Legacy of Kain

(Redirección desde «Janos Audron»)

Legacy of Kain é unha saga de videoxogos de acción, aventuras e fantasía escura desenvolvidos por Crystal Dynamics e publicados por Eidos Interactive. Os xogos xiran arredor dunha historia chea de mitoloxía vampírica.

Legacy of Kain comeza cando un mozo nobre, da cidade de Coorhagen, chamado Kain é asasinado por uns bandidos en Ziegsturhl. Ambas son cidades dunha terra mítica chamada Nosgoth.

A Kain élle ofrecida a oportunidade de vingarse dos seus asasinos, oportunidade que non deixa escapar. Así pois Kain é devolto á vida, ou mellor dito á non vida pois agora é un vampiro. Logo de acabar cos seus asasinos descobre que eles non eran máis que os instrumentos do seu asasinato e que a súa mesma raza o planeou e élle encomendada a obriga de restaurar os Nove Alicerces de Nosgoth para traer o equilibrio á danada terra.

Este é o comezo dunha historia que non terá como único protagonista a Kain (Blood Omen), pois nos Soul Reaver o protagonista é o seu lugartenente Raziel, convertido nun ente algo diferente dos vampiros. E na última entrega da saga, Legacy of Kain: Defiance, teremos a oportunidade de usar aos dous para aclarar a cada vez máis complicada historia. ´

Ambientación editar

Nosgoth é un reino ficticio que serve de escenario para os xogos da serie Legacy of Kain. Este mundo foi creado por Denis Dyack en 1993 e foi seguidamente expandido coa secuencia dos xogos. A historia de Nosgoth é descrita de forma extremamente vívida e complexa. Hai unha diferenza de cerca de 2000 anos entre os datos que remontan a serie.

Así como a maioría dos xogos teñen só unha área limitada onde se desenvolven as accións, é difícil dicir se Nosgoth é o nome dun mundo completo ou dunha simple rexión. Usualmente, o termo Nosgoth é utilizado na serie para se referir ao territorio onde toda a serie acontece.

Nosgoth é un territorio do tipo da Atlántida, ou sexa, con seres super desenvolvidos (Raza Atlante). A crenza de recentes historiadores que a Atlántida pode estar somerxida preto da Indonesia, no mapa de Blood Omen 2: Legacy of Kain esta escrito "Great Southern Sea" (Gran Mar do Sur), ou sexa, refírese ao océano Atlántico, que antigamente era chamado como Gran Mar do Sur, no caso da Europa Central, é no clima do continente, onde neva, como acontece no xogo, a fisionomía dos humanos locais e cando Kain aparece en Stonehenge no Blood Omen 1: Soul Reaver .Xa na teoría da Illa de Pascua, poida ser polo océano Pacífico que tamén era coñecido como Gran Mar do Sur, e que posiblemente pola illas que ten, unha delas poida ser Nosgoth, ou a historia que ten a Illa de Pascua, que unha lenda di que para mover as xigantescas estatuas de pedra, usaban a telecinesia ou psicocinesia.

Historia editar

De inicio Nosgoth estaba habitada polo Hylden e os Gardiáns, eles prestaban culto a un ser misterioso a quen chamaban o Anciá. O Hylden negou as ensinanzas deste deus. Os anciáns venceron o Hylden coa Soul Reaver. O Hylden foi expulsado e os alicerces son construídos polos Gardiáns para mantelo encerrado, porén, mesmo expulsado, el maldiciu aos Gardiáns, Vorador e Janos Audron transformándoos en vampiros. O Deus Ancián deixa de manifestarse para os Gardiáns. Moebius e Mortanius, guiados pola voz do deus quítalles o poder aos vampiros, matan os Gardiáns e os alicerces caen en mans humanas. Son escollidos outros seis membros para ser os protetores de Nosgoth. Cada protetor está ligado a un dous alicerces.

Janus Audron prevé un destino terríbel para toda a Nosgoth, el profetiza que o salvador de Nosgoth usara a Soul Reaver para librar Nosgoth dun terríbel destino.

Os membros do círculo (Moebius, Mortanius, Malek ) traman usurpar a Soul Reaver de Janus. Moebius e Malek fundaron a orde dos irmáns Sarafan para protexer o círculo. Moebius incluíu un viaxante capaz de se mover polos planos físico e metafísico para quebrar as barreiras da fortaleza de Janus. Moebius, Malek e os sarafans invadiron a fortaleza, roubaran a Soul Reaver e levaran o Corazón de Janus.

Cando Vorador soubo da morte de Janus pensou que se tratar dunha conspiración do círculo, o viaxante enganado tamén foi á procura de Moebius procurando vinganza. Malek incitou aos seus seis irmáns para que loitaran contra o viaxante, mentres el iría persoalmente a enfrontarse a Vorador. Malek e os seus seis irmáns non tiveron éxito e os únicos membros do círculo que sobreviviron foron Moebius e Mortanius. Moebius ficou en posesión da Soul Reaver e deu o corazón de Janus a Mortanius.

Mortanius chamou a Malek de volta á vida e o círculo foi restaurado con seis membros máis (Nupraptor, Ariel, Dejoule, Bane, Azimuth e Anacrothe).

Para librar Nosgoth do mal, xorde un rei chamado Guillerme o Xusto. El creou unha era de paz e prosperidade. Mais Moebius e Malek realizaban un culto de morte secreto usando a Soul Reaver en sacrificios humanos e iso corrompeu a alma que habitaba no interior da lámina da espada. Moebius díxolle a William que ficara coa Soul Reaver, para protexerse dun vampiro que o iría matar.

Unha forza maligna chamada Hylden Lord dominou a mente dun dos membros dos círculos e asasinou a Ariel, os piares se enegreceron, o círculo foi corrompido dispersouse e tornouse unha fonte de mal para Nosgoth. Mortanius crea un culto para un ser vampiresco na Catedral de Avernus. Os outros membros tórnanse locos e tiranos debido a ondas psíquicas emitidas polo Hylden Lord.

Guillerme, o único que podería salvar Nosgoth foi aos poucos contaminado co mal da Soul Reaver. A sede de sangue da espada corrompeu a alma de Guillerme e el tornouse un tirano espallando caos por toda Nosgoth tornándose a Némese.

Mortanius pensou que tamaño mal debería acabar e para iso era necesario por fin á influencia maligna que posuíra un dos membros do círculo e asasinado Ariel. Mortanius pretendeu crear un ser poderoso capaz de realizar os seus traballos; el trouxo a Kain de volta á vida coma un vampiro, usando o corazón de Janus, para que Kain matase os membros do círculo un a un. Cando o contaminado fose á fin eliminado, os piares deixarían de estar corrompidos e a entidade responsábel da posesión manifestaríase. Mortanius prometeu que cando todo fose restaurado Kain volvería a ser humano.

Kain obtivo a Soul Reaver na Catedral de Avernus, asasinou varios membros do círculo restando Anacrothe, Moebius e Mortanius. Nun momento da historia Kain viuse cercado polas tropas de Guillermr. Coa axuda de Moebius el viaxa no tempo e retorna ao pasado na época en que Guillerme era xusto. Na batalla entre Kain e Guillerme a Soul Reaver de Guillerme québrase e Kain sae vitorioso. Cando retorna ao futuro Kain presenza a Moebius decapitando Vorador. Moebius ten intención de tomar o lugar de Guillerme e ser rei. Mais Kain pon fin aos seus planos decapitándoo coa Soul Reaver.

Mortanius asasina a Anacrothe nos piares e chama por Kain. Os Piares aínda non están purificados, sinal que o propio Mortanius era quen estaba posuído e fóra el o asasino de Ariel. Kain mata a Mortanius e o ser que o estaba posuíndoo maniféstase e declara que se chama Hylden Lord (certamente trátase do Hylden proscrito). Kain venceo coa Soul Reaver e tórnase rei de Nosgoth. Kain rexeita o pedido da pantasma Ariel para que el propio restaurase o círculo morrendo e convértese en rei de Nosgoth. Sen o círculo, os alicerces arruínanse completamente co tempo e Kain constrúe o seu palacio nos piares arruinados.

Mil anos despois da vitoria de Kain sobre os membros do círculo el recibe os irmáns de Malek no seu castelo. (Kain levantou aos seis irmáns de Malek como vampiros (Raziel, Turel, Dumah, Rahab, Zephon e Melchiah) apagando súas memorias para que non se lembren de seu pasado como sarafans). Raziel é o seu predilecto. El quebra as ás recentemente obtidas por Raziel na súa evolución, e Kain ordena que os cinco irmáns o lancen ás augas do abismo. Desde o inicio Kain soubo que Raziel fuxiría do abismo como inmortal procurando vingarse. Raziel foxe do abismo coa axuda dun benfeitor misterioso e mata ao seu primeiro irmán adquirindo o poder de atravesar reixas no plano metafísico. Na batalla con Kain, Raziel adquire a alma da Soul Reaver. Despois de matar os seus outros tres irmáns e asimilar as súas habilidades, el finalmente encontra a Kain na máquina do tempo de Moebius. Kain acciona a máquina e viaxa no tempo. Raziel o persegue e encontra a Moebius nun pasado distante. Raziel agora é un viaxante do tempo e Moebius ve nel a posibilidade de usar as súas habilidades para quebrar as defensas da fortaleza de Janus.

