Hans Sloane, nado en Killyleagh, reino de Irlanda, o 16 de abril de 1660 e finado en Chelsea, Gran Londres, Inglaterra, o 11 de xaneiro de 1753 foi un médico e naturalista irlandés, de orixe escocesa e británica. No 1727 sucedeu a Isaac Newton na presidencia da Royal Society, cargo que mantivo até o 1741.

Infotaula de personaSir Editar o valor em Wikidata
Hans Sloane

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de abril de 1660 Editar o valor em Wikidata
Killyleagh (Reino de Irlanda) Editar o valor em Wikidata
Morte11 de xaneiro de 1753 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Chelsea (Reino de Gran Bretaña) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaChelsea Old Church (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
13º Presidente da Royal Society
1727 – 1741
← Isaac NewtonMartin Folkes (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Gran Bretaña
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMedicina, Fisioloxía e botánica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmédico , numismático , naturalista , coleccionista , explorador , ornitólogo , zoólogo , botánico , entomólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorMuseo Británico Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaSloane Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloBaronete (pt) Traducir (1716–) Editar o valor em Wikidata
CónxuxeElizabeth Langley (1695–)
FillosHans Sloane (en) Traducir, Sarah Sloane (en) Traducir, Mary Sloane (en) Traducir, Elizabeth Sloane (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAlexander Sloane (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Sarah Hicks (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Sloane-200 Find a Grave: 34977574 Editar o valor em Wikidata

Legou ao rei Xurxo II de Gran Bretaña a súa colección de plantas e outros artefactos (recollidos principalmente durante a súa viaxe a Madeira, Barbados, S. Kitts e Nevis e Xamaica), que constituíron o núcleo do que se converteu no Museo Británico de Londres. Tamén parece ser o inventor do chocolate quente e a praza de Sloane Square (Kensington e Chelsea) está dedicada a el.

Traxectoria editar

Naceu en Killyleagh, condado de Down, Irlanda do Norte, onde o seu pai dirixía a colonia de escoceses enviada á illa polo rei Xacobe VI de Escocia e I de Inglaterra. Dende moi novo amosou a súa paixón polo coleccionismo con especial atención a obxectos curiosos e insólitos. De maior, esta tendencia levouno a interesarse pola medicina e por iso trasladouse a Londres onde comezou a estudar botánica e farmacia. As súas notábeis coleccións foron importantes temas de estudo para o naturalista John Ray e para o gran químico e físico Robert Boyle.

 
Ilustración de aparellos á recensión do primeiro volume de A voyage to the islands Madera, Barbados, Nieves, S. Christophers and Jamaica (Unha viaxe ás illas Madeira, Barbados, S. Christophers e Nevis e Xamaica) publicado no Acta Eruditorum de 1710.

En 1683 Sloane emprendeu unha longa viaxe a Francia para continuar os seus estudos de medicina e botánica e onde se licenciou en 1684, onde coñeceu a algúns dos botánicos máis importantes da época, como Joseph Pitton de Tournefort e Pierre Magnol. Sloane quedou fascinado pola continua investigación destes dous botánicos de novas especies vexetais, e converteuno nun auténtico método de estudo. En 1685 volveu a Inglaterra, onde se converteu en membro da recentemente formada Royal Society, e así puido entrar en contacto co médico Thomas Sydenham, que o converteu no seu alumno. En 1687 converteuse en membro do Royal College of Physicians e aceptou unha oferta para acompañar ao barón Lansdowne na súa expedición a Xamaica, despois de publicar The Natural History of Jamaica en 1707.[1] Antes de marchar Sloane recibiu tanto do seu amigo Ray como de Robert Boyle a tarefa de recoller o maior número de mostras de estudo posibles, e durante o traxecto de tres meses dedicouse ao estudo da fosforescencia da auga do mar (ardora) e dos hábitos migratorios das aves acuáticas. As publicacións de Sloane foron ilustradas polo pintor e naturalista Eleazar Albin.[2]

Notas editar

  1. James Poskett, edición en inglés "The Natural History of Jamaica"; versión en italiano "Orizzonti, Una storia globale della scienza", 2022, trad. Alessandro Manna, páx. 164, Einaudi, Torino, ISBN 978 8806 25148 2
  2. "Albin Eleazar". www.summagallicana.it (en inglés). 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.