Holaspis guentheri

Holaspis guentheri
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Sauropsida (Réptiles)
Orde: Squamata
Suborde: Lacertilia
Familia: Lacertidae
Subfamilia: Lacertinae
Tribo: Eremiadini
Xénero: Holaspis
Especie: H. guentheri
Nome binomial
Holaspis guentheri
Gray, 1863

Holaspis guentheri é unha especie de lagarto da familia dos lacértidos, subfamilia dos lacertinos, e tribo dos eremiadinos, unha das dúas integradas no xénero Holaspis.[1]

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1863 polo naturalista, botánico, zoólogo e micólogo inglés John Edward Gray.[2]

Etimoloxías editar

Para a do xénero, ver Holaspis.

O epíteto específico, guentheri, é unha homenaxe que Gray lle fixo a Albert Günther (1830-1914), un zoólogo do Museo Británico nacido en Alemaña.

Características editar

Ver Holaspis.

Hábitat e distribución editar

Holaspis guentheri vive na África occidental, no sur de Serra Leoa, Guinea, Liberia, Ghana, Togo, Benín, Nixeria, e o Camerún. No norte do Camerún existen poboacións residuais na rexión de sabana guineana (a 30 km ao nordeste de Tignère, até os 1 000 m de altitude).

En África central pode encontrarse na Guinea Ecuatorial, no Gabón, na República Centroafricana, na República do Congo, no norte e no oeste da República Democrática do Congo e no sur e no noroeste de Angola. Esta especie vive tamén en África oriental desde o noroeste de Tanzania (Bukoba) ao sueste de Uganda (bosque de Budongot, e rexións ao oeste do lago Vitoria).[3][4][5][6][7]

Notas editar

  1. Holaspis Gray, 1863 no GBIF. Consultado o 30 de setembro de 2022.
  2. Holaspis Gray, 1863 no GBIF. Consultado o 30 de setembro de 2022.
  3. Arnold 1989
  4. Spawls et al. 2002
  5. Chirio & Ineich 2006
  6. Hoinsoude Segniagbeto et al. 2015
  7. LeBreton 1999

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Arnold, E. N. (1989): "Systematics and adaptive radiation of Equatorial African lizards assigned to the genera Adolfus, Bedriagaia, Gastropholis, Holaspis and Lacerta (Reptilia: Lacertidae)". Journal of Natural History 23: 525-555.
  • Chirio, L. & Ineich, I. (2006): "Biogeography of the reptiles of the Central African Republic". African Journal of Herpetology 55 (1): 23-59.
  • Hoinsoude Segniagbeto, G., Trape, J.-F., Afiademanyo, K. M., Rödel, M.-O., Ohler, A., Dubois, A., David, P., Meirte, D., Glitho, I. A., Petrozzi, F. & Luiselli, L. (2015): "Checklist of the lizards of Togo (West Africa), with comments on systematics, distribution, ecology, and conservation". Zoosystema 37 (2): 381-402.
  • LeBreton, M. (1999): "A working checklist of the herpetofauna of Cameroon". Amsterdam: Netherlands Committee for IUCN.
  • Spawls, S., Howell, K. M., Drewes, R. C. e Ashe, J. (2018): A Field Guide to the Reptiles of East Africa. 2ª ed. San Diego, San Francisco, New York, Boston, London: Academic Press, Elsevier Science. ISBN 978-1-4729-3561-8.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar