Para o artigo sobre o xeógrafo que explorou África, véxase Friedrich Gerhard Rohlfs.

Gerhard Rohlfs, nado en Berlín o 14 de xullo de 1892 e finado en Hirschau o 12 de setembro de 1986, foi un filólogo, lingüista e glotólogo alemán. Foi docente das universidades alemás de Múnic e Tubinga. Humanista de vasta cultura e amplos intereses, ten sido denominado o arqueólogo das palabras.

Infotaula de personaGerhard Rohlfs

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de xullo de 1892 Editar o valor em Wikidata
Berlín (Reich alemán) Editar o valor em Wikidata
Morte12 de setembro de 1986 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
Tubinga, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Membro da Academia de Atenas
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña do Oeste (1949–1986)
Reich alemán (1896–1949) Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Humboldt de Berlín
Universidade de Grenoble (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Múnic
Tubinga Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónlingüista , profesor universitario , romanista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Tubinga
Universidade de Múnic Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá, lingua italiana e lingua latina Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosEckart Rohlfs (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudos e investigacións editar

O seu inicio nos estudos lingüísticos comezou sobre a guía de Karl Jaberg e Jakob Jud, dos que recibiu o encargo de acometer un amplo estudo dos dialectos da Italia meridional, acabando laureado por unha tese titulada Griechen und Romanen in Unteritalien ( Gregos e romanos na Baixa Italia), publicada no 1924.

Ocupouse de glotoloxía e lingüística das linguas románicas e dos seus dialectos, principalmente dos pertencentes ás áreas lingüísticas da Italia meridional, nomedamente da áreas calabro-lucana e salentina (dialecto calabrés, salentino e cilentano). Publicou dous vocabularios completos do dialecto calabrés (Milán, 1938-1939) e do salentino (Múnic, 1956-1961).

Fundamental é a súa monumental obra en tres volumes Historische Grammatik der italienischen Sprache und ihrer Mundarten. Lehnen, München, 1949-1954 (Gramática histórica do idioma italiano e os seus dialectos), máis tarde traducida ao italiano.

Ocupouse extensamente da lingua grecánica, é dicir, o grego falado aínda en comunidades da Italia meridional, sostendo a tese[1] de que os usuarios desa lingua eran descendentes dos colonos helenos da Magna Grecia, opóndose á teoría de Giuseppe Morosi, quen sostiña, por contra, a descendencia de bizantinos, na estela das emigracións gregas dos séculos IX a XVI.

Recoñecemento editar

No 1974 un xurado designado polo Prof. Alessandro Faedo, Reitor da Universidade de Pisa, concedeulle o Premio Forte dei Marmi, na especialidade de Historia da Lingua Italiana.
O 14 de xullo de 2002, en ocasión do 110 aniversario do seu nacemento, o concello de Badolato deulle o seu nome á praza sita endiante das escolas elementais.
En Calabria G. Rohlf recibiu a cidadanía de honra dos concellos de Bova (1966), Candidoni (1979), Tropea e Cosenza (1981).

Notas editar

  1. Tese xa anticipada naa citada Griechen und Romanen in Unteritalien

Obras publicadas editar

Obras xerais:

  • Grammatica storica della lingua italiana e dei suoi dialetti. (en 3 volumes: Fonetica. Morfologia. Sintassi e formazione delle Parole), Einaudi, Turín, 1966-69, 1970.
  • Studi e ricerche su lingua e dialetti d'Italia. Sansoni, Florencia, 1972.
  • Die Herausbildung der Sprachräume auf der Pyrenäenhalbinsel. Querschnitt durch die neueste Forschung und Versuch einer Synthese. Akademie Verlag, Berlín, 1958 (trad. esp.: La formación de los dominios lingüísticos en la Península Ibérica).

Sobre as linguas occitanas:

  • Le gascon. Niemeyer, Tubinga, 1977, 3ª ed., aum.

Sobre os dialectos pirenaicos:

  • Beiträge zur Kenntnis der Pyrenäenmundarten, in Revue de Linguistique Romane, 7, 1933.

Filoloxía románica:

  • Panorama delle lingue neolatine. Narr, Tubinga, 1986.
  • Von Rom zur Romania. Tubinga, Narr, 1984.
  • Romanische Sprachgeographie. Beck, München, 1971.
  • Sermo vulgaris Latinus. Niemeyer, Tubinga, 1969.
  • Romanische Philologie: T. 1. Allgemeine Romanistik. Winter, Heidelberg, 1950.
  • Romanische Philologie: T. 2. Italienische Philologie. Winter, Heidelberg, 1952.

Sobre os dialectos da Italia meridional:

  • Nuovo Dizionario Dialettale della Calabria. Longo, Rávena, 1977 ISBN 88-8063-076-8 (sexta reimpresión , 2001)
  • Dizionario dialettale delle tre Calabrie. Milán-Halle, 1932-1939.
  • Vocabolario supplementare dei dialetti delle Tre Calabrie (che comprende il dialetto greco-calabro di Bova) con repertorio toponomastico. Verl. d. Bayer. Akad. d. Wiss., München, 2 volumes, 1966-1967
  • Vocabolario dei dialetti salentini (Terra de Otranto). Verl. d. Bayer. Akad. d. Wiss., München, 2 volumes (1956-1957) e 1 supl. (1961)
  • Studi linguistici sulla Lucania e sul Cilento. Congedo Editore, Galatina, 1988 (tradución ao cuidado de Elda Morlicchio, Atti e memorie nº 3, Universidade da Basilicata).
  • Mundarten und Griechentum des Cilento, in Zeitschrift für Romanische Philologie, 57, 1937, pp. 421– 461 (tradución en italiano, Gerhard Rohlfs, Studi linguistici sulla Lucania e sul Cilento. Galatina, Congedo Editore, 1988)
  • Supplemento ai vocabolari siciliani. Verlag der Bayer, München, Akad. d. Wiss., 1977
  • Historische Sprachschichten im modernen Sizilien. Verlag der Bayer, München, Akad. d. Wiss., 1975

Sobre os dialectos grecánicos:

  • Grammatica storica dei dialetti italogreci. Beck, München, 1977, nova ed. reelaborada e posta ao día.
  • Italogriechische Sprichwörter in linguistischer Konfrontation mit neugriechischen Dialekten. Verlag der Bayer. Akad. d. Wiss., München, 1971.
  • Lexicon graecanicum Italiae inferioris. Niemeyer, Tubinga, 1964.
  • Griechischer Sprachgeist in Süditalien. Bayerische Akademie d. Wissenschaften, München, 1947.

Sobre onomástica e toponomástica:

  • Aspectos de toponimia española, in Boletín de Filología, 12, 1951, páxs. 229-265.
  • Antroponimia e toponomastica nelle lingue neolatine. Narr, Tubinga, 1985 .
  • Dizionario storico dei soprannomi salentini. Congedo, Galatina, 1984 .
  • Dizionario dei Cognomi e Soprannomi in Calabria. Longo, Rávena, 1982.
  • Soprannomi siciliani. Centro di Studi filologici e linguistici siciliani, Palermo.

Literatura románica:

  • Recensión a Giambattista Basile, Il Pentamerone, é dicer La fiaba delle fiabe, traducida do antigo dialecto napolitano e editada con notas históricas de Benedetto Croce, en Deutsche Literatur Zeitung, Berlín, fasc. 33, 1926.
  • Italienische Novellen aus Mittelalter und Renaissance. Niemeyer, Halle (Saale), 1953