Destiny Chukunyere

cantante maltesa

Destiny Chukunyere M.Q.R. é unha cantante maltesa. Ela gañou o Festival de Eurovisión Júnior 2015 en Sofía, Bulgaria.

Destiny Chukunyere
M.Q.R.
AliasBirkirkara, Malta
Data nacemento19 de xaneiro de 2002 (22 anos)
Nado en Birkirkara, Malta
OcupaciónCantante e estudante
XéneroPop · Soul · R&B
Instrumento(s)Voz
Tempo en activo2013 - actualidade
Na rede
http://destiny.mt
IMDB: nm11505413 Facebook: destiny.chukunyere.official Twitter: destinychukuny Instagram: destinyofficial_x Youtube: UCs8F0MHlT1TD4Jzan0V9scg Spotify: 1D6ueetjwqW491iboMI3NT Last fm: Destiny+Chukunyere Musicbrainz: 2b8201ce-7799-4e2c-9cfe-b9b21c55d48d Discogs: 6817720 Allmusic: mn0003455619 Deezer: 62769 Genius: Destiny-mt Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Biografía editar

Destiny naceu o 19 de xaneiro de 2002. Ela vive en Birkirkara e na actualidade estuda secundaria en Ħamrun. Ten ascendencia nixeriana-maltesa, o seu pai é o ex xogador de fútbol nixeriano Ndubisi Chukunyere mentres que a nai é maltesa.[1]

Destiny comezou a cantar á idade de nove anos. Antes da súa participación no Festival de Eurovisión Júnior, ela participou en varias competicións incluíndo o Festival Kanzunetta Indipendenza 2014 onde quedou terceira coa canción "Festa t'Ilwien" e gañou o Asterisk Music Festival e o SanRemo Júnior en Italia.

O 11 de xullo de 2015, Chukunyere gañou a final nacional maltesa no Mediterranean Conference Centre na Valeta. Ela representou a Malta no Festival de Eurovisión Júnior 2015, en Sofía, Bulgaria o 21 de novembro de 2015. Chukunyere gañou a final nacional coa canción de Aretha Franklin "Think". O 21 de novembro gañou o festival europeo coa canción "Not My Soul" con 185 puntos, rompendo o récord de puntos conseguido por España no Festival de Eurovisión Júnior 2004 con María Isabel e a súa canción "Antes muerta que sencilla".[2]

O 13 de decembro de 2015, Destiny foi condecorada coa Midalja għall-Qadi tar-Repubblika.[3]

Notas editar

  1. ""Xħin rebħet binti, aġixxejt qisni rbaħt logħba futbol" - Ndubisi Chuckunyere". Newsbook (en maltés). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 13 de xullo de 2015. 
  2. "Breaking News: Congratulations, Malta!". UER. Consultado o 21 de novembro de 2015. 
  3. "Junior Eurovision 2015 winning team feature in Republic Day honours". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 13 de decembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar