Felipe Cordero Carrete
Felipe Ramón Cordero Carrete, nado en Redondela en 1895 e finado en Santiago de Compostela en 1988, foi un profesor e estudoso galego.
Felipe Cordero Carrete | |
---|---|
Nacemento | 1895 |
Lugar de nacemento | Redondela |
Falecemento | 1988 |
Lugar de falecemento | Santiago de Compostela |
Nacionalidade | España |
Organización | Seminario de Estudos Galegos Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Bisneto de Ramón Carrete-de Losada Pardo, foi fillo de Felipe Cordero Escalona e Elisa Carrete Rebolledo, e irmán de Geranfel, Maruja e Margot Cordero Carrete.
Criouse en Porto Rico, onde estudou odontoloxía. Retornou a Galicia como herdeiro do seu tío. Na II República foi profesor auxiliar de clases prácticas de inglés e director da Residencia de Estudantes da Universidade de Santiago de Compostela. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi separado da docencia universitaria. Traballou no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, do que foi secretario, e publicou artigos nos Cuadernos de Estudios Gallegos. Foi promotor e xerente da Editorial de los Bibliófilos Gallegos.
Casou con Maruja Mucientes.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- "Cordero Carrete, Felipe Ramón". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Bibliófilos Gallegos. p. 198.
Ligazóns externasEditar
- Felipe Cordero Carrete na páxina web Nomes e Voces.
- Epistolario Luís Seoane