Golpe de Estado en Irán de 1953

O golpe de Estado en Irán de 1953 (tamén coñecido nos arquivos da CIA como Operación Ajax) foi unha operación orquestrada polo Reino Unido e os Estados Unidos para derrocar o goberno democraticamente electo do primeiro ministro Mohammed Mosaddeq e o seu gabinete. Grazas ao labor de Kermit Roosevelt, que traballaba para a CIA nunha operación encuberta, subornouse a distintos cargos das administracións iranianas, o que facilitou o golpe.[5] Segundo a BBC, Gran Bretaña, motivada polo risco de perder o seu control sobre os campos petrolíferos iranianos, financiou os subornos concedidos a oficiais do exército, medios de comunicación e outros. O proxecto para derrubar o goberno iraniano recibiu, nas comunicacións dos gobernos británico e estadounidense, o nome de Operation Ajax (oficialmente TP-AJAX). O golpe de Estado finalmente logrouse o 19 de agosto de 1953 polo que Mohammad Reza Pahlavi recuperou a posición dominante na política iraniana.

Golpe de Estado iraniano de 1953

Soldados iranianos rodeando o Parlamento en Teherán
Data 15-19 de agosto de 1953
Lugar Irán Irán
Resultado Derrocamento do primeiro ministro Mohamed Mossadegh
  • Xeneral Fazlollah Zahedi, nomeado como primeiro ministro do goberno militar despois do golpe[1][2] por Mohammad Reza Shah Pahlavi.
  • Aumento do poder da monarquía en relación ao goberno electo.
  • Irán convértese nunha "zona tapón" contra a expansión soviética de Oriente Medio.
  • Período de descontento entre os iranianos, que culmina na Revolución Iraniana.
Casus belli Control do petróleo iraniano por parte de Gran Bretaña co apoio dos Estados Unidos.
Belixerantes
Gobernos insurxentes

Irán Goberno de Irán

Gobernos insurxentes

Irán Casa de Pahlavi
Secretaría:
Estados Unidos
Reino Unido

Líderes
Irán Mohammad Mosaddegh (rendido)
Irán Gholam Hossein Sadighi (prisioneiro de guerra)
Irán Hossein Fatemi (executado)
Irán Mohammad Reza Pahlavi
Irán Fazlollah Zahedi
Irán Nematollah Nassiri (prisioneiro de guerra)
Irán Shaban Jafari
Dwight Eisenhower
Allen Dulles
Kermit Roosevelt, Jr.
Winston Churchill
Anthony Eden
John Alexander Sinclair
Shapoor Reporter
Forzas en combate
Irán Faccións da Armada Imperial Iraniana Central Intelligence Agency
Secret Intelligence Service
Irán Faccións da Armada Imperial Iraniana
Baixas
Mortes
200—300 mortos
Referencias
[3][4]

Orixes

editar

A idea de derrocar a Mosaddeq foi concibida polo goberno británico. Estes pediron apoio ao presidente Harry S. Truman que con todo negouse a axudarlles.[6] Os británicos recuperaron a idea en 1953, sendo presidente dos Estados Unidos Dwight D. Eisenhower. A nova administración mostrouse de acordo a intervir en Irán.[7]

Mosaddeq decidiu que Irán debía obter beneficios dos seus campos petrolíferos e iniciou a nacionalización da industria petrolífera que era controlada naquel entón pola Anglo-Iranian Oil Company (máis tarde chamada British Petroleum Company). Gran Bretaña sinalou que Irán estaba a violar os dereitos das compañías e incentivou o boicot mundial ao petróleo iraniano, o que produciu unha crise económica nese país.

Contexto

editar

Desenvolvemento da industria petrolífera

editar

Durante o apoxeo do Imperio británico, Mozaffareddín Shah Qayar, o Shah de Irán, logrou aliviar as débedas que contraeu cos británicos mediante a concesión, por sesenta anos, do dereito a buscar petróleo no territorio iraniano. Finalmente, esta concesión entregouse a William Knox D'Arcy en maio de 1901. Isto colocou os británicos nunha posición vantaxosa con respecto aos rusos na zona do Cáucaso e Oriente Medio.

D'Arcy obtivo petróleo en maio de 1908, conseguindo así a primeira explotación petrolífera significativa en oriente. Debido a problemas financeiros, a Burmah Oil Company fíxose co control do xacemento.

A compañía creceu lentamente até a primeira guerra mundial, cando a súa importancia estratéxica levou o goberno británico a nacionalizar a produción de petróleo iraniano durante un breve período, converténdose esta explotación na principal fonte de combustible para a Royal Navy durante a guerra, o que facilitou a derrota dos Imperios Centrais. Durante este período, os británicos ocuparon puntos estratéxicos do país. Esta situación deu pé a numerosas tensións internas.

Cambio de poder

editar

Tras o fin da guerra, devanditas tensións agraváronse, vindo motivadas en gran parte polos desacordos sobre a xestión do petróleo. Ante isto, os británicos patrocinaron en 1921 un golpe de Estado que levou ao poder ao xeneral Reza Khan, o cal foi proclamado Shah polo parlamento iraniano en 1925, tras a deposición de Ahmad Shah Qajar, asumindo o nome de trono de Reza Shah Pahlavi. O novo Shah gobernou con man de ferro, reprimindo violentamente toda oposición; á vez que impulsaba grandes programas de modernización do país, até entón un dos máis pobres do mundo. Entre os opoñentes encarcerados estaba un político chamado Mohammad Mossadeq, que por mor daquilo se converteu en fervoroso partidario da nacionalización do petróleo iraniano. Reza Shah, aínda que tentou manter certa independencia dos intereses petrolíferos británicos, non o conseguiu, tendo que renovar a concesión á Compañía Petrolífera Anglo-Persa, renombrada Compañía Petrolífera Anglo Iraniana en 1935 tras o cambio de denominación do país de Persia a Irán.[8]

 
Habitantes de Teherán celebrando o golpe.

Guerra mundial e novo cambio de poder

editar

En 1941, unha coalición militar formada polo Exército Vermello e forzas do Imperio Británico invadiron Irán, ao que Reza Shah declarara neutral. Dita invasión buscaba asegurar as subministracións petrolíferas e o ferrocarril transiranio, vital para facilitar subministracións á URSS. Reza foi entón exiliado á forza e deposto polos británicos, sendo substituído polo seu fillo Mohammad Reza Pahlavi. Por mor da debilidade do novo Shah, que contrastaba vivamente co seu pai, restableceuse un goberno democrático no país. Ao final da guerra, tras un intento da URSS de manter o control, Irán recobrou a súa independencia plena. A ocupación rusobritánica causara un crecemento do nacionalismo no país, que buscaba reducir a inxerencia estranxeira e lograr que os cuantiosos beneficios petrolíferos revertesen no país. Gran Bretaña tentaba manter a súa posición, pero os Estados Unidos eran partidarios de afastarse dos intereses coloniais británicos, e de feito, favoreceron en Arabia Saudita un novo acordo petrolífero prexudicial para os intereses do Reino Unido.

Golpe de estado

editar
 
O primeiro ministro iraniano Mohammad Mosaddegh bicando a man de Mohammad-Rezā Shāh Pahlavi.

O golpe de Estado tivo lugar en Irán entre o 15 e 19 de agosto de 1953[9] motivado polo control do petróleo iraniano por parte de Gran Bretaña e con apoio dos Estados Unidos de América e impulsado polo sah iraniano Mohammad Reza Pahlavi e as axencias de intelixencia Central Intelligence Agency e Secret Intelligence Service (MI6). Foron moitos os comandantes e líderes implicados no golpe, entre outros: Mohammad Mosaddegh, Gholam Hossein Sadighi, Hossein Fatemi, por parte do goberno previo, Fazlollah Zahedi, Nematollah Nassiri... por parte do goberno resultante. Enfrontáronse, pois, o goberno iraniano de Mosaddegh, primeiro ministro de Irán, cuxa forma de goberno era unha monarquía constitucional, e a dinastía ou casa de Pahlavi, cuxa secretaría pertencía aos Estados Unidos de América e Gran Bretaña e a forma de goberno que defendían era a monarquía absoluta.

As unidades ou forzas involucradas no combate foron faccións da Armada Imperial Iraniana no bando do goberno de Mosaddegh, así como a CIA, o MI6 e faccións da Armada Imperial Iraniana como o é a Garda Imperial Iraniana no bando do goberno de Pahlavi.

Resultado

editar

O resultado do golpe de Estado foi o derrocamento do goberno previo de Mosaddegh por parte do goberno resultante de Pahlavi, quen nomeou o Xeneral Fazlollah Zahedi como primeiro ministro do goberno militar despois do golpe de Estado[1][2] e quen tomou e aumentou o seu poder e o de toda a monarquía do goberno electo en xeral. Irán converteuse nunha "zona tapón" contra a expansión soviética de Oriente Medio e orixinouse un período de descontento popular entre os iranianos, que pronto culminou na Revolución iraniana. Ademais, o golpe de Estado iraniano ocasionou numerosas perdas civís, aproximadamente entre duascentas e trescentas vítimas e unha morea de feridos en combate.[3][4]

editar

Dirixida por Hasan Fathi e escrita conxuntamente co dramaturgo e profesor de universidade Naghmeh Samini, Shahrzad TV show é a historia dun amor roto como resultado dos sucesos do golpe de 1953 que derrocaron o primeiro ministro democraticamente elixido, Mohammad Mosaddeq.[10]

  1. 1,0 1,1 Parsa, Misagh (1989). Social Origins of the Iranian Revolution. Rutgers University Press. p. 160. ISBN 9780230115620. 
  2. 2,0 2,1 Samad, Yunas; Sen, Kasturi (2007). Islam in the European Union: Transnationalism, Youth and the War on Terror. Oxford University Press. p. 86. ISBN 0195472519. 
  3. 3,0 3,1 Wilford 2013, p. 166.
  4. 4,0 4,1 Steven R. Ward (2009). Immortal: A Military History of Iran and Its Armed Forces. Georgetown University Press. p. 189. ISBN 978-1-58901-587-6. Consultado o 16 July 2013. 
  5. How to Overthrow A Government Pt. 1 Arquivado 15/11/2007, en Wayback Machine. The 1953 U.S. Coup in Iran, 5 de marzo de 2004
  6. Tehran, Dan De Luce (20 de agosto de 2003). "Dan De Luce: The spectre of Operation Ajax". the Guardian (en inglés). 
  7. "Book review of Stephen Kinzer's All the Shah's Men by CIA historian David S. Robarge". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2009. Consultado o 02 de xaneiro de 2017. 
  8. "The Company File—From Anglo-Persian Oil to BP Amoco". BBC News. 11 de agosto de 1998. Consultado o 22 de agosto de 2013. 
  9. Abrahamian, Ervand (1999). Tortured Confessions. ISBN 9780520922907. 
  10. "Iran TV series set in 1950s draws big audiences with echoes in politics today". the Guardian (en inglés). 19 de abril de 2016. Consultado o 9 de marzo de 2021. 

Véxase tamén

editar
 

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar