Jéssica Bouzas

tenista galega

Jéssica Bouzas Maneiro, nada o 24 de setembro de 2002 en Vilagarcía de Arousa, é unha tenista galega. Ocupa o posto 83 no ránking WTA.

Infotaula de personaJéssica Bouzas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de setembro de 2002 Editar o valor em Wikidata (21 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntenista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Patrimonio estimado522.497 $ Editar o valor em Wikidata
Deportetenis Editar o valor em Wikidata
Modalidade Partido de tenis enllaç=enllaç= enllaç= Récord persoal
Tenis individual 208–100 Editar o valor em Wikidata  83 (2024)
Tenis dobres 41–38 Editar o valor em Wikidata 201 (2023)
WTA Info WTA Editar o valor em Wikidata

Instagram: jessibouzas Editar o valor em Wikidata

Gañou once títulos individuais e seis dobres no Circuíto Feminino ITF, así como un bronce e un ouro nos Xogos Mediterráneos de 2022.

Traxectoria

editar

Comezou a xogar ao tenis con cinco anos no Club de Tenis e Pádel O Rial da súa Vilagarcía de Arousa natal, co adestrador Daniel Walters, antes de trasladarse, con trece anos, á Academia de Tenis Ferrer en Xàbia.[1][2]

En decembro de 2020 disputou en Madrid a súa primeira final individual do Circuíto Feminino ITF, sendo derrotada pola suíza Conny Perrin.[3]​ Un mes despois, en xaneiro de 2021, gañou o seu primeiro título individual nun evento de 15 000 dólares no Cairo, tras derrotar á eslovaca Chantal Škamlová na final.​[4] Unha semana despois conquistou un segundo título ITF no Cairo e en marzo de 2021 acadou a final en Gonesse (Francia).​[5] Ese mesmo ano proclamouse campioa nun torneo na cidade grega de Heraclión e disputó a final en Madrid.

En 2022 disputou seis finais do Circuíto ITF, gañando cinco delas (Villena, Palmanova, Aschaffenburg e Quinta do Lago) e perdendo só na final de Platja d'Aro ante Guiomar Maristany. Ese mesmo ano participou nos Xogos Mediterráneos na cidade alxeriana de Orán, conseguindo a medalla de bronce en individuais e o ouro en dobres xunto á propia Maristany, despois de derrotar na final ás maltesas Francesca Curmi e Elaine Genovese.[6]

En 2023 conseguiu acceder por primeira vez na súa carreira ao cadro final dun Grand Slam tras superar a previa. Foi no Campionato de Wimbledon, onde caeu en primeira rolda diante da ucraína Anhelina Kalinina.[7]

En marzo de 2024 conquistou o seu maior título até a data, ao erguer o WTA 125 de Antalya, en Turquía, vencendo na final á romanesa Irina Camelia Begu, por un marcador de 6-2, 4-6 e 6-2. Foi así a primeira galega en 13 anos en conquistar un título deste nivel, desde que o fixese Lourdes Domínguez en 2011 en Bogotá.[8] Con este resultado subiu ata o posto 104 do ránking WTA. Un mes máis tarde, en abril, tras xogar a final do ITF 100 de Zaragoza, logrou entrar por primeira vez no top100, situándose como a 90ª mellor xogadora del mundo.

Continuou ascendendo postos na clasificación e no torneo de Wimbledon de 2024 deu a sorpresa, eliminando na primeira rolda á vixente campioa e número 6 do mundo, a checa Markéta Vondroušová.[9] Deste xeito converteuse na segunda tenista na historia da era Open en eliminar en primeira rolda á campioa do ano anterior, 30 anos despois de que Lori McNeil fixese o mesmo con Steffi Graf.[9] A continuación desfíxose da hispano-moldava Cristina Bucșa para converterse na primeira tenista galega da historia en acceder á terceira rolda de Wimbledon.[10] Caeu finalmente ante a checa Barbora Krejčíková na terceira rolda, nun partido que non chegou a rematar, pois retirouse cun problema lumbar cando perdía por 6-0 e 4-3.[11]

Finais do Circuíto ITF

editar

Individuais: 14 (9 campioa, 5 subcampioa)

editar
Lenda
Torneos de 100 000 $
Torneos de 80 000 $
Torneos de 60 000 $
Torneos de 25 000 $
Torneos de 15 000 $
Resultado W–L Data Torneo Nivel Superficie Adversaria Puntuación
Derrota 0–1 Decembro de 2020 ITF Madrid 15 000 Arxila   Conny Perrin 4–6, 6–7(8)
Vitoria 1–1 Xaneiro de 2021 ITF O Cairo 15 000 Arxila   Chantal Škamlová 7–5, 4–6, 6–4
Vitoria 2–1 Xaneiro de 2021 ITF O Cairo 15 000 Arxila   Anastasia Nefedova 6–0, 6–0
Derrota 2–2 Marzo de 2021 ITF Gonesse 15 000 Arxila (i)   Marine Partaud 4–6, 3–6
Vitoria 3–2 Xuño de 2021 ITF Heraclión 15 000 Arxila   María Portillo Ramírez 6–3, 6–0
Derrota 3–3 Xuño de 2021 ITF Madrid 25 000 Arxila   Amandine Hesse 4–6, 5–7
Vitoria 4–3 Febreiro de 2022 ITF Villena 15 000 Dura   Ashley Lahey 6–2, 6–1
Vitoria 5–3 Marzo de 2022 ITF Palmanova 15 000 Dura   Yvonne Cavallé Reimers 6–4, 6–1
Derrota 5–4 Maio de 2022 ITF Platja d'Aro 25 000 Arxila   Guiomar Maristany 6–7(2), 4–6
Win 6–4 Xullo de 2022 ITF Aschaffenburg 25 000 Arxila   Katharina Hobgarski 6–1, 6–2
Vitoria 7–4 Outubro de 2022 ITF Šibenik 25 000 Arxila   Leyre Romero Gormaz 6–3, 6–3
Vitoria 8–4 Outubro de 2022 ITF Quinta do Lago 25 000 Dura   Tara Würth 7–5, 5–4 ret.
Derrota 8–5 Maio de 2023 ITF Praga 60 000 Arxila   Darja Semenistaja 6–2, 3–6, 4–6
Vitoria 9–5 Xullo de 2023 ITF Roma 60 000 Arxila   Raluca Șerban 6–2, 6–4

Dobres: 6 (4 campioa, 2 subcampioa)

editar
Lenda
Torneos de 100 000 $
Torneos de 80 000 $
Torneos de 60 000 $
Torneos de 25 000 $
Torneos de 15 000 $
Resultado W–L Data Torneo Nivel Superficie Compañeira Adversarias Puntuación
Derrota 0–1 Febreiro de 2021 ITF Antalya 15 000 Arxila   Lexie Stevens   Mariana Dražić
  Oana Georgeta Simion
6–4, 3–6, [10–12]
Vitoria 1–1 Abril de 2022 ITF Oeiras 25 000 Arxila   Guiomar Maristany   Francisca Jorge
  Matilde Jorge
3–6, 6–4, [10–8]
Vitoria 2–1 Xullo de 2022 ITF Getxo 25 000 Arxila   Leyre Romero Gormaz   Park So-hyun
  Sapfo Sakellaridi
7–5, 6–0
Derrota 2–2 Xullo de 2022 ITF Darmstadt 25 000 Arxila   Leyre Romero Gormaz   Elena Malõgina
  Alice Robbe
5–7, 5–7
Vitoria 3–2 Agosto de 2022 ITF San Bartolomé de Tirajana 60 000 Arxila   Leyre Romero Gormaz   Lucía Cortez Llorca
  Rosa Vicens Mas
1–6, 7–5, [10–6]
Vitoria 4–2 Setembro de 2022 ITF Marbella 25 000 Arxila   Leyre Romero Gormaz   Julia Riera
  Daniela Seguel
6–4, 6–2

Representación nacional

editar

Individuais: 1 (medalla de bronce)

editar
Resultado Data Torneo Superficie Adversarias Puntuación
  Bronce Xuño de 2022 Xogos Mediterráneos, Orán, Alxeria Arxila   Chiraz Bechri w/o

Dobres: 1 (medalla de ouro)

editar
Resultado Data Torneo Superficie Compañeira Adversarias Puntuación
  Ouro Xuño de 2022 Xogos Mediterráneos, Orán, Alxeria Arxila   Guiomar Maristany   Francesca Curmi
  Elaine Genovese
6–3, 6–2
  1. "La aspiración de la tenista Jessica Bouzas para 2022: "Jugar algún grand slam"" (en castelán). 18 de xaneiro de 2022. Consultado o 6 de xullo de 2024. 
  2. "Jéssica Bouzas regresa a donde todo comenzó" (en castelán). 23 de decembro de 2023. Consultado o 6 de xullo de 2024. 
  3. "Primera final profesional para Jessica Bouzas en el ITF de Madrid" (en castelán). 14 de decembro de 2020. Consultado o 6 de xullo de 2024. 
  4. "Jessica Bouzas conquista su primer título profesional en El Cairo" (en castelán). 11 de xaneiro de 2021. Consultado o 6 de xullo de 2024. 
  5. "Jessica Bouzas alcanza su tercera final del año en Gonesse" (en castelán). 22 de marzo de 2021. Consultado o 6 de xullo de 2024. 
  6. "Jéssica Bouzas volve dos Xogos do Mediterráneo cun ouro e cun bronce". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de xullo de 2022. Consultado o 6 de xullo de 2024. 
  7. Penedo, Pablo (6 de xullo de 2023). "Jéssica Bouzas se despide de Wimbledon tras firmar un gran debut ante Anhelina Kalinina". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 6 de xullo de 2024. 
  8. "Jéssica Bouzas gaña en Antalya e o tenis galego celebra un torneo WTA unha década despois". Pontevedra Viva. 31 de marzo de 2024. Consultado o 6 de xullo de 2024. 
  9. 9,0 9,1 "A Catedral de Jessica Bouzas! A de Vilagarcía fai historia en Wimbledon ao gañar á campioa". 6 de xullo de 2024. Consultado o 6 de xullo de 2024. 
  10. "Jessica Bouzas, primeira tenista galega da historia que accede á terceira rolda de Wimbledon". Televisión de Galicia. 4 de xullo de 2024. Consultado o 6 de xullo de 2024. 
  11. "Jessica Bouzas se retira ante Krejcikova y pone fin a su estancia en Wimbledon". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de xullo de 2024. Consultado o 6 de xullo de 2024. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar