Felipe Martínez Marzoa
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xaneiro de 2022) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Faltan ligazóns internas neste artigo ou sección. Por favor, axude wikificándoo. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2019.) |
Felipe Martínez Marzoa, nado en Vigo o 8 de outubro de 1943, é un filósofo galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de outubro de 1943 (81 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | filósofo, profesor universitario, escritor |
Empregador | Universidade de Barcelona |
Traxectoria
editarÁ idade de 29 anos, publica os dous volumes da primeira edición da súa Historia da filosofía, tras realizar estudos de filosofía, matemáticas e grego. Desde entón, a súa obra, non exenta de polémica, permanece fiel ao propósito hermenéutico da historia da filosofía.
En 1982 presenta a súa tese doutoral sobre "A teoría do valor de Marx na filosofía moderna", dirixida por Jacobo Muñoz Veiga, na Universidade Complutense de Madrid. O estudo e a influencia de Heidegger, recoñecida nalgún momento da súa obra, lévano a afastarse da análise dos seus textos para centrar definitivamente o seu labor hermenéutico en dous ámbitos da historia da filosofía: o grego e o moderno.
En 1985 obtén a cátedra de Historia da Filosofía da Facultade de Filosofía da Universidade de Barcelona. A solidez da súa obra e a súa adhesión ao rigor da filosofía, convertérono, segundo algunhas opinións, nun dos pensadores máis influentes da filosofía contemporánea en lingua castelá. Desde o curso 2006/2007 está prexubilado.
Filosofía
editarLiñas de pensamento
editarA súa obra iníciase con escritos propedéuticos de filosofía, e con estudos sobre Marx. Paulatinamente abandona a temática política e oriéntase cara á problemática da fenomenoloxía lingüística e da hermenéutica dos textos gregos, así como cara ao estudo da filosofía alemá no período que abrangue de Leibniz a Nietzsche, traballando sobre as figuras de Leibniz, Kant e Hölderling. Durante a primeira década do século XXI, tras uns anos de labor fixado na hermenéutica dos textos gregos de Homero, Aristóteles, Aristófanes, Platón e Esquilo entre outros, centra a súa investigación e as súas obras na interpretación de Hume e de Hobbes.
Algunhas das súas teses principais versan sobre a irredutibilidade do ser en Grecia, a importancia do cristianismo como mediador entre Grecia e a modernidade, a física matemática e a calculabilidade do ente moderno, e a distancia hermenéutica da historia da filosofía desde Nietzsche ata os nosos días.
Escritos propedéuticos
editarA súa obra iníciase con escritos propedéuticos de filosofía, sintetizados principalmente nos dous tomos de Historia de la Filosofía (1973-1975) e Iniciación a la Filosofía (1974), nas cales se remite fundamentalmente á obra orixinal dos pensadores que trata, baseándose na idea central de que a historia da filosofía ten que ser, ante todo, unha investigación acerca da natureza dos conceptos filosóficos básicos, como o siloxismo, a proposición, o universal, a teoría das ideas, as categorías, a esencia das verdades matemáticas ou a lóxica simbólica.
Estudos marxistas
editarPosteriormente, Marzoa dedicarase ao estudo do marxismo, publicando un conxunto de ensaios recompilados en De la revolución (1976) e en Ensaios marxistas (1978), obra escrita primeiramente en galego que será traducida ao castelán con certas incorporacións baixo o nome de Revolución e Ideología (1979). A postura adoptada por Marzoa, definida como marxismo heideggeriano, entrará en confrontación co marxismo máis ortodoxo da España do seu tempo. A culminación do seu labor académico de orientación marxista darase coa publicación da polémica obra La Filosofía en «El Capital» de Marx (1983), o núcleo do seu traballo sobre Marx e Heidegger. Nesta obra realiza unha crítica aos escritos marxistas, debido á falta de rigor nos conceptos definidos por Marx. Deste modo, Marzoa propón unha lectura ontolóxica da teoría do valor.
O autor non considera o marxismo unha verdadeira corrente filosófica, xa que os conceptos que no marxismo se mostran como leis universais non son aplicables fóra deste. Conceptos utilizados polo marxismo, como “ideoloxía”, só se refiren ao caso singular da análise da sociedade capitalista e non se poden utilizar para épocas anteriores, polo que non son conceptos universais. Desa forma, nesta obra encóntranse dúas teses: en primeiro lugar, que todo o Das Kapital pode se pode entender como a exposición desenvolvida da teoría do valor e, en segundo lugar, que a teoría do valor é unha ontoloxía. Tras expoñer estas dúas teses, Marzoa proponse demostrar que a lei do valor se corresponde efectivamente coas condicións ontolóxicas da experiencia moderna do ente asumindo que as manifestacións representativas desta experiencia son, por un lado, o feito moderno da ciencia e, polo outro, o feito moderno do Estado.
Problemática da fenomenoloxía lingüística
editarPode o concepto gramatical da oración librarse por completo do carácter suxeito-predicativo ou apofántico de certa conexión? Que relación existe entre un complemento predicativo e aquilo ao que a propia noción se autorrefire? Estas son algunhas das moitas cuestións relativas as diversas problemáticas fenomenolóxico-lingüísticas que se tratan dentro do estudo da teoría lingüística en Marzoa. O estudo da lingüística é un dos principais campos de traballo de Martínez Marzoa, ten dúas obras dedicadas exclusivamente a ese asunto: Lengua y tiempo (1999) e Lingüística fenomenológica (2001). Sendo a primeira dun carácter máis xeral e a segunda concretando, como o seu nome indica, en materia da fenomenoloxía lingüística. Nesta última trataríase fundamentalmente da problemática que atingue á devandita rama da fenomenoloxía.
