Abrir o menú principal

Giambattista Basile

poeta italiano

Giambattista Basile, nado en 1566 ou 1575 e finado en 1632, foi un escritor napolitano en lingua italiana.

Giambattista Basile
Giambattista Basile.jpg
Nacemento15 de febreiro de 1566
 Giugliano in Campania
Falecemento23 de febreiro de 1632
 Giugliano in Campania
NacionalidadeRepública de Venecia
Ocupaciónescritor, poeta, escritor de literatura infantil e político
Coñecido/a porPentamerone
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu no seo da clase media napolitana. Serviu como militar para varios príncipes italianos, entre eles o dogo veneciano. Foi na súa estadía veneciana cando comezou a escribir poesía. De volta a Nápoles estivo baixo a protección de Caracciolo d'Avellino.

É coñecido por escribir unha colección de contos, Lo cunto de li cunti overo lo trattenemiento de peccerille, que publicou postumamente a súa irmá en dous volumes en 1634 e 1636. Está construída segundo o modelo do Decamerón de Boccaccio, polo que é coñecida como o Pentamerone dende 1674. Nestes contos Basile recolleu e adoptou os contos escoitados nas súas viaxes entre Creta e Venecia. Moitos deles, posteriormente, foron adaptados por Charles Perrault e os irmáns Grimm, entre eles Cinsenta, Rapunzel, O gato con botas, A bela durminte ou Hansel e Gretel.