Isabel do Brasil

política brasileira
(Redirección desde «Isabel, princesa imperial do Brasil»)

Isabel Cristina Leopoldina Augusta Micaela Gabriela Rafaela Gonzaga de Borbón-Dúas Sicilias e Braganza, nada no Río de Xaneiro o 29 de xullo de 1846 e finada en Eu (Sena Marítimo, Francia) o 14 de novembro de 1921, foi unha princesa imperial, rexente do Imperio e emperatriz de jure do Brasil, como Isabel I. Foi filla de Pedro II do Brasil (último emperador do Brasil) e da princesa Teresa Cristina de Borbón-Dúas Sicilias. Como a súa filla máis vella e herdeira ao trono, asumiu tres veces a rexencia do Imperio durante as viaxes do seu pai. É coñecida como A Redentora porque nun deles aboliu a escravitude no Brasil, o que enfrontou a familia imperial cos poderosos terratenentes escravistas.

Infotaula de personaIsabel do Brasil
Biografía
Nacemento29 de xullo de 1846 Editar o valor em Wikidata
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor em Wikidata
Morte14 de novembro de 1921 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Castelo d'Eu, Francia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Petrópolis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Senadora (pt) Traducir
1871 – 1889
Princesa Imperial do Brasil (pt) Traducir
1846 – 1889 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata , rexente Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa, lingua francesa, portugués do Brasil, lingua inglesa e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloPrincesa Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Bragança Editar o valor em Wikidata
CónxuxeGastão de Orléans, Conde d'Eu (pt) Traducir (1864–1921), morte Editar o valor em Wikidata
FillosLuísa Vitória, Princesa do Grão-Pará (pt) Traducir, Pedro de Alcântara de Orléans e Bragança (pt) Traducir, Luís María do Brasil, António Gastão de Orléans e Bragança (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisPedro II do Brasil Editar o valor em Wikidata  e Tareixa Cristina de Borbón-Dúas Sicilias Editar o valor em Wikidata
IrmánsPedro Afonso de Bragança (pt) Traducir, Afonso Pedro de Alcântara de Bragança (pt) Traducir e Leopoldina de Bragança e Bourbon (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Facebook: isabeldebragancadobrasil WikiTree: Bragança-7 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nacemento e infancia editar

Isabel naceu no palacio de São Cristóvão, segunda filla do emperador Don Pedro II. Foi bautizada na Capela Imperial o 15 de novembro de 1846 e o seu nome foi dado en honra da súa avoa materna, a raíña María Isabel das Dúas Sicilias. Tivo como padriños o rei consorte Fernando II de Portugal e a raíña das Dúas Sicilias.

Coa prematura morte dos seus irmáns Afonso e Pedro, Isabel converteuse na herdeira da coroa. O recoñecemento oficial como a sucesora e herdeira do pai celebrouse o 10 de agosto de 1850, cando a Asemblea Xeral, reunida no Palacio do Senado ás 11 da mañá, proclamou a herdeira ao trono, de conformidade cos artigos 116 e 117 a Constitución do Imperio.

O 29 de xullo de 1860 Isabel cumpriu 14 anos e, segundo o artigo 106 da Constitución Imperial, tomou o xuramento de "mantener a relixión católica romana, observar a Constitución política da nación brasileira e ser obedentes ás leis e ao Emperador".

Educación editar

Coa fin de preparala para o seu papel, Pedro II comezou a interesarse pola formación da futura emperatriz. Dende o principio, con todo, o emperador comezou entendementos para dar unha institutriz ás súas fillas. Por recomendación de Francisca de Braganza, a tía das princesas, foi escollida a condesa de Barral, filla do embaixador Domingos Borges de Barros, vizconde de Pedra Branca e esposa do nobre francés, o conde de Barral, considerada pola maioría dos autores como o grande amor do emperador Pedro II. A condesa comezou as súas funcións en setembro de 1855.

En São Cristovão, para mitigar o ambiente cargado de estudos e deberes, pequenas pezas teatrais eran protagonizadas polas princesas e os seus amigos da infancia (entre eles algúns fillos dos escravos). A proximidade da princesa cos negros, dende a primeira infancia, puido explicar a súa futura inclusión no movemento abolicionista.

Sobre a influencia do seu pai, o estudo das ciencias, en particular da química, ocupou un papel primordial na educación de Isabel. Tamén sentía un fondo interese en cuestións relacionadas co desenvolvemento da educación no país, especialmente a educación pública, como o demostrou no seu discurso do trono como rexente do Imperio o 1 de febreiro de 1877.

Matrimonio editar

Os preparativos para o seu matrimonio comezaron na década de 1860. Por recomendación da súa tía, Francisca de Braganza (filla de Pedro I), princesa de Joinville, en Francia, chegaron ao Brasil dous curmáns, os príncipes Gastón de Orleáns, conde de Eu, e Lois Augusto de Saxonia-Coburgo-Gotha, netos de Lois Filipe I de Francia, sobriños netos do rei Leopoldo I de Bélxica, sobriños do rei Fernando II de Portugal e curmáns segundos da raíña Vitoria do Reino Unido.

 
De esquerda a dereita: a princesa Isabel, o Emperador Don Pedro II, o conde de Eu, a princesa Leopoldina, a Emperatriz Teresa Cristina e o Duque de Saxonia

O emperador tratara cos seus ministros, o matrimonio da princesa Isabel, herdeira ao trono, co duque Luís Augusto de Saxonia-Coburgo-Gotha, o segundo fillo de Augusto de Saxonia-Coburgo-Gotha e da princesa Clementina de Orleáns; mentres que o seu primo, Gastón, o conde de Eu, fillo de Luís de Orleáns, duque de Nemours e da princesa Vitoria de Saxonia-Coburgo-Kohary, foille prometido á princesa Leopoldina. Cando os príncipes se presentaron, Isabel sentiuse fascinada polo conde de Eu, mentres que Leopoldina estaba encantada polo duque de Saxonia. Así que pediron aos seus pais o permiso para o intercambio de pretendientes. Tanto o emperador como a emperatriz eran favorables ás vodas movido polo amor alén das cuestións dinásticas, porque, no seu propio caso, producírase un choque inicial, e polo tanto deron o seu consentimento. O 18 de setembro de 1864 o príncipe Gastón pediu a princesa imperial do Brasil en matrimonio.

A voda tivo lugar na Capela Imperial, no Río de Xaneiro o 15 de outubro de 1864. O mesmo día a parella marchou de lúa de mel a Petrópolis, e o 10 de xaneiro de 1865 continuaron cara a Europa, onde a princesa coñeceu a súa familia política.

Despois da guerra de Paraguai, onde o conde de Eu tomou o mando das tropas brasileiras, a parella fixo outra viaxe a Europa para visitar a Leopoldina, enferma (a duquesa de Saxonia morreu de tifo o 7 de febreiro de 1871). No mesmo ano Pedro II fixo a súa primeira viaxe a Europa e Isabel fíxose cargo da rexencia, aos 24 anos. O 28 de setembro a princesa imperial rexente sancionou a chamada "Lei do Ventre Libre", que fixo libres os fillos de escravos nados despois desa data.

A aparente esterilidade da princesa era un motivo de preocupación para todos. a princesa Isabel quedou embarazada durante a súa viaxe a Europa; non obstante, a lei brasileira requiría que os herdeiros imperiais naceran no Brasil e, polo tanto, Isabel regresou a Río cando estaba no oitavo mes de embarazo. Xa no Brasil, Isabel deu a luz a unha nena morta, o 28 de xullo de 1874 no Palacio Isabel, bautizada in articulo mortis co nome de Luísa.

Por último, o 15 de outubro de 1875, ao celebrar os once anos de matrimonio, naceu en Petrópolis Pedro de Alcántara, o príncipe de Grão-Pará.

O 26 de xaneiro de 1878 naceu Luís Filipe. Ese mesmo ano a parella mudouse a Francia. O 9 de agosto de 1881 naceu o terceiro e último fillo, Antonio Gastón. O mesmo ano a familia volveu vivir no Brasil.

Postura política editar

Liberal, a princesa uniuse aos partidarios da abolición da escravitude. Apoiou artistas e políticos novos, aínda que o movemento abolicionista moitas veces se aliou co movemento republicano. Financiou a emancipación dos ex escravos co seu propio diñeiro e apoiou á comunidade do Quilombo de Leblon, que cultivaban camelias brancas, un símbolo do abolicionismo. Mesmo recibiu fuxitivos na súa casa en Petrópolis.

En virtude do artigo 46, Capítulo 3 do Título IV da Constitución brasileira de 1824:

Os príncipes da Casa Imperial son senadores por dereito, e ocuparán cadeira no Senado tan pronto como alcancen a idade de vinte e cinco anos.

Así, en 1871, Isabel converteuse na primeira muller en ocupar o cargo de senador no Brasil.

 
O xuramento da Princesa Imperial Dona Isabel, como rexente do Imperio do Brasil.

O 30 de xuño de 1887 asumiu a rexencia do imperio, por terceira vez dende que o seu pai se viu obrigado a saír para recibir atención médica en Europa. A abolición provocou unha forte oposición entre os agricultores propietarios de escravos. As relacións entre a rexente e o Consello de Ministros conservadores foron tensas. A princesa uniuse ao movemento popular, mentres que o barón Cotegipe (presidente do Consello de Ministros) avogou polo mantemento da escravitude. No discurso do trono, 1888, Isabel dixo que cun corazón xubiloso:

Confío en que non dubidaredes en eliminar do dereito patrio a única excepción que nel figura…

O 13 de maio de 1888, produciuse a votación final do proxecto para abolir a escravitude. Segura da Vitoria, a rexente baixou de Petrópolis, cidade de montaña, ao Palacio Imperial para esperar o momento de asinar a Lei Áurea. Ela empregou unha pluma de ouro feita especialmente para a ocasión, recibindo a aclamación do pobo do Río de Xaneiro. O Jornal da Tarde, do 15 de maio de 1888, informou que "sabendo que xa foi sancionada a grandiosa lei, a xente que se reunira fronte ao Palacio chamou á súa Alteza, quen apareceu na xanela e foi aclamada con entusiasm". As galerías do palacio estaban cheas, e en vítores e aplausos dunha multitude estimada en 10 000 persoas, Isabel asinou a lei, aprobada polo Parlamento do Imperio.

O 28 de setembro o papa León XIII envioulle as insignias da Rosa de Ouro, en recoñecimento pola abolición da escravitude. Esta insignia papal simboliza o recoñecemento do papa a un acto notable que merecía a alegría de toda a Igrexa.

 
Misa de acción de grazas pola abolición da escravitude no Brasil. Á esquerda, baixo un dosel, está a presenza da princesa imperial rexente Isabel e o seu marido, o conde de Eu. (Río de Xaneiro, 17 de maio de 1888)

A República e o exilio editar

Como resultado, pouco máis dun ano despois de ser testemuño do xúbilo popular coa abolición da escravitude, Isabel viu a extinción da monarquía no Brasil. Inflados polos positivistas radicais e co apoio dos agricultores, os militares derrocaron o gabinete do vizconde de Ouro Preto e estableceron unha ditadura republicana. Isabel, con 43 anos de edade, seguiu á súa familia ao exilio na mañá do 17 de novembro de 1889, dous días despois do golpe que levou á República. A mañá da saída ao exilio era chuviosa e o mar estaba revolto, con graves riscos para os buques. Pedro II sufría unha diabetes aguda e embarcouse, con dificultade, co apoio do seu médico persoal, o Dr. Mota Maia, que tomou a súa viaxe coa familia imperial. Houbo quen quixo reaccionar, como foi o caso do almirante Tamandaré, mais Pedro II negouse calquera reacción e de forma pacífica abandonaron o país.

Coa morte do seu pai en 1891, converteuse en xefa da Casa Imperial do Brasil e a primeira na liña de sucesión ao trono desaparecido, sendo considerada, legalmente, "A Súa Maxestade Imperial, Dona Isabel I, pola Graza de Deus, e Aclamación unánime do pobo, a Emperatriz Constitucional e a Defensora Perpetua do Brasil".

 
Con familiares e amigos, entre 1911 e 1914

A pesar da dor do exilio, Isabel tivo unha vellez tranquila, instalada no castelo da familia na vila de Eu, en Normandía, propiedade de Gastón de Orleáns (castelo de Eu). Rodeada de fillos e netos, fixo do seu fogar unha embaixada informal do Brasil. Pasou os últimos anos de vida con dificultades de mobilidade. En 1920 tivo a felicidade de saber que a lei que prohibía o regreso da familia imperial do Brasil fora revogada polo presidente Epitácio Pessoa.

Exiliada, despoxada, cunha saúde fráxil, moi conmovida pola morte dos seus dous fillos (Antonio, en 1918, e Luís en 1920), a princesa Isabel morreu o 14 de novembro de 1921. Foi enterrada no cemiterio da cidade, de onde se transferiron os seus restos o 6 de xullo de 1953, a través dun depósito no Mausoleo da Catedral Imperial de Petrópolis.

 
Dona Isabel no seu último ano de vida

Familia editar

Xenealoxía editar

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
8. Xoán VI de Portugal e o Brasil
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
4. Pedro I do Brasil e IV de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
9. Carlota Xoaquina de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
2. Pedro II do Brasil
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
10. Francisco II do Sacro Imperio Romano Xermánico
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
5. María Leopoldina de Austria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
11. María Teresa de Nápoles e Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
1. Isabel, Princesa Imperial do Brasil
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
12. Fernando I das Dúas Sicilias
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
6. Francisco I das Dúas Sicilias
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
13. María Carolina de Austria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
3. Tareixa Cristina de Borbón-Dúas Sicilias
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
14. Carlos IV de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
7. María Isabel de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
15. María Luísa de Parma
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Descendencia editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar