Abrir o menú principal

Ryszard Kapuściński

xornalista, escritor e ensaísta polaco

Ryszard Kapuściński, nado en Pińsk o 4 de marzo de 1932 e finado en Varsovia o 23 de xaneiro de 2007, foi un xornalista, escritor e ensaísta polaco.

Ryszard Kapuściński
Ryszard Kapuscinski by Kubik 17.05.1997 - cropped.jpg
Nacemento4 de marzo de 1932
 Pinsk
Falecemento23 de xaneiro de 2007
 Varsovia
CausaInfarto agudo de miocardio
SoterradoPowązki Military Cemetery
NacionalidadePolonia
EtniaPobo polaco
Relixióncatólico
Alma máterUniversidade de Varsovia
Ocupaciónxornalista, tradutor, fotógrafo, escritor e poeta
Coñecido/a porHeban
PremiosCommander with Star of the Order of Polonia Restituta, Cavaleiro da Ordem da Polónia Restituta, Gold Cross of Merit‎, Golden Medal for Merit to Culture, Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades, Samuel-Bogumil-Linde prize, sen etiquetar, Lire magazine's Best book of the year, Viareggio-Versilia International Prize, Śląski Wawrzyn Literacki e Leipzig Book Award for European Understanding
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Pińsk, a súa cidade natal, pertencía nos anos trinta á provincia polaca de Kresy, na súa fronteira oriental, mais na actualidade é territorio belaruso. Sufriu na súa infancia as consecuencias da Segunda Guerra Mundial, o que marcou a súa vida e obra posteriores. Despois de estudar Historia e Arte na universidade de Varsovia, comezou a traballar no semanario Sztandar Młodych a comezos da década de 1950 como reporteiro de asuntos locais. Por unha casualidade foi destinado á India para facer reportaxes sobre aquel país, como consecuencia da visita do Pandit Nehru a Polonia e do achegamento entre os gobernos dos dous países. A partir de aí comezou unha carreira como xornalista internacional por China, América Latina e sobre todo a África da descolonización, como único correspondente da Axencia Polaca de Prensa no mundo en desenvolvemento.

Colaborou tamén en Time, The New York Times e Frankfurter Allgemeine Zeitung, como correspondente de guerra durante moitos anos e acadando un grande éxito grazas ó seu peculiar estilo, que o converteu nun xornalista de culto e figura relevante da cultura a nivel mundial.

A partir de 1960, Kapuściński comeza a publicar o seu labor xornalístico en libros, mais non en escolma de reportaxes, senón como obras autenticamente novas. O seu estilo foxe dos grandes acontecementos históricos e das datas oficiais, para narrar a caída e a proclamación dos réximes polos personaxes cos que ten contacto, dende taxistas a xenerais. O seu foi un xornalismo fondamente literario, cunha linguaxe moi coidada e expresiva, e inzada de xogos metaliterarios con referencia aos libros cos que el vai tomando contacto coas novas realidades de países descoñecidos.

Desde 1962 compaxinou as súas colaboracións periodísticas coa actividade literaria e exerceu como profesor en varias universidades. Na actualidade forma parte da Asociación polaca de Artistas Fotógrafos. Foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Silesia en 1997 e ata 1981 foi correspondente no estranxeiro.

A súa produción literaria foi traducida a multitude de idiomas e recibiu unha excelente acollida por parte do público e da crítica amante dos relatos de viaxes. Falaba con fluidez oito idiomas, entre eles o francés, o inglés, o ruso e o español.

Premios e recoñecementosEditar

  • Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades, 2003.
  • Distinguido co título de Xornalista do Século nunha consulta realizada ós lectores da revista mensual Press.
  • Premio J. Parandowski do Pen Club polaco (1989).
  • Premio Goethe (Hamburgo)
  • Premio da fundación A. Jurzykowski (Nova York)
  • Premio de l´Astrolabe (Francia)
  • Premio dos editores e libreiros alemáns
  • Premio da Fundación Turzanski (Toronto)
  • Premio Literario Linda das cidades de Toruń e Gotinga
  • Premio Icaro
  • Premio Bruno Kreisky para libros políticos (2004).
  • Doutor honoris causa pola Universidade Ramon Llull (2005).
  • Soou como favorito para acadar o premio Nobel de Literatura, pero non o conseguiu.

Obra literariaEditar

Ningunha das súas obras foi traducida polo de agora ao galego.

  • Busz po polsku (1962).
  • Czarne gwiazdy (1963).
  • Kirgiz schodzi z konia (1968).
  • Gdyby cała Afryka (1969).
  • Che Guevara - Dziennik z Boliwii (1969).
  • Dlaczego zginął Karl von Spreti? (1970).
  • Chrystus z karabinem na ramieni (1975).
  • Jeszcze dzień życia ("Un día máis con vida", 1976). Narra a descolonización portuguesa de Angola en 1975 e as súas consecuencias: a guerra civil que asolou a rexión ata hai pouco.
  • Wojna futbolowa ("A guerra do fútbol" 1978). Fala sobre diversos conflitos africanos e latinoamericanos. A reportaxe que lle dá título ó libro narra a guerra que mantiveron Honduras e O Salvador, cuxo detonante foi un partido de fútbol entre as seleccións de ambos países da fase previa do Mundial de Fútbol México 1970.
  • Cesarz (1975). Narra a caída do emperador de Etiopía, Haile Selassie.
  • Szachinszach (1982). Narra a caída do emperador de Irán, o Reza Pahlevi.
  • Notes (1986). Poesía.
  • Lapidarium (1990).
  • Imperium (1993). Sobre o derrubamento da Unión Soviética.
  • Lapidarium II (1995).
  • Lapidarium III (1997).
  • Heban (1998). Contén reportaxes localizadas en varios países de África.
  • Lapidarium IV (2000).
  • Z Afryki (2000). Álbum fotográfico.
  • Lapidarium V (2001).
  • Los cínicos no sirven para este oficio (2000). Editado en castelán, recompila entrevistas e conversas moderadas por Maria Nadotti.
  • Autoportret reportera (2003).
  • Podróże z Herodotem (2004). Conta os seus comezos como xornalista e a axuda que lle proporcionou a lectura da Historia de Herodoto.
  • Prawa natury (2006).
  • Ten Inny (2006).

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar