Galicia, un relato no mundo

exposición celebrada na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) en 2019

Coordenadas: 42°52′15.19″N 8°31′41.28″O / 42.8708861, -8.5281333

Galicia, un relato no mundo foi unha exposición temporal da Xunta de Galicia no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, feita co gallo da celebración do Ano Santo Xacobeo do ano 2021. Inaugurouse o 15 de novembro de 2019 e rematou o 12 de abril de 2020.

DescriciónEditar

Comisariada por Manuel Gago Mariño, conta coa colaboración do Consello da Cultura Galega. Canda Manuel Gago, o comité científico está integrado por José Miguel Andrade, Beatriz Comendador Rey, José Manuel Costa García, Emilio Grandío Seoane, Juan M. Monterroso Montero e Rafael Rodríguez Martínez, ademais do asesoramento de Pilar Cagiao na área de emigración.[1]

Está composta por trescentas pezas, obras clave da cultura galega, algunhas delas nunca antes exhibidas en Galicia, procedentes de arredor de oitenta institucións, entre elas a Biblioteca Apostólica Vaticana, o Trinity College de Dublín, a Parker Library da Universidade de Cambridge e o Museu Nacional de Arqueologia de Lisboa.

Algunhas pezas da exposiciónEditar

 
O paraíso terrenal de Pieter Brueghel o Novo.
 
O xuízo final, de Giovanni Bernardino Azzolino.

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar