Legacy of Kain: Soul Reaver

Legacy of Kain: Soul Reaver é un videoxogo desenvolvido por Crystal Dynamics e publicado por Eidos. É o segundo xogo na serie Legacy of Kain. Foi lanzado para PlayStation, Sega Dreamcast e PC. O xogo mostra a historia do recentemente nado Segador de Almas (Soul Reaver), Raziel, seguíndoo na súa procura de vinganza contra os seus irmáns vampiros (Turel, Dumah, Rahab, Zephon e Melchiah) e o seu creador e antigo señor, Kain.

Legacy of Kain: Soul Reaver
Desenvolvedor(es)Crystal Dynamics
Distribuidora(s)Eidos Interactive
Compositor(es)Kurt Harland
Lanzamento16 de agosto de 1999 (PlayStation
WIN)
27 de xaneiro de 2000 (DC)
XéneroAventura de acción Plataformas
Modos de xogoUn xogador
Clasificación PEGI
USK
Plataforma(s)PlayStation, Dreamcast, PC
Formato(s)CD
Requisitos266 MHz CPU, 16 MB RAM, 2 MB tarxeta gráfica RAM, 4X CD-ROM drive, DirectX 6.0, 320 MB de espazo do disco duro
SerieSerie Legacy of Kain
Na rede
http://www.legacyofkain.com
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Raziel, o personaxe principal desta historia é un vampiro e o primeiro lugarteniente de Kain, Kain é o líder destes. Cada catro anos os vampiros evolucionan desenvolvendo un poder especial, Raziel evoluciona e sáenlle unhas fermosas ás de murcego, o erro deste foi evolucionar antes que o seu amo, a condición de cada evolución era facelo logo de Kain, este cheo de ira arrinca a parte esquelética das ás de Raziel e lánzao coa axuda dos seus irmáns ao Lago dos Mortos, Raziel esperta no inframundo ante un deus mitolóxico, cuxa cara e corpo descoñécense, que o incita a tomar vinganza contra Kain e os seus irmáns pola actitude que tiveron contra el, converténdoo nun espectro segador de almas coa capacidade de adquirir as habilidades daquel de quen consuma a súa alma e poder transportarse entre o inframundo e o mundo dos vivos. Durante o transcurso do xogo Raziel descobre que o e os seus irmáns eran os Sarafan. Raziel era un membro de alto rango dos Sarafan que persoalmente matou a Janos Audron, último representante da antiga raza de vampiros orixinal coñecida coma “Os antigos“ ou “Os antigos vampiros“. Turel, Dumah, Rahab, Zephon e Melchiah eran xenerais xunto a Raziel durante a súa cruzada.

Nun acto de irónica blasfemia, Kain reviviu a Raziel, Turel, Dumah, Rahab, Zephon e Melchiah como os seus fillos vampiros.

A medida que o xogo avanza, Raziel vence aos seus irmáns e absorbe as habilidades especiais destes.

Ao final do xogo, perseguindo a Kain, Raziel é transportado a outra dimensión, dando inicio a Legacy of Kain: Soul Reaver 2, onde segue descifrando os misterios de Nosgoth.

Plataformas editar

A versión de Soul Reaver para PlayStation e PC saíu un pouco antes que a de Dreamcast, na versión para esta consola melloráronse aspectos técnicos deixándolle unha maior calidade nos gráficos.

Xeroglíficos editar

A medida que a aventura avanza, Raziel atopa xeroglíficos que lle permiten ter poderes para derrotar aos seus inimigos. Estes son:

  • Tránsito: Poder principal de Raziel, xa que pode cambia de planos, aínda que para acceder ao mundo material fai falta ter o nivel de saúde ao máximo.
  • Forza: Poder de forza telecinética[1] que permite golpear aos seus inimigos para afastalos.
  • Pedra: Poder que conviertea os inimigos en pedra nun amplo radio de acción.
  • Son: Poder que provoca ondas mortais de son causando graves danos aos vampiros dentro do seu limitado radio de acción.
  • Auga: Desata unha chuvieira danando os vampiros pero sen matalos, simplemente déixaos aparvados para empalalos e matalos.
  • Lume: Provoca aneis de lumes matando a todo vampiro e humano dentro do seu radio.
  • Luz solar: O máis poderoso de todos os xeroglíficos, con este poder, Raziel invoca unha luz solar dentro da habitación onde se atopa situado reducindo aos vampiros presentes na habitación.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para telecinesia.