Iván Ivánovich Martínov (en ruso Иван Иванович Мартынов), tamén coñecido na bibliografía internacional como Iván Martýnovich Martýnov, Ivan Ivanovich Martynov e Jean Martinoff,[1] nado en 1771 en Perevolochna, rexión de Poltava, e finado o 1 de novembro de 1833 en San Petersburgo,[2] foi un filólogo, tradutor, botánico e profesor universitario ruso,

Infotaula de personaIván Martínov

Iván Ivánovich Martínov
Nome orixinalIván Ivánovich Martínov
Biografía
Nacemento1771
Perevolochna, Imperio ruso
(Hoxe no óblast de Poltava, Ucraína)
Morte1 de novembro de 1833 gregor.
San Petersburgo
Datos persoais
País de nacionalidaderusa
EducaciónSeminario Teolóxico de Vladimir
Academia Teolóxica de San Petersburgo
Actividade
Campo de traballoFiloloxía, botánica, Filoloxía clásica, tradución e poesía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilólogo, tradutor, botánico e profesor universitario
EmpregadorSmolny Institute for Noble Maidens (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Linguaruso
Obra
Abreviación dun autor en botánicaMartinov Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo dun sacerdote, Martynov, estudou no Seminario Teolóxico de Vladimir, en Poltava, onde se graduoi en 1788, e despois estudou na Academia Teolóxica de {San Petersburgo, na que se graduou en 1792. Traballou como profesor de grego antigo, e despois tamén ensinou gramática latina, poesía e retórica. Máis tarde entrou a traballar ao servizo da Chancelería do Colexio de Relaciónes Exteriores do Goberno en San Petersburgo. En 1796 comezou a publicar na revista Musa, xunto co poeta Gavrila Derzhavin, entre outros.[2]

En 1797 Martínov foi nomeado profesor de lingua rusa e xeografía no Instituto Smolny para doncelas nobres.[2][3] Para os estadistas Nikolai Nikoláieivich Novosíltsov e Alexander Sergueivich Stroganov, Martínov realizou moitas traducións. En 1803 foi nomeado director xeral no Ministerio de Educación Popular. Promoveu o establecemento de moitas institucións educativas, incluído o Instituto de Pedagoxía, onde ditou unha conferencia sobre estética.[4] De 1804 a 1805 publicou a revista mensual Sewerny Westnik.[5] En 1806 escribiu un Contrato social sobre a censura.[2]

Martínov foi un botánico especialista nas espermatófitas. A súa obra máis importante neste campo foi o Dicionario de terminoloxía e nomenclatura botánica, publicado en 1820.[6] Neste dicionario usou terminoloxía latina e rusa, baseada no francés.

Nesta obra hai catro rexistros das sus identificaciónes e nomenclatura taxonómica:

Nunha nova edición deste traballo de 1990, tivose en conta a autoría dalgúns taxons de alto rango, que se cambiaron a favor de Martínov. Moitas especies da familia de plantas Asteraceae levaban o nome de Martínov (hoxe, por decisión do Código Internacional de Nomenclatura para Algas, Fungos e Plantas, atribúense a Friedrich von Berchtold e a Karel Bořivoj Presl no seu lugar.[7] Avenaceae Martinov (agora considérase sinónimo de Poaceae), Andropogonaceae Martinov (agora tamén se considera sinónimo de Poaceae), Prunaceae Martinov,[8]</ref> (agora considérase sinónimo de Rosaceae) e Zingiberaceae, moitos autores considérana descrita por Martínov,[9][10] aínda qude algúns atrubúenlla a John Lindley.[11]

De 1823 a 1829 Martínov publicou 26 volumes con traducións de obras dos clásicos gregos Sófocles, Homero, Herodoto, Píndaro e outros, engadindo extensas explicacións históricas e filolóxicas ás traducións. Traduciu os versos á prosa coa excepción dos versos de Anacreonte, que traduciu en verso branco.

Abreviatura editar

A abreviatura Martinov emprégase para recoñecer a Iván Martínov como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Martinov, Ivan Ivanovič (1771-1833) no IPNI.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Дризен Николай Васильевич: Мартынов (Иван Иванович) [Drizen Nikolay Vasilievich: Martynov (Ivan Ivanovich)]. En: Dicionario Enciclopédico Efron & Brockhaus. XVIIIa, 1896, p. 701 (en ruso). (Wikisource). Consultado o 20 de marzo de 2021.
  3. Bisha, Robin (2002): Russian Women, 1698-1917 Experience and Expression: An Anthology of Sources. Bloomington, Indiana: Indiana University Press. ISBN 978-0-2532-1523-9, pp. 162-163.
  4. Иван Иванович Мартынов (en ruso).
  5. Северный Вестник. En: Dicionario Enciclopédico Efron & Brockhaus. XXXII, 1901, p. 253. (en ruso). (Wikisource). Consultado o 20 de marzo de 2021.
  6. Техно-ботанический словарь на латинском и российском языках, составленный Иваном Мартыновым. тип. Имп Рос. Акад., San Petersburgo, 1820. (en ruso).
  7. Asteraceae Bercht. & J. Presl en Tropicos. Consultado o 20 de marzo de 2021.
  8. Prunaceae Martinov en Tropicos]. Consultado o 20 de marzo de 2021.
  9. Angiosperm Phylogeny Group (2009): "An update of the Angiosperm Phylogeny Group classification for the orders and families of flowering plants: APG III". Botanical Journal of the Linnean Society. 161 (2): 105–121.
  10. Zingiberaceae Martinov no GBIF.
  11. Elspeth Haston, James E. Richardson, Peter F. Stevens, Mark W. Chase & David J. Harris (2009): The Linear Angiosperm Phylogeny Group (LAPG) III: a linear sequence of the families in APG III Botanical Journal of the Linnean Society, 161 (2): 128-131.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar