Seinfeld é unha comedia de situación estadounidense que se emitiu orixinalmente entre o 5 de xullo de 1989 e o 14 de maio de 1998 na NBC e que desde aquela se segue a emitir internacionalmente en moitas canles e nos Estados Unidos permanece en sindicación.

Seinfeld

Editar o valor en Wikidata
FormatoComedia de situación
Creado porLarry David
Jerry Seinfeld
Desenvolvido porCastle Rock Entertainment
Dirixido porArt Wolff (Pilot)
Tom Cherones (tempadas 1–5)
Andy Ackerman (tempadas 6–9)
IntérpretesJerry Seinfeld
Julia Louis-Dreyfus
Michael Richards
Jason Alexander
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)inglés
Episodios180
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Larry David (tempadas 1–7)
Howard West
George Shapiro
Andrew Scheinman (tempadas 2–4)
Jerry Seinfeld (tempadas 8–9)
Alec Berg (tempada 9)
Jeff Schaffer (tempada 9)
Localización(s)Nova York
Duración22 minutos
DistribuidorColumbia Pictures Television (1989–1998)
Columbia TriStar Television (1999–2002)
Sony Pictures Television (2002–actualidade)
Emisión orixinal
Canle de orixeNBC
Primeiro episodio5 de xullo de 1989
Derradeiro episodio14 de maio de 1998
Na rede
https://www.sonypictures.com/tv/shows/seinfeld/
IMDB: tt0098904 Filmaffinity: 604873 Allocine: 287 Rottentomatoes: tv/seinfeld Allmovie: v276165 Metacritic: tv/seinfeld TV.com: shows/seinfeld
Facebook: seinfeld Twitter: SeinfeldTV Instagram: seinfeldtv Youtube: UCgKQd4TdXUcXk_kMjpL__CA Netlix: 70153373 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Jerry Seinfeld, o protagonista da serie, en 1992

Desenvolvemento

editar

Creación de Larry David e Jerry Seinfeld, este último interpretando unha versión ficcionalizada de si propio. A acción transcorre fundamentalmente nun bloque de apartamentos en Manhattan, malia que se gravou nos Ánxeles), no que ademais do protagonista están os seus tres amigos George Costanza, Elaine Benes e Cosmo Kramer. Seinfeld produciuna Castle Rock Entertainment, distrubuída en asociación con Columbia Pictures Television e Columbia TriStar Television; Sony Pictures Television distribúe a serie desde 2002. Escrita principalmente por David e Seinfeld, participaron tamén numerosos outros guionistas, Larry Charles, Peter Mehlman, Gregg Kavet, Andy Robin, Carol Leifer, David Mandel, Jeff Schaffer, Steve Koren, Jennifer Crittenden, Tom Gammill, Max Pross, Charlie Rubin, Alec Berg e Spike Feresten.

A serie foi ben recibida pola crítica, converténdose nun fenómeno cultural e social, liderando os índices Nielsen na sexta e novena tempadas, rematando entre as dúas primeiras, xunto con ER cada ano entre 1994 e 1998. En 2002, a revista TV Guide proclamou a Seinfeld o mellor programa de televisión de tódolos tempos.[1]

  1. Cosgrove-Mather, Bootie (2002-04-26). "TV Guide Names Top 50 Shows". CBS News. Associated Press. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2002. Consultado o 29 de outubro de 2010.