A fosforescencia é o fenómeno no cal certas substancias teñen a propiedade de absorber enerxía e almacenala, para emitila posteriormente en forma de luz.[1]

Exemplo dunha figura fosforescente.

Descrición editar

O mecanismo físico que rexe este comportamento é o mesmo que para a fluorescencia, no entanto a principal diferenza con esta é que hai un atraso temporal entre a absorción e a reemisión dos fotóns de enerxía. Na fosforescencia, as substancias continúan emitindo luz durante un tempo moito máis prolongado, aínda despois do corte do estímulo que a provoca, xa que a enerxía absorbida libérase lenta (ata moitas horas despois) e continuamente.

Aplicacións editar

Este fenómeno é aproveitado en aplicacións tales como a pintura das agullas dos reloxos ou en determinados xoguetes que se iluminan na escuridade.

Minerais fosforescentes editar

Igual que no caso da fluorescencia existen certos minerais que tamén teñen propiedades fosforescentes. Estes son minerais moi estraños e escasos, e que ademais de fosforescencia teñen tamén fluorescencia. A súa luminiscencia vén dada, en xeral, pola presenza de ións de elementos das terras raras na súa estrutura. Cabe destacar, por exemplo, a willemita, cuxa fosforescencia é verde e vén dada pola presenza de arsénico na súa estrutura. A presenza do arsénico é moi pequena e iso fai que se considere como unha impureza. Con todo, non todas as willemitas teñen fosforescencia, pois segundo a súa zona de formación, se esta non é rica en arsénico non contería este elemento como impureza e non posuiría fosforescencia.

Notas editar

  1. "Dicionario; fosforescencia". Real Academia Galega. Consultado o 2023-02-02. 

Véxase tamén editar