Lourdes Domínguez
Lourdes Domínguez Lino, nada en Pontevedra o 31 de marzo de 1981, é unha tenista galega.
(2013) | |||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 31 de marzo de 1981 (43 anos) Pontevedra, España | ||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||
Residencia | Barcelona | ||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||
Altura | 163 cm | ||||||||||||||||
Peso | 60 kg | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | tenista (1996–) | ||||||||||||||||
Período de actividade | 1996 - 2016 | ||||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá | ||||||||||||||||
Patrimonio estimado | 2.434.215 $ | ||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||
Deporte | tenis | ||||||||||||||||
Man de xogo | destro e one-handed backhand (en) | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||
2014 | 2014 L'Open Emeraude Solaire de Saint-Malo (en) | ||||||||||||||||
Cronoloxía | |||||||||||||||||
Dopaxe |
Traxectoria
editarComezou a xogar sendo unha nena, e aos 14 anos foi prepararse ao Centro de Alto Rendemento de Sant Cugat, en Barcelona, onde segue vivindo. O seu adestrador é Karin Perona.
Foi a primeira galega en gañar un torneo da WTA e a primeira galega en clasificarse entre as cen mellores xogadores de tenis do mundo e, despois entre as cincuenta. Tamén foi a primeira galega en lograr o pase á 3ª rolda dun Grand Slam, algo que conseguiu en dúas ocasións en Roland Garros: 2005 e 2009.
Deu positivo por cocaína no torneo de Acapulco de 2002, polo que se lle aplicou unha suspensión de tres meses.[1]
Palmarés
editarGañadora no aberto de Bogotá en febreiro de 2006 e finalista nese mesmo torneo en 2005, chegou a ocupar a posición 41ª da clasificación da WTA en maio de 2006. Nesa mesma tempada participou en tres dos catro torneos do Grand Slam, o Aberto de Australia, Roland Garros e Wimbledon e nos tres quedou eliminada en primeira rolda. Volveu gañar o torneo de Bogotá no 2011. En 2015 gañou o torneo ITF de Curitiba[2].
En dobres gañou seis títulos, en 2007 en Bogotá, no 2007 en Acapulco, no 2008 en Barcelona, no 2011 en Bastad, no 2013 en Acapulco e tamén no 2013 en Katowice.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
WTA
editarTorneo | Posición | Final contra | Resultado | Data |
---|---|---|---|---|
Bogotá (Colombia) | 2ª | Flavia Pennetta (Italia) | 7-6 e 6-4 | 21 de febreiro de 2005 |
Bogotá (Colombia) | 1ª | Flavia Pennetta (Italia) | 7-6 e 6-4 | 27 de febreiro de 2006 |
Budapest (Hungría) | 2ª | Anna Smashnova (Israel) | 6-1 e 6-3 | 30 de xullo de 2006 |
Bogotá (Colombia) | 1ª | Mathilde Johansson (Francia) | 2–6, 6–3, 6–2 | 20 de febreiro de 2011 |
Curitiba (Brasil) | 1ª | Dana Kovinic (Montenegro) | 4-6, 6-2 e 6-3 | 8 de marzo de 2015 |
WTA (dobres)
editarTorneo | Compañeira | Posición | Final contra | Resultado | Data |
---|---|---|---|---|---|
Rabat (Marrocos) | Nuria Llagostera (ESP) | 2ª | Loit e Strycova (FRA-CHE) | 3-6 7-6 e 7-5 | 7 de maio de 2005 |
Budapest (Hungría) | Marta Marrero (ESP) | 2ª | Loit e Srebotnik (FRA-SLO) | 6-1 3-6 e 6-2 | 2005 |
Bogotá (Colombia) | Paola Suárez (ARG) | 1ª | Roberta Vinci e Flavia Pennetta (ITA) | 1–6, 6–3, [11–9] | 22 de febreiro de 2007 |
Acapulco (México) | Arantxa Parra Santonja (ESP) | 1ª | Nicole Pratt e Émilie Loit (AUS-FRA) | 6–3, 6–3 | 3 de marzo de 2007 |
Barcelona (España) | Arantxa Parra Santonja (ESP) | 1ª | María José Martínez Sánchez e Nuria Llagostera Vives (ESP) | 4–6, 7–5, [10–4] | 14 de xuño de 2008 |
Bastad (Suecia) | María José Martínez Sánchez (ESP) | 1ª | Arantxa Parra Santonja e Nuria Llagostera Vives (ESP) | 6–3, 6–3 | 9 de xullo de 2011 |
Acapulco (México) | Arantxa Parra Santonja (ESP) | 1ª | Catalina Castaño e Mariana Duque Mariño (COL) | 6–4, 7–6(7–1) | 2 de marzo de 2013 |
Katowice (Polonia) | Lara Arruabarrena (ESP) | 1ª | Raluca Olaru e Valeria Solovyeva (COL-RUS) | 6–4, 7–5 | 13 de abril de 2013 |
Grand Slam
editarTorneo | Posición | Ano |
---|---|---|
Aberto de Australia | 1ª rolda | 2006 |
Roland Garros | 1ª rolda | 2006 |
Wimbledon | 1ª rolda | 2006 |
Polémicas
editarEn 2010, e xunto con outras cinco tenistas españolas María José Martínez, Anabel Medina, Arancha Parra, Carla Suárez e Nuria Llagostera, anunciou a súa renuncia a participar na Copa Federación de tenis representando a España, en protesta pola falta de apoio ao tenis feminino por parte da Federación Española de Tenis[3].
Outros datos
editarMide 1.63 e é destra.
Notas
editar- ↑ "Domínguez da positivo por cocaína". elmundo.es. 25 de agosto de 2002. Consultado o 28 de novembro de 2012.
- ↑ "Vitoria tres anos despois", artigo en Galicia Confidencial, 10 de marzo de 2015.
- ↑ El CSD mediará en el caso de la Copa Federación Arquivado 09 de marzo de 2016 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 20/9/2010
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lourdes Domínguez |
Ligazóns externas
editar- Perfil de Lourdes Domínguez na web da WTA Arquivado 12 de agosto de 2006 en Wayback Machine.