Abrir o menú principal

A willemita é un mineral do grupo dos silicatos de fórmula Zn2(SiO4). A súa composición química corresponde a un 72,96% de ZnO e un 27,04% de SiO2. Como impurezas máis comúns contén aluminio, ferro, manganeso e chumbo. Foi descuberto en 1830, e denominouse así na honra do rei Guillerme I dos Países Baixos (Willem I). Ocasionalmente tamén recibe o nome de belxita.

Willemita
Willemite 2 variety troostite zinc orthosilicate Franklin Sussex County New Jersey 1907.jpg
Fórmula químicaZn2(SiO4)
ClaseSilicato
SubclaseNesosilicato
Sistema cristalinoTrigonal
CorBranco, verdoso, amarelado, gris, pardo, azul-verde
BrilloGraxo, mate
Dureza5'5 (escala de Mohs)
FracturaDesigual
ExfoliaciónPerfecta segundo (1120), imperfecta segundo (0001)
RaiaBranca
Densidade4,0 g/cm3

PropiedadesEditar

 
Willemita e esperita baixo luz ultravioleta.

A willemita pode ter diversas cores —branca, verdosa, amarelada, gris, pardo, azul-verde— e ten brillo graxo ou mate. É un mineral fluorescente e fosforescente, de color verde brillante baixo luz ultravioleta de onda curta e raios X.

Se ben é un dos poucos silicatos que pertence ao sistema cristalino trigonal, a súa rede é romboédrica.

Morfoloxía e formaciónEditar

Os cristais da willemita son fibrosos, romboédricos ou tabulares. É un silicato de cinc secundario relativamente común en moitos depósitos de zinc ou chumbo-zinc que conteñen ou contiveron blenda; fórmase a partir deste último mineral pola oxidación nun ambiente silíceo. Xeralmente está asociado á pedra calcaria, aínda que tamén aparece asociado tipicamente á cincita vermella e á franklinita.

DepósitosEditar

Son escasos os xacementos deste mineral, podéndose destacar os de Franklin (Nova Jersey), onde aparece asociado a cincita e franklinita, e os de Arizona, ambos nos Estados Unidos. En México hai depósitos en Bolaños (Xalisco) e Batopilas (Chihuahua).

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar