Filmes propostos ó mellor filme internacional na 36ª edición dos Óscar

artigo de listas da Wikimedia

Os seguintes 14 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 36ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Grecia, Italia, o Xapón, Polonia e España.

Federico Fellini, director do filme gañador.

O gañador foi de Federico Fellini, en representación de Italia.[1]

Polonia e a Unión Soviética presentaron os seus filmes por vez primeira. Despois desta edición, Paquistán non volveu presentar un filme até o ano 2013, con Zinda Bhaag.

Propostas editar

País Título Lingua(s) Director(es) Resultado
  España Los Tarantos Castelán Francisco Rovira Beleta
Nomeado
  Francia Le feu follet Francés Louis Malle Non nomeado
  Grecia Ta kokkina fanaria Grego Vasilis Georgiadis
Nomeado
  Hong Kong Liáng Shānbó yǔ Zhù Yīngtái Mandarín Li Han-hsiang Non nomeado
  India Mahanagar Bengalí Satyajit Ray Non nomeado
  Italia Fellini 8½ Italiano Federico Fellini Premio da Academia
  Iugoslavia Kozara Serbocroata Veljko Bulajić Non nomeado
  México El hombre de papel Castelán Ismael Rodríguez Non nomeado
  Países Baixos Als twee druppels water Neerlandés Fons Rademakers Non nomeado
  Paquistán Ghunghat Urdú Khurshid Anwar Non nomeado
  Polonia Nóż w wodzie Polaco Roman Polanski
Nomeado
  Suecia Tystnaden Sueco Ingmar Bergman Non nomeado
  Unión Soviética Ivanovo detstvo Ruso Andrei Tarkovsky Non nomeado
  Xapón Koto Xaponés Noboru Nakamura
Nomeado

Notas editar

  1. oscars.org (ed.). "The 36th Academy Awards (1964) Nominees and Winners". Consultado o 3 de novembro de 2011.