Judo

arte marcial e deporte
(Redirección desde «Iudo»)

O judo[1] (en xaponés: 柔道) é unha arte marcial, un deporte e unha filosofía con orixe no Xapón. O judo foi creado a partir dalgunhas escolas clásicas de jujutsu por Jigoro Kano (嘉納治五郎) en 1882. O termo xaponés pode ser traducido como "Camiño da flexibilidade", influíndo no desenvolvemento físico, mental e emocional a través da práctica.

Judo
Judokas
Información xeral
PrácticaDeporte de loita
Lugar de orixe Xapón
CreadorJigoro Kano
Nome do practicanteJudoka
Grafia
Nome nativo柔道
TraduciónCamiño suave
Nome en galegoJudo

A pesar de ser unha arte marcial completa, o judo tamén se practica como deporte oficial dos Xogos Olímpicos[2] dende 1964 na competición masculina e dende 1992 na feminina. No Occidente, o aspecto deportivo do judo é probabelmente o máis difundido.[3]

Na forma deportiva, homes e mulleres combaten separadamente (a pesar de moitas veces adestraren xuntos), e os atletas son divididos por clases de idade e categoría de peso, incluíndo unha clase libre na que poden participar todos os pesos.

O judo é practicado sobre esteiras especiais chamadas tatamis que poden ser de palla de arroz cuberta por lona de algodón ou sintéticas fabricadas a partir de polímeros de caucho. Os practicantes, chamados judokas,[4] visten un equipamento de algodón branco, composto por unha chaqueta, un pantalón e un cinto. A cor do cinto indica a graduación do judoka.

Nunha competición de judo, dous judokas enfróntanse sobre a esteira mentres un árbitro os avalía, e os puntos e as penalizacións dos atletas son rexistrados nun panel. O ippon é o "K.O." do judo. Un golpe bo, máis ou menos perfecto, chámase waza-ari e vale medio punto. Dous garanten unha vitoria. A loita pode ser decidida pola acumulación de puntos menores, coma o yuko ou o koka. Calquera falta (keikoku e shido) cometida por un dos loitadores durante un combate (shiai) aumenta a puntuación do opoñente. Se a falta for grave, coma o hansoku-make, o árbitro declara a vitoria do ofendido.

Historia editar

Desenvolvemento editar

A sociedade feudal do Xapón estaba dividida en clases, coma as dos guerreiros, agricultores ou comerciantes. Nese ambiente, a clase guerreira ocupábase, entre outras tarefas, da seguridade interna e externa, polo que se detiña en estudar as varias modalidades de combate, con e sen armas. Xurdiron entón diversas modalidades de loita, kenjutsu (arte da espada), iaijutsu (arte de sacar a espada), naginatajutsu (arte da lanza naginata) e outras. Nese momento xurdiu o jūjutsu, ou "arte suave", que durante a historia do Xapón recibiu moitos e variados nomes, coma wajutsu, kumiuchi, yawara, taijutsu etc., todos para se referir á loita desarmada contra un ou máis opoñentes, que portasen armas ou non, e que era chamada "arte suave" porque se practicaba sen armas, é dicir sen a rixidez das armas.[5]

O jūjutsu desenvolveuse como unha das artes que os samurais debían dominar, porque no campo de batalla un guerreiro podía verse sen a súa espada, e debería ser capaz de seguir loitando co inimigo. Os samurais estaban sempre baixo o mando dun xefe, un daimyō, o que deu lugar a que, así como existían varios xefes, chegasen a existir varias familias ou clans. E neses clans todas as artes marciais evolucionaron de forma máis ou menos independente, nacendo así as varias escolas, ou koryū (古流, escola vella), que ensinaban todas as formas de combate.

Por un longo tempo a historia do Xapón estivo marcada pola dominación dos samurais, e a historia do judo comeza exactamente cando o Xapón está nun intenso proceso de cambio, a Era Meiji, na que Jigoro Kano, o seu creador, naceu e creceu. A historia do judo como arte marcial ou deporte vai relacionada coa historia do mestre Kano. Ambos son froito da súa sociedade e do seu tempo, o auxe da Era Meiji.

Cando o neno Jigoro Kano ingresou na escola, o ambiente que atopou foi de rivalidade entre os alumnos, o que acabou motivándoo a buscar unha forma de defensa. Ese ambiente hostil atopouno outra vez cando ingresou na universidade, pois, aínda que estivese en proceso de franca modernización, a mentalidade guerreira era moi forte na sociedade xaponesa, pero moitos esquecían os valores de honra e disciplina que limitaban esa agresividade.[6]


Resolto a ir buscar un instrutor de jūjutsu, Kano non obtivo éxito nas primeiras tentativas, porque coa caída do Shogunato Tokugawa, durante a Restauración Meiji de 1868, o prestixio das artes marciais diminuíra nun país que viña valorando os costumes occidentais máis cós seus propios. Os vellos mestres, despois de perderen a súa función de guerreiros, foron obrigados a deixar de ensinar e dedicarse a outras actividades para sobrevivir. Algúns simplemente desistiron e abandonaron completamente os valores e o modo de vida tradicional.[7]

Nakai Umenari, un soldado retirado coñecido do pai de Kano, acordou amosarlle os kata, pero non coa intención de ensinar. O vixilante da casa de seu pai, Ryuji Katagiri, era tamén coñecedor de jujutsu, porén non estaba disposto a ensinar esta arte marcial, se non era para un uso coherente e porque tamén consideraba ao mozo Kano moi inmaturo. Imai Genshiro, do estilo Kyūshin-ryū (扱心流?)), que frecuentaba a residencia da familia Kano, tamén o rexeitou.[8]

Despois dalgúns anos de insistente busca, Jigoro Kano coñeceu a Teinosuke Yagi, que fora profesor do estilo Tenjin Shinyō-ryū (天神真杨流), de jujutsu, pero que xa non ensinaba. Aínda así, en 1877, Yagi consentiu en presentarlle o mestre Hachinosuke Fukuda, tamén do estilo Tenjin Shinyō-ryū, que tiña un pequeno dojō onde ensinaba a unha clase de cinco alumnos.[9]

O estilo Tenjin Shinyō-ryū era coñecido pola súa eficacia e a énfase na combinación de técnicas de puñadas e patadas con técnicas de inmobilización, e polos medios de manexo óseo. Dicíase que o fundador deste estilo perfeccionouno con loitas de rúa. A mediados de maio de 1879 o mestre Fukuda faleceu, só catro días despois dunha demostración ao expresidente dos EUA.[6]

Sentíndose carente de coñecementos, Kano continuou o seu adestramento en Tenjin Shinyō-ryū co mestre Masamoto Iso, fillo do fundador do estilo, o mestre Mataemon Iso. En 1881, o mestre Masamoto morreu e Kano quedou unha vez máis sen instrutor. Neste escenario, foi practicar o estilo Kitō-ryū (起倒流) co mestre Tsunetoshi Iikubo que, diferente do pragmatismo do Tenjin Shinyō-ryū, era dunha escola máis filosófica e que daba máis importancia aos golpes de lanzamento. Outra característica do estilo era o emprego do "ki", unha enerxía (etérea) que existe en todo aquilo do que se pode facer uso durante unha loita.[10]

 
Jigoro Kano, con 28 anos

Kano comezou unha busca para elaborar un principio unificador das técnicas que aprendera. Así, formulou o concepto da máxima eficiencia co menor gasto de enerxía, porque só aquelas técnicas que preservasen ao máximo o loitador e que realmente funcionasen, deberían ser parte das ensinanzas da súa futura escola; para el unha persoa non debería esgotarse para se librar dunha agresión, ao contrario, debería empregar o máximo da enerxía allea en favor seu.[11]

O dojō de Jigoro Kano, que foi aberto en 1882, recibiría o nome de Kodokan, no Templo Eishoji.[12] Porén, Kano non cría que o seu estilo de jujutsu estivese completo e acabado.[13] A base ficaba asentada nos dous estilos que máis practicou, pero recibiría influencia doutros estilos e doutras formas de loita, coma o sumo, o aikido e mailo karate.

Tras a inauguración do instituto Kodokan, o mestre continuou a practicar judo cos seus mellores alumnos, coa intención de mellorar as súas propias habilidades e en consecuencia facer que a arte marcial medrase en calidade. O mestre Kano estudaba e adestraba con toda a súa dedicación, emporiso, el cría que a práctica dun deporte coma o judo debería ser a única actividade dunha persoa, para contribuír á súa formación.

Ao resultado das súas investigacións e adestramento nas artes marciais, chamouno jūdō, substituíndo a partícula "jutsu", que significa "arte" ou "profesión", pola partícula "do", que significa "camiño".[14][15] Acontece, porén, que o termo "judo" non é creación de Kano, porque esta denominación, dadas ás técnicas de combate sen armas, xa era utilizada orixinalmente polo estilo Jikishin-ryu e co significado moi próximo ao pretendido, que era o de facer da arte marcial un instrumento de evolución persoal. Antes, as artes marciais eran vistas só como instrumento de loita, de guerra, pero non era ese soamente o seu obxectivo, pois para el deberían ser un modo de evolución persoal e físico.[16][17]

O repertorio de técnicas quedou asentado en tres grandes conxuntos: técnicas de proxección ou lanzamento (nage waza), técnicas de chan (katame waza e ne waza) e técnicas de pancadas (atemi waza). As técnicas de lanzamento viñeron do estilo Kitō-ryū, que tamén contribuíu coas nocións de tempo e uso de enerxía. Do Tenjin Shinyō-ryū viñeron as técnicas de control en chan e de puñazos e patadas, de onde veñen aínda a idea da práctica repetida dos kata e as loitas con seguridade (randori).[18]

Como o mestre era profesional da educación, utilizou ese coñecemento para estruturar as clases e o proceso de aprendizaxe do judo, e tamén para transformar unha arte marcial, enfocada só á guerra e a seguridade, nunha disciplina moral, un deporte e mais un instrumento educativo. Tamén cambiou a ética combativa: a demostración pública das habilidades de loita pasou a ser vergoñenta, pois todo coñecemento só é útil se axudar a comunidade e axudar un compañeiro nos seus estudos, e xamais debería ser usado de forma egoísta ou por mera xactancia.[19]

Xunto co instituto, medraron o recoñecemento e a influencia do judo. De feito, o instituto Kodokan non foi aberto co fin específico de ser un centro de formación e perfeccionamento só de judo, senón, antes de todo, era un lugar de formación xeral e de recreación.[20]

O 11 de xuño de 1886, a Academia Nacional de Policía, coa intención de resolver o debate sobre cal sería a escola de arte marcial encargada do adestramento da forza policial, realizou un torneo de jujutsu no que o Kodokan loitou coa tradicional escola Totsuka. De todos os combates, os alumnos do Instituto Kodokan conseguiron vencer doce, perder dous e empatar un.[10]

En maio de 1922, realizouse unha gran exhibición de artes marciais, na que estiveron algúns representantes do karate de Okinawa, que xa ouviran falar desa arte marcial e mesmo xa tiveran correspondencia co mestre Gichin Funakoshi, convidándoo para ensinar, mais foi soamente nese evento cando Jigoro Kano o coñeceu. Funakoshi tiña como obxectivo divulgar a arte marcial de Okinawa no resto do país.[21]

As técnicas mostradas nesa ocasión, movementos de ataque e desvío moi veloces e fluídos, provocaron boa impresión no mestre Kano, polo que convidou o mestre de karate para que fose dar algunhas clases no Kodokan. Desa experiencia de influencia mutua foron incorporadas no judo técnicas do karate nalgúns kata, mais o kata máis afectado foi o Kime-no-kata, ou forma de resolución, no que están compilados moitos golpes de autodefensa e de loita real, con enfoque en chimpar ao opoñente.[22][23]

Un dos moitos practicantes de judo foi Kenji Tomiki, que empezou a adestrar ao redor de 1910 e obtivo o 1º dan en 1919. A partir de aí foi destacando cada vez máis, até obter o 4º dan en 1922.[24] En 1926, por consello do mestre Kano, Tomiki foi estudar aikido con Morihei Ueshiba, obtendo por fin o 8º dan en 1940.[25]

Entrementres, en 1930, o mestre Kano viu o adestramento de aikido e quedou moi impresionado coa súa disciplina e a súa técnica. Entón, mandou dous alumnos seus para adestrar e estudar o aikido no seu nome.[26] Como resultado do intercambio entre estas artes marciais, creouse o kata Kodokan goshin-jutsu, composto por técnicas de autodefensa, enfocadas a desarmar e someter o contrario.[27][28]

Entrada nas escolas editar

 
Rapazas aprendendo

En 1897, Jigoro Kano foi nomeado director da Escola de Formación Avanzada de Profesores, onde formaba os futuros educadores do Xapón, e nesa tarefa esforzouse en proporcionar unha educación da máis alta calidade, invitando regularmente a instrutores superiores de judo, kendo e natación á escola como medio de mellorar a educación física. Con esa idea, tamén fixo unha petición ao Ministerio de Educación para estender o período educativo do profesorado de 3 a 4 anos.[29]

Traballando como educador, o mestre Kano foi un promotor incansable da educación física para os alumnos, pois cría na idea de que as forzas tanto físicas coma mentais son compoñentes importantes na formación da persoa, do que el mesmo daba o exemplo. Co obxectivo de aumentar a forza física, mellorar o carácter, e contribuír ao desenvolvemento da súa arte marcial, Jigoro adestrara a moitos do mesmo xeito que no Kodokan. Tamén estudou o tema incesantemente, ao punto de realizar sesións de adestramento de loita contra 30 judokas. Como os alumnos que estudaran con el eran activos en diversas partes do país, o judo pasou a ser reputado como unha forma excelente de promover e axudar na educación das persoas, sendo adoptado por moitas escolas.

Espallamento editar

Noutras partes do mundo editar

En paralelo aos esforzos de divulgación do judo como instrumento educativo, tamén se gastou moito tempo e enerxía para mostrar o judo noutros países. Con esa finalidade, Jigoro Kano viaxou por Europa en 1889 e amosou a súa arte. Mesmo cando era ridiculizado ou subestimado, o mestre aproveitaba a situación negativa para mostrar todo o potencial do judo, ás veces utilizando a propia persoa que fixera comentarios xocosos. Nin mesmo a Primeira guerra chino-xaponesa foi unha adversidade, polo contrario, Kano aproveitou a oportunidade para levar o judo até a China e para levar estudantes chineses ao Xapón, para practicar judo.[30]

Alén diso, foron enviados varios dos mellores alumnos do Kodokan para axudar na divulgación da arte marcial, como foi o caso do Conde Koma, que pasou polas Américas e se radicou no Brasil, onde os seus esforzos tiveron moito éxito e conseguiron até xerar artes marciais derivadas directamente, coma o Jiu-jitsu brasileiro.[31]

Conforme a fama do Instituto Kodokan crecía, algúns estranxeiros, que tiñan oído falar sobre o asunto, que chegaban ao Xapón procuraban comezar a practicar o judo ou, se xa adestraban noutros sitios e países, buscaban algunha forma de perfeccionaren os seus coñecementos.[32][33][34]

Deporte olímpico editar

En 1909, Jigoro foi convidado polo embaixador xaponés en Francia para ser membro do Comité Olímpico Internacional, pois o mesmo Barón de Coubertin, creador dos Xogos Olímpicos modernos, pedira ao embaixador que atopase unha persoa apropiada.

En 1911, como resultado dos esforzos de preparación do Xapón para a primeira participación nos Xogos Olímpicos de 1912, foi fundada a Asociación Atlética Nacional do Xapón, con Jigoro Kano como presidente. Nese posto, traballou para reunir un equipo xaponés e convidou atletas de todo o país.

O judo entrou como deporte de competición nos Xogos Olímpicos de 1964.[31][35]

Graduación (cintos) editar

Sendo un educador, Kano comprendía que o modelo tradicional de graos non sería o máis adecuado. Así, elaborou o sistema de cores con varios niveis, que foi unha adaptación do sistema Dan-i, no que os alumnos máis novos (mudansha) con nivel inferior (Kyu) reciben cintos de diferentes cores.[36]

Orde Grao Cinto
1. kyu (八級, hachikyū)
Branco
2. kyu (七級, nanakyū)
Gris
3. kyu (六級, rokkyū)
Azul
4. kyu (五級, gokyū)
Amarelo
5. kyu (四級, shikyū)
Laranxa
6. kyu (三級, sankyū)
Verde
7. kyu (二級, nikyū)
Morado
8. kyu (一級, ikkyū)
Marrón
9. dan (初段, shodan)
Negro
10. dan (二段, nidan)
Negro
11. dan (三段, sandan)
Negro
12. dan (四弾, yondan)
Negro
13. dan (五段, godan)
Negro
14. dan (六段, rokudan)
Coral
15. dan (七段, nanadan)
Coral
16. dan (八段, hachidan)
Coral
17. dan (九段, kyūdan)
Vermello
18. 10º dan (十段, jūdan)
Vermello

Técnicas editar

Véxase tamén: Técnicas do judo, Kata e Tai sabaki.

O judo, a pesar de ser unha forma nova de arte marcial, aínda ten moita influencia das escolas tradicionais, polo que todo o seu contido técnico foi reunido e sistematizado nos kata, que son unha forma secuencial de movementos e teñen a finalidade de desenvolver e fixar os conceptos e técnicas. Mesmo non sendo unha forma de loita combinada, ten o propósito de preparar o practicante para un escenario real de combate.[37] Os kata do judo son: Randori no kata (乱取りの形?)Nage no kata (投の形?) e Katame no kata (固の形?) —, Kime no kata (決めの型?), Ju no kata (柔の形?), Kodokan goshin-jutsu (講道館護身術?), Itsutsu no kata (五の形?), Koshiki no kata (古式の形?), Seiryoku zenyo kokumin taiiku no kata (精力善用国民体育の形?).[38]

O mestre Jigoro Kano, non satisfeito co modo tradicional de ensinar as artes marciais, baseado principalmente no condicionamento físico e na repetición das formas preestabelecidas das técnicas, quería un modelo secuencial que tivese en conta a evolución gradual do alumno, desde un nivel máis básico ata os máis complexos, e elaborou un novo esquema pedagóxico, chamado Gokyo no waza (五教の技?). É un paradigma en que son organizadas as varias técnicas conforme a súa natureza e o seu grao de complexidade. Serve tamén para introducir os kata como forma de facelos máis comprensíbeis.[39][40]

Ao contrario do que poidan demostrar as competicións de judo nos campionatos nacionais e mundiais, e tamén nos Xogos Olímpicos, o judo é unha arte marcial bastante completa, con todos os tipos de técnicas e golpes, que son adestradas nos máis variados xeitos e simulando as máis diversas situacións de loita ou de ameaza. E, a despeito de non ser unha modalidade que use armas como instrumentos, son ensinadas técnicas adecuadas para lidar con elas, sexan armas tradicionais, coma espadas e coitelos, sexan armas de fogo.[38]

Adecuando a natureza dos golpes e os seus eventuais resultados nos adversarios, algunhas técnicas foron clasificadas como prohibidas, ou kinshi waza (禁止技?), e non son permitidas nas competicións. Foi feito así porque o judo, máis que ensinar a defenderse, pretende ensinar honra e respecto ás persoas. Con ese mesmo espírito, outras técnicas tamén consideradas moi perigosas, coma as patadas, foron amais de prohibidas reservadas ao adestramento dos máis avanzados e considerados responsábeis.[41]

Desde que foi formalmente compilado polo seu creador, aínda que se saiba que o perfeccionou ata o seu pasamento, o judo evolucionou conforme medraba e predominaba o aspecto deportivo. Debido a iso, as técnicas de proxección e inmobilización pasaron a sobresaír sobre as demais, por canto son as técnicas analizadas e puntuadas nas competicións. Paulatinamente, outras técnicas foron engadidas á listaxe das técnicas prohibidas.[42][43]


 
 
 
Nage waza
 
 
 
 
 
 
 
 
Katame waza
Ne waza
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Tachi waza
 
Sutemi waza
 
 
Osaekomi waza
 
Sutemi waza
 
Kansetsu waza
 
 
 
Te waza
 
 
Ma sutemi waza
 
 
 
 
 
Koshi waza
 
 
Yoko sutemi waza
 
 
 
 
 
Ashi waza
 
 
 
 
 
Ate waza
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Atemi waza
 
Keri waza
 
 
 
Tsuki waza
 
 
 
 
Uchi waza
 

Competicións editar

As competicións son unha característica presente desde a aparición da arte marcial, que sempre deu moita importancia ao aspecto didáctico e deportivo. A principal finalidade da súa existencia é promover e incentivar o practicante individual no seu perfeccionamento, estimulándoo por medio das disputas con outros practicantes e pola entrega de galardón.

Categorías editar

As competicións son organizadas con disputas en sete categorías de peso, separadas esas categorías para homes e mulleres. Nalgunhas competicións tamén pode haber as sete categorías oficiais maila absoluta, na cal atletas de calquera peso poden participar sen ningunha restrición.

Clase Home Muller
Medio ata 60 kg ata 48 kg
Medio ata 66 kg ata 52 kg
Leve ata 73 kg ata 57 kg
Medio ata 81 kg ata 63 Kg
Intermediario ata 90 kg ata 70 kg
Medio pesado ata 100 kg ata 78 kg
Pesado enriba de 100 kg enriba 78 kg

Regras editar

De modo xeral, a loita será dirixida por un árbitro e dous xuíces baixo a supervisión da comisión de arbitraxe. O árbitro conduce a loita, que ten a área de competencia medindo entre 14 m x 14 m e 16 m x 16 m, cuberta por tatamis, e terá unha división en dúas zonas, marcada por cores distinguidas: unha de loita e outra de seguranza. A zona interior será chamada a zona de competición, co mínimo de 8 m x 8 m ou máximo de 10 m x 10 m. A zona fóra, de seguridade, 3 m.

Conclúese o combate cando un dos competidores consegue atinxir a puntuación máxima, o que pode acontecer se for executado un golpe perfecto, chamado ippon, cando alguén consegue sumar varios puntos até algo equivalente ao ippon, ou se un dos loitadores for inmobilizado por certo período de tempo. Pode ocorrer que a loita termine coa descualificación dun dos competidores, situación que acontece cando alguén acumular catro castigos ou for descualificado directamente, por motivo de falta grave.

Tamén a loita pode concluír ao acabar o tempo regulamentario. Nestes casos, aquel que obtiver a maior cantidade de puntos é declarado vencedor. Cando, con todo, ao acabar o tempo regulamentario os competidores seguen empatados, engádese máis un novo período de tempo no cal aquel que conseguir executar calquera golpe, independentemente do seu valor, será declarado vencedor. Se mesmo así, persiste o empate, a loita é decidida por arbitraxe, sendo o gañador aquel que recibe máis votos, sinalizados con bandeiras nas mans dos árbitros e xuíces.

  • Ippon: É o golpe que deixa o adversario sen acción e ten un efecto equivalente ao K.O. no boxeo. Quen o consegue garante a vitoria. Pode ser obtido cun golpe de técnica en pé, inmobilización do opoñente por trinta segundos (osaekomi), chave de brazo (kansetsu) ou estrangulamento (shime).
  • Waza-ari: É a puntuación inmediatamente inferior ao ippon, e, contrariamente ao que se cre, equivale a case un ippon e non á metade do seu valor. O árbitro sinala un waza-ari cando o golpe aplicado deixar de conter un dos aspectos esperados nun ippon.
  • Waza-ari-awasete-ippon: Acontece cando un dos loitadores consegue aplicar dous ippon no seu opoñente.
  • Yuko: Golpe menos perfecto que o waza-ari. Técnica de proxección mal executada ou inmobilización inferior a 20 segundos.
  • Koka: Cando o opoñente bate unha parte do corpo no chan despois da caída ou unha inmobilización superando os dez segundos. É un golpe menos perfecto que aínda vale a anotación dos árbitros.
  • Yoshi: Comando do árbitro para continuar a loita ou a conta de tempo, cando unha técnica de osaekomi estiver en marcha.
  • Shido: É unha penalización leve. O adversario gaña o equivalente a un koka.
  • Hantei: Empate.
  • Chui: Falta media. O adversario recibe os puntos equivalentes a un yuko.
  • Keikoku: penalización grave. O loitador recibe medio punto. O outro judoka recibe esa puntuación por medio do wazari.
  • Hansoku-make: Descualificación en xeral
  • Kumikata: É un movemento no que o loitador colle polo colo do judogui ao judoka adversario.
Prohibicións
Kinshi waza
Ate waza
  • Tsuki waza
  • Uchi waza
  • Keri waza
Nage waza
  • Kani basami
  • Kata guruma
  • Kata otoshi
  • Kawazu gake
  • Kibisu gaeshi
  • Kuchiki taoshi
  • Morote gari
Katame waza
  • Ashi garami
  • Do jime

Ética editar

O judo foi concibido para ser máis do que unha modalidade deportiva ou unha arte marcial. Deste xeito, ten o seu propio código de principios morais, que debe ser seguido polos practicantes durante os adestramentos e fóra tamén. Espérase que un adepto cultive a amizade, respectando todo e todos de modo certo e simple.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para judo.
  2. Portaldaspalabas.gal (ed.). "Deportes en Rio2016" (PDF). Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  3. Vieira, Silvia; Freitas, Armando. Casa da Palavra, ed. O Que É Judô (en portugués). Rio de Janeiro. 
  4. "Judoka". academia.gal. Consultado o 26 de xaneiro de 2021. 
  5. Kano, Jigoro (1994). Kondansha, ed. Kodokan Judo (en inglés). New York. p. 15. 
  6. 6,0 6,1 Stevens, John (2013). Shambhala, ed. The Way of Judo: A Portrait of Jigoro Kano and His Students (en inglés). Boston. 
  7. Hayward Nishioka; James R. West. Ohara, ed. The Judo Textbook in Practical Application (en inglés). Santa Clarita. p. 176. 
  8. "History of Judo" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2014. Consultado o 28 de febreiro de 2014. 
  9. Inman, Roy (2008). D&S, ed. The Judo Handbook (en inglés). New York. p. 8. 
  10. 10,0 10,1 N. Watson, Brian (2004). Mediteranee, ed. Il padre del judo. Una biografia di Jigoro Kano (en italiano). Roma. 
  11. Conade (ed.). "Judo. La fuerza humana con la máxima eficiencia disponible" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2015. Consultado o 23 de xaneiro de 2014. 
  12. Judô Brasil (ed.). "História do Judô" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 19 de xaneiro de 2014. 
  13. Kodokan (ed.). "History of Kodokan Judo" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2013. Consultado o 21 de xaneiro de 2014. 
  14. "יפנית-אנגלית תרגום:: 術 :: מילון" (en hebraico e inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2014. 
  15. "יפנית-אנגלית תרגום:: 道 :: מילון" (en hebraico e inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2014. 
  16. Maltese, Maurizio (2001). Mediterranee, ed. Close combat. Combattimento corpo a corpo (en italiano). Roma. 
  17. "Jigoro Kano" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2014. Consultado o 23 de novembro de 2014. 
  18. "The History of Kodokan Judo" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2014. 
  19. Figueroa, Nestor. "Judo Tradicional Y Judo Deportivo" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 22 de xaneiro de 2014. 
  20. Villamón, Miguel (2011). Hispanoeuropea, ed. Introducción al judo (en castelán). Barcelona. p. 139. 
  21. Stevens, John (1997). Mediteranee, ed. I maestri del budo. M. Ueshiba, G. Funakoshi, J. Kano (en italiano). Roma. 
  22. "L'histoire de Gichin Funakoshi" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2014. Consultado o 8 de marzo de 2014. 
  23. "Historia Karate Shotokan" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2013. Consultado o 8 de marzo de 2014. 
  24. Federação Portuguesa de Bujutsu (ed.). "Kenji Tomiki" (en portugués). Consultado o 9 de marzo de 2014. 
  25. "Kenji Tomiki (1900–1979)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2015. Consultado o 9 de marzo de 2014. 
  26. "Tomiki Aikido e o Judo" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 23 de xaneiro de 2014. 
  27. Di Pierro, Donato (2009). Lulu, ed. Judo Tecnico: un percorso formativo dalla pratica all'insegnamento (en italiano). p. 14. ISBN 9781409272014. 
  28. United States Ju-Jitsu Federation (ed.). "Goshin Jutsu of Kodokan Judo (Methods of Self-Defense)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2014. Consultado o 9 de marzo de 2014. 
  29. Federação Portuguesa de Judo (ed.). "A vida de Jigoro Kano" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2014. Consultado o 13 de marzo de 2014. 
  30. Willy Adolfo Schneider. Universidade Federal do Rio Grande do Sul, ed. "Memórias do judô master no Rio Grande do Sul" (PDF) (en portugués). Consultado o 13 de marzo de 2014. 
  31. 31,0 31,1 "História do Judô no Mundo" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2014. Consultado o 18 de marzo de 2014. 
  32. "The Penetration of Judo in the World and Japan" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2014. 
  33. Watson, Brian (2005). Mediterranee, ed. Il padre del judo. Una biografia di Jigoro Kano (en italiano). Roma. p. 129. 
  34. "LEGACY ― Prof. Jigoro Kano" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de marzo de 2014. Consultado o 18 de marzo de 2014. 
  35. "The History of Judo" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2014. 
  36. Duarte, Orlando. SENAC, ed. Historia dos esportes (en portugués). São Paulo. p. 321. 
  37. The Iaido Journal, ed. (Febreiro de 2014). "What Kata Are Not" (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2014. 
  38. 38,0 38,1 "Katas de Judo" (en castelán). Consultado o 8 de marzo de 2014. 
  39. Nestor Figueroa Ortiz. "La pedagogia del judo" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de marzo de 2014. Consultado o 23 de marzo de 2014. 
  40. "El gokyo no waza" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2014. Consultado o 23 de marzo de 2014. 
  41. Marwood, Des (2002). Paidotribo, ed. JUDO. Iniciación y perfeccionamiento (en castelán). Barcelona. p. 21. 
  42. "Istituzioni scolastiche secondarie di I grado" (PDF) (en italiano). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de marzo de 2014. Consultado o 23 de marzo de 2014. 
  43. Federação Paulista de Judô (ed.). "Golpes proibidos" (PDF) (en portugués). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de outubro de 2012. Consultado o 23 de marzo de 2014. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar