Gabriel (nome)
nome masculino
Gabriel[1] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o hebreo Gabriél, cuxo significado é "a forza e o poder de Deus".
En xaneiro de 2023 existían 4.659 varóns en Galicia co nome Gabriel, cunha media de idade de 27 anos.[2]
Uso do nome
editarFai honra ao Arcanxo Gabriel, cuxa festividade é o 29 de setembro, día en que se recordan tamén aos arcanxos Miguel e Rafael. Así mesmo fai honra a Gabriel da Dolorosa, cuxa data de celebración é o 27 de febreiro. Outro dos seus significados é "home de Deus". O seu equivalente en lingua árabe é Gibán, que significa o anunciador. A forma Gabriel coincide na maioría das linguas achegadas ao galego. Non debeu ser un nome habitual en Galicia, xa que ningunha parroquia ten a San Gabriel coma padroeiro.
Variantes noutras linguas
editar- Árabe: جبريل (Jibril, Yibril o Djibril)
- Belaruso: Гаўрыла
- Búlgaro: Гавраил (Gavrail), Гаврило (Gavrilo)
- Castelán: Gabriel
- Catalán: Gabriel, Biel (Variante nas Illas Baleares)
- Checo: Gabriel
- Eslovaco: Gabriel
- Éuscaro: Gabirel
- Francés: Gabriel
- Grego: Γαβριήλ (Gavriil)
- Hebraico: גַּבְרִיאֵל (Gavriʼel)
- Húngaro: Gábor
- Irlandés: Gabriel, Gaibrial
- Italiano: Gabriele
- Lituano: Gabrielius
- Polaco: Gabriel
- Portugués: Gabriel
- Romanés: Gabriel, Gabi, Gavriil
- Ruso: Гавриил (Gavriil), Гаврил (Gavrila), Гаврила (Gavrila); diminutivos]]: Gavrik, Gavryusha
- Serbio: Гаврило (Gavrilo)
- Xeorxiano: გაბრიელი (Gabrieli)