Nóż w wodzie
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Nóż w wodzie (literalmente: "coitelo na auga") é un filme polonés do ano 1962 dirixido por Roman Polanski. Trátase dun drama con elementos de psico-thriller que se centra na saída en barca que fai unha parella nova de namorados. A idílica e tranquila excursión vese perturbada pola aparición dun mozo transeúnte a quen deixan subir á barca e que acabará poñendo a proba a consistencia da parella. Nóż w wodzie foi a primeira longametraxe do seu director e está considerada o comezo da súa carreira internacional, ao gañar o premio da crítica do Festival de Cinema de Venecia e ser candidata ao Óscar á mellor película de lingua non inglesa de 1964.
Nóż w wodzie | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Nóż w wodzie |
Director | Roman Polanski |
Produtor | Stanislaw Zylewicz |
Guión | Roman Polanski Jakub Goldberg Jerzy Skolimowski |
Intérpretes | Leon Niemczyk Jolanta Umecka Zygmunt Malanowicz Roman Polanski (voice) Anna Ciepielewska (voz) |
Música | Krzysztof T. Komeda |
Fotografía | Jerzy Lipman |
Montaxe | Halina Prugar-Ketling |
Distribuidora | Zespol Filmowy |
Estrea | 3 de setembro de 1962 |
Duración | 94 minutos |
Orixe | Polonia |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
ArgumentoEditar
O exitoso xornalista Andrzej (Leon Niemczyk) é a súa parella Krystyna (Jolanta Umecka) van pasar unha fin de semana aos lagos de Masuria para navegar co seu veleiro. Polo camiño atópanse cun transeúnte novo (Zygmunt Malanowicz) ao que convidan á excursión; o mozo que non sabe nada de navegación e aprende de Andrzej. Porén, ao longo da xornada prodúcense constantes confrontacións verbais entre o burgués Andrzej e o rebelde e libertario convidado, que ten un gran coitelo co que xoga e se entretén ao longo da excursión. Os dous mozos, para impresionar a Krystyna miden dun ou doutro xeito as súas forzas, sen que ningún dos dous se impoña como claro gañador.
Pola mañá, logo de pasar a noite no veleiro, Andrzej sorprende a súa parella conversando distendidamente co mozo. Prodúcese entón un enfrontamento entre os dous homes e Andrzej acaba guindando o preciado coitelo na auga, negándose logo a recuperalo, polo que o convidado brinca na auga pese a non saber nadar. Tras un tempo sen rastro do mozo a parella teme que afogase e os dous bótanse á auga para atopalo, sen éxito. Andrzej achégase ata a policía para informar da súa desaparición, mais o transeúnte non afogara senón que quedara agochado nunha boia e cando sabe que a rapaza está soa volta á embarcación. Despois de discutir reconcílianse e acábanse deitando xuntos. O veleiro volve á costa e o mozo deixa a embarcación para que non o vexa Andrzej, que espera a Krystyna no peirao. El explícalle que finalmente non se atreveu a avisar a policía e ela confésalle o que pasou pola noite e a súa infidelidade. Andrzej non a cre e continúa convencido da morte do rapaz. A parella volve á casa e cando ao chegar atopan unha encrucillada, conducindo un dos camiños á policía, o coche permanece indeciso.
Véxase taménEditar
A Galipedia ten un portal sobre: Cine |
Outros artigosEditar
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 36ª edición dos Óscar
- Filmes de Polonia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
Ligazóns externasEditar
- Knife in the Water at culture.pl
- Knife in the Water an essay by Peter Cowie at the Criterion Collection