Campionato de Wimbledon

O Campionato de Wimbledon é o máis antigo e prestixioso evento deportivo de tenis. Lévase a cabo en xuño e xullo e é o terceiro torneo de Grand Slam que se xoga no ano, precedido polo Aberto de Australia e o Aberto de Francia, e seguido polo Aberto dos Estados Unidos.

Modelo:Competición deportivaCampionato de Wimbledon
Imaxe
Tipoevento deportivo recorrente Editar o valor en Wikidata
Deportetenis Editar o valor en Wikidata
Tipo de superficieQuadra de grama (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
OrganizadorAll England Lawn Tennis and Croquet Club (pt) Traducir
Lawn Tennis Association (pt) Traducir
Federación Internacional de Tenis Editar o valor en Wikidata
Parte deGrand Slam Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónAll England Lawn Tennis and Croquet Club (pt) Traducir (Londres) 51°26′02″N 0°12′51″O / 51.4337561, -0.2140611 Editar o valor en Wikidata
PaísReino Unido Editar o valor en Wikidata
Vixencia1877 – Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Competición
Venus Rosewater Dish (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialwimbledon.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: wimbledon Twitter: Wimbledon Instagram: wimbledon Youtube: UCNa8NxMgSm7m4Ii9d4QGk1Q Editar o valor en Wikidata

O torneo, (o único dos Grand Slam que se xoga en cancha de céspede) dura dúas semanas, aínda que pode estenderse en caso de choiva. Xóganse torneos simultáneos de singles masculinos, singles femininos, dobres masculinos, dobres femininos e dobres mixtos. Tamén se xogan torneos de mozos en dobres e singles para homes e mulleres. Sumado a isto, fanse torneos con invitacións especiais para xogadores retirados (dobres masculinos maiores de 35 anos e maiores de 45, e dobres femininos maiores de 35 anos).

Historia

editar

A primeira vez que se xogou torneo foi organizado por "All England Lawn Tennis and Croquet Club" en 1877 nunha cancha cerca de Worple Road; os únicos partidos xogados foron singles masculinos. En 1884 agregáronse os singles femininos e dobres masculinos.

Os dobres femininos e os mixtos foron incorporados en 1913. O campionato trasladouse á actual localidade, a unha cancha próxima a Church Road, en 1922. Os británicos están moi orgullosos do torneo, aínda que é unha fonte de aflición e humor nacional (ningún británico gañou o evento de singles desde 1936, con Fred Perry e tampouco o fixo ningunha muller británica desde Virginia Wade en 1977).

En outubro de 1940, o complexo foi bombardeado polas forzas alemás, que lanzaron cinco bombas das que unha impactou sobre o teito do Court Central mentres que outra destruíu a sala de equipamento.

Cancha

editar

A cancha principal é a chamada Centre Court, e as finais do torneo sempre son xogadas alí. Debido á imprevisibilidade do clima, propúxose construír un teito despregable sobre a cancha. Agárdase que estes finalizado para o ano 2009. A cancha número 1 foi obxecto dunha grande remodelación no ano 1977. Orixinalmente estaba adxacente á cancha principal, pero foi substituída por un novo estadio con gran capacidade de espectadores. Dicíase que a cancha número 1 tiña unha atmosfera única, e era a favorita de moitos xogadores, así que a súa substitución foi lamentada por moitos.

Tradicións

editar
 
Trofeos do Campionato de Wimbledon.

As cores verde e violeta son as tradicionais deste torneo. é o único onde se esixe que a vestimenta tanto para masculino como feminino sexa preto do 100% de cor branca. As tenistas son sempre nomeadas como "Miss" ou "Mrs" (señorita ou señora) durante o xogo (por exemplo, cando o árbitro di as puntuacións). Os homes só son nomeados polo seu apelido.

O torneo comeza cada ano seis semanas antes do primeiro luns de agosto, e termina ós quince días. Tradicionalmente, non se xoga no "Middle Sunday" (domingo do medio). Só tres veces na historia do campionato (a máis recente, en 2004), a choiva forzou a ter que xogar en "Middle Sunday".

Durante a primeira semana xóganse as roldas preliminares, mentres que durante a segunda semana dispútanse os oitavos de final, os cuartos, as semifinais e a final.

O gañador de singles masculino recibe un trofeo de prata. A gañadora de singles feminino recibe unha bandexa de prata, xeralmente chamada "Rosewater Dish" ou "Venus Rosewater Dish". Os trofeos son presentados noutros eventos. Os premios en cartos para 2004 foron de:

  • Individual Masculino: £602,500
  • Individual Femininos: £560,500
  • Dobres Masculinos: £215,000
  • Dobres Femininos: £200,000
  • Dobres Mixtos: £90,000

As cifras mostradas para os dobres son divididas en partes iguais para cada un dos participantes.

Wimbledon e o Aberto de Francia son os que ofrecen premios monetarios máis altos para os homes que para as mulleres, mentres que o Aberto dos Estados Unidos e o Aberto de Australia ofrecen cantidades iguais para ambos sexos.

Campións

editar

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar