Xavier Pardo

óptico, xornalista e escritor galego
(Redirección desde «Javier Pardo Bedía»)


Xavier Pardo Bedía, nado en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 1903, e finado na Coruña o 3 de xullo de 1969[1], foi un óptico, xornalista e escritor galego.

Infotaula de personaXavier Pardo
Biografía
Nacemento1 de decembro de 1903 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xullo de 1969 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónóptico , xornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Homenaxe a Otero Pedrayo polo seu ingreso na RAG en 1929. De pé: César Otero, José Berguer, Pardo, Liste Mourenza, Abelaira, Salvador Mosteiro, Manuel Cabanillas, Calviño Domínguez e A. Villar Ponte. Sentados: Laureano Alonso, Eladio Rodríguez, Otero Pedrayo, Risco, Ángel del Castillo e Rafael González Villar.

Fillo do óptico santiagués Jaime Pardo Montes. Colaborou en Nós e foi correspondente de Galicia en Santiago de Compostela. En outubro de 1924 creou en Compostela a editora Libredón, que publicaba a revista mensual do mesmo nome na que aparecían novelas curtas en galego; a primeira foi a titulada Mariña Andrade, da autoría do propio Xavier Pardo.[2] Ingresou o 18 de outubro de 1924 no Seminario de Estudos Galegos, onde leu o 28 de novembro do ano seguinte o traballo As leendas da morte na Baixa Bretaña, tradución de Anatole Le Braz, que xa publicara por entregas no periódico Galicia[3].

En 1926, Ano Xacobeo, foi canda a Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Lois Feixoo e Antón Sánchez desde Ourense a Santiago de Compostela como peregrinos. Froito desta ruta de catro días, escribiu o texto No camiño de San-Yago, publicado por capítulos na revista A Nosa Terra entre xullo de 1926 e abril de 1927.

A finais da década de 1920 instalouse na Coruña, onde abriu unha óptica. Durante o franquismo foi concelleiro da Coruña (1958) e deputado provincial (1964) vicepresidente da Deputación da Coruña, onde promoveu a adquisición do Sanatorio Psiquiátrico de Conxo pola institución.[4]

Obras editar

  • Mariña Andrade.[5]

Vida persoal editar

Casou na Coruña con Ramona Murias Reigada en 1929.[6]

Recoñecementos editar

A Deputación da Coruña concedeulle a Medalla de Prata da provincia a título póstumo.

Notas editar

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 4-7-1969, p. 22, 23.
  2. El Compostelano, 16-10-1924, p. 3.
  3. Galicia. Diario de Vigo, 16-3-1924, p. 3.
  4. El Pueblo Gallego, 23-8-1969, p. 11.
  5. Ficha da obra
  6. El Progreso, 2-7-1929, p. 2.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar