Ariel (Legacy of Kain)

Ariel é unha personaxe de videoxogos na saga de Legacy of Kain. A súa voz foi interpretada por Anna Gunn. Nas primeiras etapas da produción de Blood Omen: Legacy of Kain, Ariel era chamada "Adonathiel".

Historia

editar

Ariel serviu como Garda do Alicerce do Equilibrio por aproximadamente 470 anos, despois do ataque do vampiro Vorador ao Círculo dos Nove ata a súa morte a mans dun posuído Mortanius, quen estaba dominado pola forza escura coñecida como Lord Hylden. A súa morte foi o inicio da caída de Nosgoth. Ao atopar o seu corpo, o amante de Ariel, Nupraptor, caeu na tolemia, que contaxiou a todos os membros do Círculo dos Nove.

Pouco tempo despois da súa morte, Ariel empezou a axexar nos Alicerces de Nosgoth. Ela axudou a Kain nas súas viaxes como vampiro, escondéndolle o feito de que el estaba destinado a ser o seu sucesor como gardián do Alicerce do Equilibrio e que era necesario que se sacrificase para restaurar a Nosgoth. Despois de que Kain rexeitase o sacrificio, Ariel seguiu axexando os Alicerces, e presuntamente faríao por sempre ata que o balance fose restaurado.

Ariel recibiu a salvación cando Raziel bautizou a súa espada espectral na esencia purificadora de Ariel e a de todos os seus predecesores, os Gardiáns do Equilibrio. Este sacrificio, xunto co de Raziel, deulle a Kain unha vista purificada (foi curado da corrupción de Nupraptor) e unha Soul Reaver de poderes puros e incorruptibles.