Heban é unha obra literaria de Ryszard Kapuściński, escrita en lingua polaca e publicada en 1998. A obra foi traducida a diversas linguas, como o portugués (Ébano, febre africana, 2001),[1] inglés (The Shadow of the Sun, 2001), o castelán (Ébano, 2000) ou o catalán (Eben, 2006).

Heban
Autor/aRyszard Kapuściński
OrixePolonia
Linguapolaco
Xénero(s)Crónica
EditorialPenguin Books
Data de pub.1998
editar datos en Wikidata ]

Características editar

A obra componse de 29 relatos, ordenados de forma cronolóxica. Narra en primeira persoa as peripecias do autor mentres traballou como xornalista en África entre 1957 e a década de 1990. A obra está formada por un conxunto de 29 relatos escritos ao longo do tempo, formando unha visión da xeografía física e humana do continente negro, amais dun retrato do propio autor. Vaise relatando o proceso histórico vivido desde a esperanzadora descolonización a mediados do século XX, até as guerras e fames vividas na última década.

Sendo consciente da culpabilidade da herdanza colonial europea, non deixa de relatar os numerosos problemas das sociedades africanas e de criticar os conflitos dos seus gobernos.

Notas

  1. Kapuściński, Ryszard. (2001). Ébano, febre africana. (Trad. de Maria João Guimarães) Porto: Campo das Letras.