Mapa de Sawley

mapamundi medieval

O Mapa de Sawley é un mapamundi datado no ano 1190, e considérase o mapa enciclopédico máis antigo conservado das Illas Británicas.

Imago Mundi de Honorius of Autum (editado por Henry of Mainz) 1190.PNG

DatosEditar

Foi atopado na abadía de Sawley, un mosteiro cisterciense de Yorkshire, e está custodiado na Biblioteca Parker da Universidade de Cambridge.[1] A súa atribución ao arcebispo Henrique de Mainz é dubidosa.[2] Simboliza a catedral de Santiago de Compostela como o edificio máis importante dos representados[1], e emprégase na teorización de que na Idade Media se asociaba Compostela coa fin da Historia, coa apocalipse.[3]

Foi un dos obxectos incluídos na exposición Galicia, un relato no mundo.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "O Mapa de Sawley: Galicia como centro do mundo". GCiencia. 2019-11-09. Consultado o 2020-05-24. 
  2. Torna, Cilia. "O Mapa de Sawley: Galiza arredor de 1150". Nós Diario. Consultado o 2020-05-24. 
  3. Fraga, Xesús (2014-10-09). "Un mapa británico de 1190 sitúa Santiago como «final de la Historia»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2020-05-24. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar