Festival de Eurovisión Júnior

O Festival da Canción de Eurovisión Júnior (Junior Eurovision Song Contest, en inglés) é un concurso organizado pola Unión Europea de Radiodifusión, a imaxe e semellanza do Festival de Eurovisión, pero para nenos de entre 8 e 16 anos.

Festival da Canción de Eurovisión Júnior
Localización Europa
Anos Dende 2003
Nº edicións 18
Fundadores
Data Novembro (14 edicións) - decembro (4 edicións)
Xénero Todos
Organizador Unión Europea de Radiodifusión
Web oficial http://www.junioreurovision.tv/
Na rede Facebook: junioreurovision Twitter: EurovisionJr Instagram: junioreurovisionofficial Youtube: UC-lkYjunAyfultKGuRJz6HQ Editar o valor em Wikidata

O ano anterior á primeira edición celebrouse un festival similar, o Melodi Grand Prix Nordic, no que só participaron tres países escandinavos; este festival gañouno Razz por Dinamarca coa canción Kickflipper. A imaxe deste festival, a Unión Europea de Radiodifusión decidiu organizar o Festival de Eurovisión Júnior 2003, que tivo lugar en Copenhaguen o 15 de novembro de 2003.

Iniciouse con varios países da Europa Occidental, con todo, ano tras ano aumentaron os países de Europa do Leste e fóronse retirando os que iniciaron o concurso.

Segundo o posicionamento, tanto Belarús como Armenia son os países máis exitosos na historia do festival, con cinco posicionamentos no top 3. Belarús e Xeorxia son os únicos países en gañar o festival máis dunha vez; o primeiro tivo dúas vitorias no 2005 e 2007, e o segundo gañouno no 2008 e 2011.

A maior vitoria foi a da cantante española María Isabel no 2004 que logrou 171 puntos, batendo un récord que aínda non foi superado, con 8 puntuacións máximas. A canción Antes muerta que sencilla segue sendo a de máis éxito do festival.

Nas primeiras seis edicións (do 2003 ao 2008), o festival tivo boa aceptación en países interesados en participar. A partir da edición do 2009 celebrada en Ucraína, o festival empezou un declive que se agudizou nas edicións do 2012 e 2013, ao participar só 12 países, a maioría novos. Na edición do 2014 que se celebrou en Malta, igualouse o número de participantes das edicións do 2003 e 2005, un total de 16. Cómpre destacar o retorno de Bulgaria (ausente dende o 2012), Chipre (ausente dende o 2010) e Serbia (ausente dende o 2011) e o debut de tres países: Eslovenia, Italia e Montenegro. En contraste, Acerbaixán, Macedonia e Moldavia son os tres países que participaron no 2013 e non no 2014.

Sedes editar

Ano País Cidade Lugar Participantes
2003   Dinamarca Copenhaguen Forum Copenhagen 16
2004   Noruega Lillehammer Håkons Hall 18
2005   Bélxica Hasselt Ethias Arena 16
2006   Romanía Bucarest Sala Polivalenta 15
2007   Países Baixos Rotterdam Ahoy 17
2008   Chipre[1] Limasol Palais des sports 15
2009   Ucraína[2] Kíiv Palace of Sports 13
2010   Belarús Minsk Minsk Arena 14
2011   Armenia[3] Iereván Karen Demirchyan Arena 13
2012   Países Baixos[4][5] Ámsterdam Heineken Music Hall 12
2013   Ucraína Kíiv Palacio Nacional das Artes da Ucraína 12
2014   Malta[6][7] Malta Shipbuilding 16
2015   Bulgaria Sofía Arena Armeec 17
2016   Malta A Valeta Centro de Conferencias do Mediterráneo 17
2017   Xeorxia Tiflis Palacio Olímpico de Tiflis 16
2018   Belarús [8] Minsk Minsk Arena 20
2019   Polonia Gliwice-Silesia Arena Gliwice 19
2020   Polonia Varsovia Sede de TVP 12

Participación editar

 
Participaciones dende 2003:      Participaron polo menos unha vez      Nunca participaron, pero poden facelo
Ano Países segundo comezan a participar
2003   Belarús,   Bélxica,   Croacia,  Chipre,
  Dinamarca,   Grecia,   Letonia,   Macedonia,
  Malta,   Países Baixos,   Noruega,   Polonia,
  Romanía,   España,   Suecia,   Reino Unido
2004   Francia,   Suíza
2005   Rusia,   Serbia e Montenegro
2006   Portugal,   Serbia,   Ucraína
2007   Armenia,   Bulgaria,   Xeorxia,   Lituania
2010   Moldavia
2012   Israel,   Albania,   Acerbaixán
2013   San Mariño
2014   Eslovenia,   Italia,   Montenegro
2015   Chipre,   Croacia,   Suecia
2016   Eslovenia,   Montenegro,   San Marino
2017   Bulgaria,   Israel
2018   Chipre
2019
2020   Alemaña

Países gañadores editar

 
Mapa de gañadores.
Ano País gañador Canción Intérprete Puntos Segundo lugar Terceiro lugar Data Sede
2003   Croacia Ti Si Moja Prva Ljubav Dino Jelusić 134   España   Reino Unido 15 de novembro de 2003   Copenhague
2004   España Antes muerta que sencilla María Isabel 171   Reino Unido   Croacia 20 de novembro de 2004   Lillehammer
2005   Belarús My Vmeste Ksenia Sitnik 149   España   Noruega 26 de novembro de 2005   Hasselt
2006   Rusia Veseniy Jazz Xemelgas Tolmachevy 154   Belarús   Suecia 2 de decembro de 2006   Bucarest
2007   Belarús S' Druzyami Alekséi Zhigalkóvich 137   Armenia   Serbia 8 de decembro de 2007   Rotterdam
2008   Xeorxia Bzz... Bzikebi 154   Ucraína   Lituania 22 de novembro de 2008   Limassol
2009   Países Baixos Click Clack Ralf Mackenbach 121   Armenia   Rusia 21 de novembro de 2009   Kíiv
2010   Armenia[9] Mama Vladimir Arzumanyan 120   Rusia   Serbia 20 de novembro de 2010   Minsk
2011   Xeorxia[10] Candy Music CANDY 108   Países Baixos   Belarús 3 de decembro de 2011   Ereván[3]
2012   Ucraína Nebo Anastasiya Petryk 138   Xeorxia   Armenia 1 de decembro de 2012   Ámsterdam[5]
2013   Malta The Start Gaia Cauchi 130   Ucraína   Belarús 30 de novembro de 2013   Kíiv
2014   Italia Tu Primo Grande Amore Vincenzo Cantiello 159   Bulgaria   Armenia 15 de novembro de 2014   Malta
2015   Malta Not My Soul Destiny Chukunyere 185   Armenia   Eslovenia 21 de novembro de 2015   Bulgaria
2016   Xeorxia Mzeo Mariam Mamadashvili 239   Armenia   Italia 20 de novembro de 2016   A Valeta
2017   Rusia Kryl'ya Polina Bogusevich 188   Xeorxia   Australia 26 de novembro de 2017   Tiflis
2018   Polonia Anyone I Want To Be Roksana Węgiel 215   Francia   Australia 25 de novembro de 2018   Minsk
2019   Polonia Superhero Viki Gabor 278   Casaquistán   España 24 de novembro de 2019   Gliwice-Silesia
2020   Francia J'imagine Valentine 200   Casaquistán   España 29 de novembro de 2019   Varsovia

Notas editar

  1. Jesús Palacios (9 de decembro de 2007). "Limassol, en Chipre, será la sede de Eurovisión Junior 2008". Eurovision-spain.com (en español). 
  2. José García Hernández (8 de xuño de 2009). "Suecia retorna na edición de 2009 celebrada en Kiev. E Belarús será a sede de 2010". Eurovision-spain.com (en español). 
  3. 3,0 3,1 "Armenia será a sede de Eurojunior 2011". AEVeurovision.com (en español). 18 de xaneiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2011. Consultado o 19 de febreiro de 2015. 
  4. Jarmo (11 de outubro de 2011). "Netherlands to host Junior 2012". AEVeurovision.com (en inglés). 
  5. 5,0 5,1 M. Loredo (13 de outubro de 2011). "Países Bajos volverá a organizar Eurovisión Junior en 2012". Eurovision-spain.com (en español). 
  6. Non se designou o nome de ningunha cidade sede oficial, se non que a isla de Malta foi designada como sede do festival, O recinto da sede atopábase na localidade de Marsa.
  7. http://www.junioreurovision.tv/page/blog?id=malta_to_host_junior_eurovision_2014
  8. Jordan, Paul (15 de outubro de 2017). "Minsk announced as the host city for Junior Eurovision 2018!". junioreurovision.tv. EBU. 
  9. "Armenia gana el Eurojunior por 1 punto". AEVeurovisión.com. 15 de decembro de 2010. 
  10. "CANDY from Georgia win Junior 2011!". Eurovision.tv (en inglés). 3 de decembro de 2011.