Abrir o menú principal

A Universidade Ramon Llull (en catalán: Universitat Ramon Llull) é unha universidade privada de inspiración cristiá situada en Barcelona, Cataluña (España), nomeada así en recordo do beato Ramon Llull.

Universitat Ramon Llull
Facultat Filosofia URL pati.JPG
Datos xerais
LocalizaciónBarcelona
Datos actuais
ReitorEsther Giménez-Salinas Colomer
Alumnos13.140
Datos de contacto
EnderezoC/ Claravall 1-3
Barcelona, Cataluña Cataluña
Páxina webhttp://www.url.edu/

HistoriaEditar

Foi fundada o 1 de marzo de 1990 e aprobada polo Parlamento de Cataluña o 10 de maio de 1991. As súas institucións fundadoras foron:

O 10 de outubro de 1989 estas institucións, baixo a presidencia do Cardeal Narcís Jubany e xunto á Fundación Círculo de Economía e o apoio de personalidades representativas da sociedade civil catalá, constituíron a fundación que creou a universidade: Universidade Ramon Llull Fundación Privada. Actualmente a Fundación ostenta o goberno supremo da URL a través do seu padroado.

Desde a súa constitución, a URL tivo unha estrutura de federación que potencia a personalidade dos centros que a integran. Nos seus anos de existencia, a Universidade Ramon Llull estendeu progresivamente as súas actividades e foi integrando ás seguintes novas institucións federadas, ata alcanzar as 10 institucións que actualmente a compón:[1]

Como centro asociado, atópase a Escola Superior de Deseño (ESDI).

Froito desta evolución foi a creación de novas facultades e escolas así como a ampliación da oferta de estudos ata, actualmente, 46 titulacións. A partir do curso 2006/2007 a Universidade Ramón Llull empezou a ofrecer estudos de posgrao oficiais dentro do marco do Espazo Europeo de Educación Superior.

NotasEditar

  1. "Institucións federadas da URL". Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2011. Consultado o 10 de novembro de 2011. 

Véxase taménEditar