que morreu outro piloto, James Neilson. Barber vendeu o coche pouco despois. A continuación correu en 1955, pilotando un Jaguar C-type.

Despois de que a súa andaina nas carreiras de motor chegara ao seu fin, Barber retirouse a vivir nun barco no Mediterráneo.


Resultados completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos
1953 Cooper Car Company Cooper T23 Bristol 6 en liña ARX
8
500 NED BEL FRA GBR ALE SUI ITA NC 0

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Grand Prix Data Book

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • Hayhoe, David & Holland, David (2006). Grand Prix Data Book (4th edition). Haynes, Sparkford, UK. ISBN 1-84425-223-X