Abrir o menú principal

José María Posada

poeta e xornalista galego
(Redirixido desde "J. M.ª Posada")

José María Posada Pereira, nado en Vigo o 19 de marzo de 1817 e finado en Pontevedra o 19 de novembro de 1886, foi un poeta e xornalista galego.

José María Posada
Nacemento19 de marzo de 1817
 Vigo
Falecemento19 de novembro de 1886
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista, escritor e poeta
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

 
Carta de Rosalía de Castro a José María Posada.

Estudou Humanidades e Teoloxía e finalmente Leis na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1845. En 1840 fundou en Santiago unha Academia Literaria e Artística que reunía o mellor do país. En 1845 fundou La Aurora de Galicia, revista de literatura, ciencias e artes, con Francisco Añón. Residiu en Madrid entre 1851 e 1852, estudando pintura.

Establecido en Vigo, creou o xornal Faro de Vigo (1852), onde apareceron a maioría dos seus escritos. Alí co pseudónimo de "Don Lucas" publicou crónicas burlescas, así como poemas e lendas en galego. Escribiu un libro de recordos, Un paseo de Vigo a Bayona (1866). A súa creación poética está recollida en Poesías selectas (1888), volume décimo sexto da Biblioteca Gallega de Martínez Salazar.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar