Gego

escultora venezolana

Gertrude Goldschmidt, máis coñecida como Gego, nada en Hamburgo, Alemaña en 1912 e finada en Caracas, Venezuela en 1994, foi unha artista, escultora, enxeñeira e arquitecta con nacionalidade alemá e venezolana.

Infotaula de personaGego
Biografía
Nacemento(de) Gertrud Goldschmidt Editar o valor em Wikidata
1 de agosto de 1912 Editar o valor em Wikidata
Hamburgo, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte17 de setembro de 1994 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Caracas, Venezuela Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoenza Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesGego Editar o valor em Wikidata
ResidenciaVenezuela (1939–)
Hamburgo Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeVenezuela (1952–)
Venezuela Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Estugarda (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultora , ilustradora , artista visual , mestra , pintora , arquitecta , debuxante Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Central de Venezuela Editar o valor em Wikidata
Catálogo críticoGego: Complete Works (1955-1990) (en) Traducir (2003) Editar o valor em Wikidata
Participou en
novembro de 2007Pinta Art Show (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Formación en Alemaña editar

Naceu na Baixa Saxonia, nunha familia de banqueiros, e trasladouse a Baden-Württemberg para estudar en Arquitectura e Enxeñaría, licenciándose pola Universidade Técnica de Stuttgart. Alí tivo contacto e estivo influída polos postulados da Bauhaus e o construtivismo ruso, sendo máis tarde o escultor de arte cinética Naum Gabo, profesor na Wchutemás de Moscova e colaborador na Bauhaus de Weimar, un dos artistas cos que tería máis relación.[1]

Gego, de orixe xudía, foi desposuída da cidadanía alemá, ficou apátrida á chegada do nazismo e viuse obrigada a abandonar Alemaña.

Migración a Venezuela editar

En 1939 co estalido da segunda guerra mundial emigrou a Venezuela, onde recibiu un contrato e un visado para traballar (máis tarde obtería a nacionalidade venezolana) como arquitecta e deseñadora industrial independente.[2][3] Instalouse en Caracas e abriu un estudo de deseño de mobiliario. Dixo que nunca se viu como unha artista, pero en 1953 comezou a crear obras de arte, animada polo seu compañeiro, o pintor Gerd Leufert. Aínda que se asentou en Venezuela, Gego fixo moitas viaxes a Europa e aos Estados Unidos para estudar e traballar.

Contexto editar

Chegado a Venezuela durante un boom económico, Gego estivo rodeado de artistas que estaban a gozar dun grande éxito. En América Latina e Venezuela as varias correntes da arte moderna, en sentido extenso, estaban de moda, e na arquitectura o estilo internacional e un incipiente movemento posmoderno, e Gego participou con entusiasmo. Os gobernos latinoamericanos estaban tentando pórse ao día dos avances da posguerra, crendo que fomentando o movemento da arte moderna e incorporando ideas da industria, a ciencia e a arquitectura, se verían como países en progreso.

Gego fixo a súa primeira escultura en 1957. Era consciente do movemento moderno pero non quería simplemente adoptar de forma acrítica as ideas da arte cinética, do construtivismo ou da abstracción xeométrica. Pola contra, quería crear o seu propio estilo xa que foi quen de utilizar moitos aspectos da súa vida na súa arte, como a súa herdanza alemá. Ao final, decatouse de que estes novos proxectos de "desenvolvemento" eran do agrado da elite e do goberno, pero ela quería unha arte que se relacionase coa comunidade local de Venezuela.

Liña e espazo editar

Gego explorou e incorporou as ideas do movemento, así como a importancia da experimentación e do espectador que propoñía a arte cinética. Unha das súas primeiras obras, Esfera (1959), está composta de bronce e aceiro pintado de diferentes anchos que se colocan en ángulos diferentes entre si para crear liñas e campos superpostos. Mentres o espectador percorre a peza, a relación visual entre as liñas cambiantes crea unha sensación de movemento. Esfera faise eco dos traballos realizados polos famosos artistas cinéticos Carlos Cruz-Díez e Jesús Rafael Soto. Non foi até mediados da década de 1960 cando Gego partiu dos fundamentos da arte cinética. Para Gego, unha liña habita o seu propio espazo e, como tal, non é un compoñente dunha obra máis grande senón unha obra en si mesma. Por iso nas súas obras de arte non utilizaba a liña para representar unha imaxe, a liña é a imaxe.

Mellorouse a resistencia ou finalidade da liña co uso de diferentes materiais, como aceiro, arame, chumbo, nailon e varios metais; ademais de relacionarse co seu interese pola arquitectura. Gego non só utiliza estes materiais para crear liñas nas súas enormes esculturas, senón tamén na súa serie titulada Debuxos sen papel. Pequenas obras que crea a partir de pezas de metal dobradas e tecidas para evocar movemento, experimentación e espontaneidade.

A idea de Gego de crear unha serie de obras titulada Debuxos sen papel reflexiona sobre a súa visión do espazo. Gego considera o espazo como unha forma propia, coma se a obra de arte ocupase o espazo da propia estancia. Dado que o seu traballo está baseado en redes, o espazo negativo está presente en todas partes, e pódese ver tanto o espazo negativo como o positivo. Pero realmente son as sombras creadas polas súas obras as que revelan a conexión integral entre a escultura e a estancia que ocupa. A artista, deste xeito, permítese xogar coa idea de elementos estábeis e inestábeis da arte.

Formación continuada: alumna e docente editar

Paralelamente á dedicación artística, compatibilizou a continua aprendizaxe en obradoiros e bolsas de estudos que foi obtendo, co seu rol como docente. Entre 1958 e 1977 foi profesora en institucións educativas de Venezuela, como a Escuela de Artes Plásticas Cristóbal Rojas (1958 - 1959), a Facultade de Arquitectura da Universidade Central de Venezuela (1958 - 1967) e o Design Institute, Neumann Foundation - INCE (1964 - 1977), da que foi membro fundador.[4]

En 1959 acompaña a Leufert para estudar na Universidade Estatal de Iowa, onde traballou nos obradoiros da universidade e no Lazansky Workshop. Despois, en 1960, estudou e traballou no taller Threitel-Gratz Co. de Nova York, onde realizou gravados e esculturas. Nese mesmo ano, en Caracas, xunto con outros artistas gráficos forman o Obradoiro de Artistas Gráficos Asociados, TAGA.

En 1963, Gego estudou especialización en sistemas pedagóxicos na Universidade de Berkeley en California, cunha bolsa do Consello para o Desenvolvemento Científico e Humanístico (CDCH) da Universidade Central de Venezuela. Ese mesmo ano asistiu ao Tamarind Lithography Workshop dos Ánxeles e realizou numerosas estampas no Pratt Graphic Art Institute de Nova York.

Obra a partir dos anos 50 editar

Entre 1953 e 1955 viviu na localidade de Tarma, na costa central de Venezuela, coa súa parella Gerd Leufert, apoio fundamental para o desenvolvemento da súa obra plástica. En 1956 regresan a Caracas, onde Gego comeza a súa produción de obra tridimensional grazas ao estímulo de Alejandro Otero e Jesús Soto.[5] En 1961 organizouse a súa primeira grande exposición individual no Museo de Belas Artes de Caracas titulada "Dibujos recientes". No ano 1962 realiza Escultura para la sede del Banco Industrial de Venezuela, a súa primeira grande obra de integración na arquitectura, recibindo o seu primeiro recoñecemento: o primeiro premio na categoría de debuxo na IV Exposición Nacional. Dibujo y Grabado. A partir do ano 1964 comezou a experimentar con arame de aceiro inoxidábel en lugar do ferro, o que lle permitiría considerar traballos lixeiros e xeración máis espontánea, articulacións flexíbeis e, tamén, liberarse do uso dos ferreiros para a artesanía das súas obras.

A partir de 1967, dedicouse a desenvolver o seu traballo visual en Caracas.

Reticuláreas editar

A súa serie de Reticuláreas é, sen dúbida, a máis popular das súas obras de arte. A súa primeira serie creouse en 1969. As pezas de aluminio e aceiro uníronse para crear un tecido de redes e teas que enchen toda a sala cando se expoñan. O seu uso da repetición e a superposición na estrutura masiva fai que a peza pareza interminábel. Desde a súa morte, a colección permanente Reticuláreas está albergada na Galería Nacional de Arte de Caracas, Venezuela.[6]

Finou en Caracas o 17 de setembro de 1994.[7]

Exposicións e obra en espazo público editar

Gego expuxo a súa obra maiormente no continente americano, en cidades de Venezuela (Caracas, Maracaibo, Barquisimeto), Colombia (Bogotá), México (Cidade de México) e EEUU (Houston, Nova York, Os Ánxeles, San Francisco, Miami...). A súa obra tamén foi exposta en Alemaña (Hamburgo, Stuttgart, Karlsruhe) e na Península Ibérica (no Museo Raíña Sofía de Madrid, na Fundación Serralves do Porto e no MACBA de Barcelona).[8]

Galería editar

Legado editar

Desde o seu pasamento en 1994, os seus fillos e netos tomaron a responsabilidade de preservar o seu legado artístico. Ese mesmo ano, fundaron a Fundación Gego para organizar a súa obra e promover a conciencia da súa contribución ao mundo da arte. A súa obra tamén foi recollida por institucións en Venezuela, Alemaña e os Estados Unidos, como o MoMA e a Biblioteca Pública de Nova York.[9] En 2012 fixéronse os 100 anos do seu nacemento e foi homenaxeada por diversas institucións, museos e galerías, en Venezuela e noutros países.

Notas editar

  1. Estilo, Fundación Cultural (2021-02-14). "El cosmos de Gego". E S T I L O / Online (en castelán). Consultado o 2022-05-07. 
  2. Diccionario biográfico de las artes visuales en Venezuela (PDF) (en castelán). Caracas: Fundación Galería de Arte Nacional. 2005. p. 512-515. ISBN 980-6420-18-7. 
  3. Frigeri, Flavia (2019). Mujeres Artistas (en castelán). 08017 Barcelona: Blume. p. 176. ISBN 978-84-17492-90-8. 
  4. "Fundacion Gego" (en castelán). Consultado o 2022-05-07. 
  5. "Gego (Gertrud Goldschmidt)". The Museum of Modern Art; MoMA (en inglés). Consultado o 2022-05-07. 
  6. Lygia Clark, Gego, Mathias Goeritz, Helio Oiticica, Mira Schendel, The Experimental Exercise of Freedom, ed. Susan Martin (Alemaña: Cantz, 1999). ISBN 978-0-914357-64-3.
  7. {{web citation |url=http://www.fundaciongego.com/texto_bio.swf |title=Copia arquivada |accessdate=28 de xullo de 2013 |archiveurl=https://web.archive.org/web/20150502061132/http://www.fundaciongego.com/texto_bio.swf |archiveurl=2 de maio de 2015 } }
  8. MACBA (ed.). "Gego". MACBA.cat (en catalán). 
  9. "Gego (Gertrud Goldschmidt)". The Museum of Modern Art; MoMA (en inglés). Consultado o 2022-05-07. 

Véxase tamén editar