Xogos editar

Os xogos da serie Legacy of Kain poden ser clasificados como xogos de acción, mais varios elementos doutros tipos de xogos poden ser encontrados: posúen algúns elementos de xogos de plataformas e algunhas das características principais dos RPG’s e de aventuras. A serie foi desenvolvida para varias plataformas, mais soamente é posible xogar tódolos xogos da saga no PC ou na Playstation 2.

Nome Data de Lanzamento Plataforma
Blood Omen: Legacy of Kain 1996 PC / PlayStation
Legacy of Kain: Soul Reaver 1999 PC / PlayStation / Dreamcast
Legacy of Kain: Soul Reaver 2 2001 PC / PS2
Blood Omen 2: Legacy of Kain 2002 PC / PS2 / Xbox / GameCube
Legacy of Kain: Defiance 2003 PC / PS2 / Xbox

Blood Omen: Legacy of Kain editar

O primeiro xogo da saga e onde Kain é convertido en vampiro e destrúe os alicerces que manteñen en equilibrio a Nosgoth, e onde descobre a traizón por parte da súa anterior raza humana e os excesos que tiveron na loita coa agora a súa nova raza, ao final eríxese como o líder da raza vampirica.

Legacy of Kain: Soul Reaver editar

O segundo xogo coa personaxe principal de Raziel, convertido nunha criatura nova trala súa destrución vampírica por parte de Kain, e o seu posterior descubrimento da súa orixe nobre como Sarafan humano ademais da vinganza contra os seus irmáns por destruílo e sobre o mesmo Kain por habelo traizoado e corrompido a súa orixe humana.

Legacy of Kain: Soul Reaver 2 editar

O terceiro xogo novamente Raziel como personaxe principal, descobre novos segredos e por estes mesmos a súa sede de vinganza acougase e só desexa poder ter liberdade e deixar de ser instrumento doutros e seguir buscando mais sobre o mesmo, de feito Soul Reaver 1 e 2 poderían definirse como xogos da procura do eu, con todo esta procura arróxao ao seu destino planeado dende eons, Kain volve ter máis relevancia e deixa o seu papel de inimigo e descobre os primeiros veos cara ao que é o seu gran plan, que é forxar unha nova orde pero nin el mesmo ten idea de contra quen se enfronta.

Blood Omen 2: Legacy of Kain editar

O cuarto xogo non está na mesma liña de tempo dos outros xogos e pódese situar anos despois do primeiro Blood Omen pero moito antes do primeiro Soul Reaver. Nárrase a batalla de Kain sobre un líder Sarafan e a súa derrota e posterior recuperación, por primeira vez na saga do legado de Kain descóbrese un interese amoroso por parte de Kain, e este xogo serve de vinculo perfecto para o último xogo.

Legacy of Kain: Defiance editar

Último xogo ata agora, revélanse os segredos, e Kain convértese novamente na personaxe principal, unha poderosa relación xorde entre Kain e Raziel cando este último descobre o papel para o que foi feito e tómao por ser un fin nobre, Kain triunfa temporalmente pero non en definitiva.

Esta última parte remata no pasado no mesmo instante onde un mozo Kain destrúe os alicerces de Nosgoth e o vello Kain observa desde o alto dun castelo a destrución dos mesmos pero pode ver un atisbo de esperanza para Nosgoth.

A saga comeza de feito coa saga de Blood Omen e o que se planeou como unha segunda parte converteuse en Soul Reaver unha saga que a primeira vista resultou ser moi distinta ao que os creadores querían dun Blood Omen, logo fíxose Blood Omen II que volveu de novo a ter a Kain como protagonista, este xogo que se quixo facer con independencia da saga de Soul Reaver resulta enriquecedor da saga, fai a aparición por primeira vez dun personaxe feminino e un romance rematado co asasinato e a traizón, Kain volve ser o instrumento doutros pero el determina o desenlace, así como a primeira aparición dunha raza nova que terá relevancia en defiance.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar