Nusantara é o nome indonesio para o sueste asiático marítimo (ou parte del). É un termo xavanés antigo que significa literalmente "illas exteriores".[1] En Indonesia, enténdese xeralmente como o arquipélago indonesio.[2][3] Fóra de Indonesia, o termo adoptouse para referirse ao arquipélago malaio.[4]

Modelo:Xeografía políticaNusantara
ꦤꦸꦱꦤ꧀ꦠꦫ (jv)
ᬦᬸᬲᬦ᭄ᬢᬭ (ban) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Xeografía
Parte de

A palabra Nusantara está tomada dun xuramento de Gajah Mada en 1336, como se escribe no antigo xavanés Pararaton e Nagarakretagama.[5] Gajah Mada foi un poderoso líder militar e dirixente do Imperio Majapahit ao que se lle atribue levar o imperio ao seu cumio de gloria. Gajah Mada fixo un xuramento chamado Sumpah Palapa, no que prometía non comer ningún alimento que conteña especias ata que conquistara todo Nusantara.

De tódalas maneiras o concepto de Nusantara como rexión unificada non foi inventado por Gajah Mada en 1336. O termo Nusantara foi usado por primeira vez por Kertanegara de Singhasari na inscrición Mula Malurung de 1255.[6] Ademais, en 1275, o termo Cakravala Mandala Dvipantara foi usado por describir a aspiración do arquipélago unido do sueste asiático baixo Singhasari e marcou o inicio dos seus esforzos para conseguilo.[7] Dvipantara é unha palabra sánscrita para as "illas no medio", converténdoa nun sinónimo de Nusantara xa que tanto dvipa como nusa significan "illa". Kertanegara imaxinaba a unión dos reinos marítimos e políticas do sueste asiático baixo Singhasari como un baluarte contra o ascenso da dinastía Yuan liderada polos mongoles de China.

Nun sentido máis amplo, o nusantara no uso das linguas modernas inclúe terras culturais e lingüísticas relacionadas coa cultura austronesia, que se seipan: Indonesia, Malaisia , Singapur, o sur de Tailandia, Filipinas, Brunei, Timor Oriental e Taiwán, sen contar Papúa Nova Guinea.[8][9]

Notas editar

  1. Friend, T. (2003). Indonesian Destinies. Harvard University Press. p. 601. ISBN 0-674-01137-6. 
  2. Echols, John M. (1989). Kamus Indonesia Inggris (An Indonesian-English Dictionary). Gramedia. ISBN 979-403-756-7. 
  3. "Hasil Pencarian - KBBI Daring". kbbi.kemdikbud.go.id. Consultado o 2018. 
  4. "Nusantara". ms.oxforddictionaries.com. Arquivado dende o orixinal o 2018. Consultado o 2018. 
  5. Mpu, Prapañca; Robson, Stuart O. (1995). Deśawarṇana: (Nāgarakṛtāgama). KITLV. ISBN 978-90-6718-094-8. 
  6. "Kertanagara dan Nusantara". historia.id. Consultado o 2022. 
  7. Wahyono Suroto Kusumoprojo (2009). Indonesia negara maritim. PT Mizan Publika. ISBN 978-979-3603-94-0. 
  8. Evers, Hans-Dieter (2016). "Nusantara: History of a Concept". Journal of the Malaysian Branch of the Royal Asiatic Society 89 (1): 3–14. doi:10.1353/ras.2016.0004. 
  9. Mohd; Zariat Abdul Rani (2005). "Antara Islam dan Hinduisme di Alam Melayu: Beberapa catatan pengkaji barat". ARI: Jurnal Alam Dan Tamadun Melayu (Universiti Kebangsaan Malaysia) 23: 67–82. ISSN 0127-2721. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2011. Consultado o 01 de febreiro de 2024.