Gyula Alberty Kyscel

futbolista húngaro

Gyula Alberty Kyscely, nado en Debrecen o 4 de xuño de 1911 e finado en Granada o 9 de abril de 1942, foi un futbolista húngaro que xogaba na demarcación de gardameta.

Gyula Alberty Kyscel
Información persoal
Nacido 4 de xullo de 1911
Lugar Debrecen
Falecido 9 de abril de 1942
Lugar Granada
Posición gardameta

TraxectoriaEditar

Despois de xogar en equipos do seu país natal, en 1935 fichou polo Real Madrid, o primeiro estranxeiro en xogar no equipo madrileño. Alí estivo dúas tempadas compartindo portería con Ricardo Zamora. Durante a Guerra Civil emigrou para xogar na Liga francesa.

Tras un breve paso polo Real Unión de Irún, en 1938 ficha polo Racing de Ferrol. Proclamouse subcampión de Copa co cadro ferrolán, logo de xogar a final no Estadio de MontJuïc ante o Sevilla FC o 25 de xuño de 1939, que ganaron os andaluces por 6-2. En total disputou co equipo verde un total de cinco partidos durante a competición de cope desa campaña. Despois, en 1939/40, fichou polo Celta de Vigo que debutaba en Primeira División. Xogou no Celta dúas tempadas, cun gran papel nas fases de promoción nas que o equipo se salvou do descenso os dous anos.

A comezos de 1941 a causa dunha disposición da Federación Española de Fútbol que regulaba a aliñación de estranxeiros nos clubs o Celta tivo que prescindir dos seus servizos. A última hora a Federación deulle permiso a Alberty para xogar na Liga española, mais o equipo celeste xa tiña confeccionado o cadro de xogadores e recalou no Granada CF.

Faleceu aos 30 anos por mor dunha febre tifoides.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar