Fosa cubital
A fosa cubital, tamén chamada fosa do cóbado, sangría ou sangradoiro, é unha zona anatómica situada entre o brazo e o antebrazo.
Fosa cubital | |
---|---|
Antebrazo. | |
Latín | fossa cubitalis |
Situación e estrutura
editarEstá situada por diante do cóbado e ten forma triangular, formada por dous músculos:
- Músculo braquiorradial, que se orixina na crista supracondílea lateral do úmero
- Músculo pronador redondo, que ten a súa orixe no epicóndilo medial úmeral
A base do triángulo é unha liña imaxinaria horizontal que pasa entre os epicóndilos medial e lateral (ou entre epicóndilo e epitrocleo segundo a denominación latina). O chan da fosa está formado polo músculo braquial anterior. O contido da fosa, de dentro a fóra é:
A arteria braquial adoita bifurcarse na arteria radial e na arteria cubital no vértice da fosa, índa que ás veces, a bifurcación prodúcese moito antes. Neste punto é no que se coloca o fonendoscopio para medir a presión arterial.
O nervio mediano sitúase por dentro da arteria braquial e sae da fosa entre as dúas porcións do músculo pronador redondo. Tanto a arteria coma o nervio están protexidos na parte de adiante da fosa pola aponeurose bicipital. É unha membrana delgada de tecido conxuntivo, que se estende entre a superficie medial ou interna do tendón do músculo bíceps braquial e a fascia fonda do antebrazo.
O nervio radial sitúase xusto por debaixo o bordo do músculo braquiorradial, que forma o bordo lateral da fosa. Nesta posición, o nervio radial divídese nunha póla superficial e noutra fonda:
- A póla superficial continúa polo antebrazo, por debaixo do músculo braquiorradial
- A póla fonda pasa entre as dúas porcións do músculo supinador longo para acadar a parte posterior do antebrazo
O teito da fosa está formado pola fascia superficial e a pel. Por este teito discorre a vea mediana, que cruza diagonalmente a fosa para conectar a vea cefálica coa vea basílica. A aponeurose bicipital separa a vea mediana do cóbado da arteria braquial e do nervio mediano. Tamén se achan no teito os nervios cutáneo medial do antebrazo e cutáneo lateral do antebrazo.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Drake, Richard; A. Wayne Vogl & Adam W. M. Mitchell (2013): Gray. Anatomía básica. Madrid: S. A. Elsevier España. ISBN 978-84-8086-942-3 (en castelán).
- Moore, Keith L.; Arthur F. Dalley & Anne M. R. Agur (2013): Anatomia Con Orientacion Clinica Arquivado 25 de outubro de 2019 en Wayback Machine., 7ª ed. Barcelona: Wolters Kluwer España, S. A. ISBN 978-84-96921-47-4 (en castelán).
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- The cubital fossa Arquivado 24 de setembro de 2006 en Wayback Machine. en Anaesthesia UK (en inglés).