Biblioteca Pública de Nova York

biblioteca en Nova York

A Biblioteca Pública de Nova York (en inglés New York Public Library, tamén coñecido polas siglas NYPL) é unha das bibliotecas máis grandes e importantes do mundo e a segunda con máis contido de América.[1]

Entrada á biblioteca.

A biblioteca caracterízase por ter unha gran cantidade de libros de acceso público xunto a outros dentro do edificio. É ademais, unha das bibliotecas públicas máis grandes dos Estados Unidos cun dos sistemas de procura de información máis extensos. A súa dirección está en mans dunha corporación privada, aínda que o seu carácter é non comercial debido ao seu uso público, e finánciase a través de fondos públicos e privados. O edificio da súa sede, facilmente recoñecible polas súas estatuas de leóns que se atopan a ambos os dous lados da entrada, foi declarado Monumento Histórico Nacional en 1965, e foi incluído no Rexistro Nacional de Lugares Históricos en 1966. O edificio apareceu en moitos programas de televisión, como Seinfeld e Sex and the City, e en películas como The Wiz (1978), Ghostbusters (1984) e The Day After Tomorrow (2004).

  1. "Top 10: Las bibliotecas más grandes del mundo". algarabia.com (en castelán). 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar