Arteria braquial
A arteria braquial ou arteria umeral é unha arteria do membro superior. Áchase no compartimento anterior do brazo. Comeza no bordo inferior do músculo redondo maior, coma prolongación da arteria axilar, e termina na articulación do cóbado, onde se bifurca en arteria radial e arteria cubital.
Na zona proximal do brazo, a arteria braquial sitúase na superficie medial. Na zona distal do brazo, desprázase en sentido lateral, para adoptar unha posición a medio camiño entre o epicóndilo lateral e o medial do úmero. Cruza a articulación do cóbado polo lado anterior, onde se sitúa inmediatamente por dentro do tendón do bíceps braquial.
Pólas
editarVan destinadas a abastecer os músculos do brazo. As pólas máis importantes son:
- Arteria braquial fonda
- Dúas arterias cubitais, que se distribúen polo cóbado, formando un plexo vascular.
- Arterias nutricias do úmero