España no Festival de Eurovisión Júnior

España foi un dos países que debutou no Festival de Eurovisión Júnior 2003, e é o que mellor percorrido e posicións levou no certame, obtendo unha vitoria en 2004 coa artista María Isabel e a súa canción Antes muerta que sencilla, dous segundos postos e un cuarto posto como posición máis baixa. A pesar dos seus bos resultados, a RTVE decidiu en 2007 non volver participar no certame porque, segundo Javier Pons, ex-director de RTVE, "fomenta estereotipos que non compartimos" e tamén pola "explotación" á que se someten os nenos.

España

EuroEspaña.svg

Estación membro TVE
Final nacional Eurojunior
Aparicións 4
Primeira aparición 2003
Mellor resultado
Final 2004
Semifinal
Peor resultado
Final 2006
Semifinal
Ligazóns externas
Páxina de España en JuniorEurovision.tv

No Festival de Eurovisión Júnior 2011, coa intención de aumentar o número de participantes para asegurar a viabilidade do concurso, a UER negociou ata o último momento coas televisións de España, Italia e San Marino. Se ben a RTVE amosou certo interese en participar no certame, España non puido confirmar a súa participación a tempo, polo tanto non puido participar nel. Agardábase que España retornara ao festival en 2014 cun canle de televisión privado non-membro da UER (Atresmedia ou Mediaset España), sendo esta participación baixo permiso especial do organismo europeo pero problemas burocráticos o impediron.

ParticipaciónsEditar

Ano Sede Artista Canción Lugar Puntos
2006   Bucarest Dani Fernández Te doy mi voz 4 90
2005   Hasselt Antonio José Te traigo flores 2 146
2004   Lillehammer María Isabel Antes muerta que sencilla 1 171
2003   Copenhaguen Sergio Desde el cielo 2 137

VotaciónsEditar

España deu máis puntos a:

Posición País Ptos.
1   Romanía 40
2   Dinamarca 26
3   Bélxica 22
4   Reino Unido 20
5   Belarús 19

España recibiu máis puntos de:

Posición País Ptos.
1   Romanía 40
2   Bélxica 39
3   Grecia 35
4   Suecia 34
5   Chipre 33

12 puntosEditar

Ano País
2003   Dinamarca
2004   Romanía
2005   Romanía
2006   Romanía

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar