Insulindia
Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "Arquipélago Malaio" (conversa). Para realizar a fusión das páxinas sigue estes pasos. |
Insulindia tamén coñecida como arquipélago Malaio e Sueste Asiático Marítimo ou Sueste Asiático Insular, é un vasto e moi numeroso grupo de illas situado entre a Indochina e a Oceanía, na rexión da Austronesia. Localizado entre os océanos Índico e Pacífico, este grupo de máis de 20.000 illas é o maior arquipélago do mundo por área. As illas pertencen aos estados de Indonesia, Filipinas, Singapur, Brunei, Malasia e Timor-Leste. Ás veces inclúese tamén a illa de Nova Guinea, o que supón acrecentar tamén o estado de Papúa-Nova Guinea.[1] Hai, porén, argumentos para excluír a última illa por razóns culturais e xeográficas: tantos os territorios de Papúa-Nova Guinea como de Nova Guinea Occidental (Indonesia) son culturalmente diferentes aos das outras illas da rexión e, xeoloxicamente, a illa de Nova Guinea non fai parte do continente asiático, como as illas da Sonda[1].
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 "Malay Archipelago Arquivado 17 de abril de 2008 en Wayback Machine.." Encyclopedia Britannica. 2006. Chicago: Encyclopedia Britannica, Inc.
Véxase taménEditar
Artigos relacionadosEditar
Ligazóns externasEditar
- Insulindia Presentación da colección de arte da Insulindia na web do Musée du quai Branly (en castelán, francés ou inglés). Consultado o 31 de maio de 2013.