Hash'ak'gik ou Hylden Lord é unha personaxe da serie de videoxogos Legacy of Kain. A súa voz foi posta por numerosos actores: Rene Auberjonois, Tony Jay, Earl Boen e Alastair Duncan.

Historia editar

Hash'ak'gik é o nome que se lle dá ao suposto líder da raza Hylden. Ata a caída dos Alicerces de Nosgoth, os Hylden non podían manifestarse fisicamente en Nosgoth, con todo Hash'ak'gik podía manipular a seres en Nosgoth posuíndo os seus corpos. Entre os que foron posuídos están Mortanius o Nigromante, Janos Audron e (cando nestes corpos, o actor respectivo dáballe a voz a Has'ak'gik). En Blood Omen II, Hash'ak'gik foi capaz de recuperar o seu verdadeiro corpo Hylden e converteuse no Sarafan Lord.