Iereván

(Redirección desde «Ereván»)

Coordenadas: 40°10′53″N 44°30′52″L / 40.181388888889, 44.514444444444

Iereván[1][2] ou Ereván[3] (en armenio: Երևան , pronunciado [ˌjerəˈvɑːn]; ruso: Ереван) é a capital de Armenia. Localizada nas ribeiras do río Hrazdan a 1.200 m de altitude, ten 1 088 300 habitantes (2004).

Iereván
Երևան
Imaxes de Iereván
Localización
Iereván en Armenia
Iereván
Iereván
País Armenia
Xeografía
Altitude989,4 msnm
Superficie223 km²
Demografía
Poboación1 060 138 hab. (2011)
Densidade4 754 hab/km²
Outros datos
Código postal0001-0099
AlcaldeTaron Margaryan (HHK)
www.yerevan.am

Historia Editar

Véxase tamén: Historia de Armenia.

Historia antiga Editar

Iereván é unha cidade antiga que aparece xa nunha estela do rei de Urartu Argishti I, que lembra a fundación de Erebuni (Էրեբունի) no ano 782 a.C.; na actualidade aínda se conservan as ruínas da fortaleza. Desde entón ten sido un lugar de importancia estratéxica e unha encrucillada de camiños nas rutes de caravanas que ligaban Europa e a India. Foi denominada Iereván (ou Ereván) desde, polo menos, o século VII a.C., cando era capital de Armenia so dominio dos persas.

A cidade seguiu, en xeral, o destino de Armenia, sendo disputada por romanos e persas ou partos, até que pasou a dominio musulmán e de sucesivas dinastías rexionais. Máis tarde foi obxecto de disputa entre Persia e o Imperio Otomán. Foi sede seu dun Khanato independente á morte de Nadir Shah (Khanato de Iereván). Conquistada por Rúsia en 1827, os persas cedérona formalmente en 1828.

Historia contemporánea Editar

No ano 1918, ao rematar a primeira guerra mundial, foi declarada capital da nova República independente de Armenia, e entre 1920 e 1990 foino da República Socialista Soviética de Armenia, dentro da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas. En 1991, xa co país de novo independente, mantivo o rango de capitalidade e o seu urbanismo foi remodelado para tentar eliminar as características soviéticas.

Notas Editar

  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 116. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 05 de decembro de 2014. 
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 127. ISBN 84-8158-266-2. 
  3. Anaya, ed. (1996). Atlas de Galicia e de España. ISBN 9788420765945. 

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.