Sarafan (Legacy of Kain)

Os Sarafan son un grupo de sacerdotes guerreiros na serie de videoxogos Legacy of Kain. Eran unha orde dedicada á erradicación dos vampiros. A súa cruzada rematou aproximadamente 500 anos antes do inicio do primeiro xogo, cando os seus líderes foron asasinados pouco despois de acabar co vampiro Janos Audron.

Os seus membros editar

Nos xogos, moitos Sarafan foron vistos pero só sete foron nomeados. Raziel era un membro de alto rango dos Sarafan e persoalmente matou a Janos Audron pouco antes de ser asasinado en vinganza polo seu futuro eu. Turel, Dumah, Rahab, Zephon e Melchiah eran xerais xunto a Raziel durante a súa cruzada. Malek era o líder dos Sarafan e tamén defendía ao Círculo de Nove, do cal tamén era membro (como o Gardián do Alicerce do Conflito).

Nun acto de irónica blasfemia, Kain reviviu a Raziel, Turel, Dumah, Rahab, Zephon e Melchiah coma os seus fillos vampiros.

A orde no Blood Omen 2 editar

Unha nova orde do mesmo nome foi formada 700 anos despois de que a orixinal fose disolta, por unha entidade misteriosa coñecida como o 'Lord Sarafan'. A nova orde tiña o obxectivo de dominar todo Nosgoth (o cal lograron aproximadamente 400 anos despois do primeiro xogo). Nese momento instalaron un goberno ditatorial, que foi derrocado cando un Kain resucitado asasinou o Sarafan Lord, quen era en realidade o Hylden Lord disfrazado, e que usaba a orde para tratar de liberar a súa raza e destruír os seus inimigos, os Vampiros. Esta orde non ten nada en común coa orixinal, máis que o nome e o seu obxectivo de exterminar a raza vampira.