Hermenéutica de textos gregos
editarNa súa interpretación de Aristóteles e Platón, mostra como ambos os autores se basean na estrutura da tematicidade, é dicir, o que fai que algo sexa algo. A tematicidade que se encontra nestes dous autores gregos maniféstase pola rotura das relacións que fan que algo sexa ese algo. Desa maneira, para Platón a temacidade dun termo ten sempre outra cara na relevante non-temacidade do outro. Por exemplo, na proposición “ser-A é ser-B”, a tematicidade de ser-A ten que ver coa non-tematicidade de ser-B. A ocupación de Platón consiste en que se tematice o termo non tematizado. Neste punto, procédese pola diaírese platónica, mais, segundo Marzoa, esta división de ideas por xéneros e especies non é lóxica senón fenomenolóxica. Así, a cuestión da tematicidade consiste nunha división e subdivisión fenomenolóxica de que é “o mesmo” e que é “o outro”.
Por outra parte, Marzoa tamén trata de maneira hermenéutica a cuestión do xénero poético grego. O “dicir”, no contexto grego, é o verbo que máis frecuentemente se emprega para significar aquilo que é o “poeta”. “Poeta” é aquel que ten pericia ou destreza no “dicir”, entendendo o “dicir” non como un operar particular. Non se trata de pericia nun ámbito concreto senón nun proxecto. A poesía grega de Homero e Píndaro articúlase de maneira que non só consiste nun texto, tamén inclúe un conxunto de persoas efectuando xestos, movementos, palabras (coa súa melodía e o seu ritmo), pese a que a poesía grega só se conserve como mero texto.
Estudos de filosofía alemá: de Leibniz a Nietzsche
editarUnha das liñas teóricas cara á que se orienta a súa obra é a análise da filosofía alemá no período que abrangue de Leibniz a Nietzsche. Os estudos da filosofía alemá de Marzoa están destinados a outorgarlle a quen le ferramentas para poderse achegar a esta corrente de pensamento, trazando unha obra filosófica imprescindible para quen queira enfrontarse ao labor de comprender estes autores. Cabe destacar os seguintes títulos:
Cálculo y ser: aproximación a Leibniz (1991)
editarPretende ser unha contribución a tarefa de demostrar que toda a obra de Leibniz se trata dunha soa cousa. Isto acontece de tal maneira que conseguir apuntar cara á cousa en cuestión equivalería a encontrar en Leibniz un dos pensadores esenciais da gran filosofía, como Kant, Hegel, Aristóteles ou Platón.
Hölderlin y la lógica hegeliana (1995)
editarA tarefa aquí emprendida baséase nunha certa interpretación de Kant, da relación do Idealismo con Kant e da posición ou o papel de Hölderlin en todo iso. O marco no que se sitúa a presente análise consiste na posición ou papel de Hölderlin en relación coa lóxica hegeliana e, con iso, coas orixes da modernidade.
De Kant a Hölderlin (1992)
editarEste libro rexeita a habitual versión segundo a cal Kant quedou atrás con respecto ao Idealismo e achega indicacións de ata que punto o especificamente kantiano de Kant se pode atopar tamén noutros autores.
Desconocida raíz común: estudio sobre la teoría kantiana de lo bello (1987)
editarPretende ser á vez unha interpretación da análise kantiana do fenómeno da “beleza” e unha demostración do papel central que esa análise desempeña no conxunto da obra de Kant.
Investigación e interpretación de Hume a Hobbes
editarDentro desta liña do seu pensamento cabe destacar Pasión tranquila: ensayo sobre la filosofía de Hume (2009), un ensaio dedicado á filosofía do filósofo escocés David Hume. Esta obra ofrece unha proposta de lectura unitaria que, aínda que se pode ler dunha maneira illada, está estreitamente relacionada co traballo sobre Leibniz e as numerosas obras que versan sobre Kant. No libro, amósase unha interpretación de Hume que exhibe unha faceta claramente belixerante á parte do desentrañamento das novidades que introduce o filósofo escocés dende a perspectiva crítica que sostén do pensamento moderno cartesiano que o precede. Así, Marzoa ofrece unha visión de Hume en virtude da cal a modernidade do filósofo escocés se combina cun profundo xuízo crítico das bases mesmas do moderno.
Teses principais
editarA irredutibilidade do ser en Grecia
editarA cuestión da irredutibilidade do ser parte do que Marzoa denomina “o dicir grego”, expresión coa que se refire a un dicir relevante, no sentido no que ten lugar na Grecia arcaica e clásica e da cal xurdirían os xéneros literarios e filosóficos. Da noción de dicir, contemplada en Grecia, derívase a dificultade hermenéutica da recepción moderna dos textos clásicos. O dicir da cousa mesma significa que o que fala e o que di non é aquel que emite enunciados ou pronuncia palabras (cuxo contido pretende significar ou designar obxectos da realidade), senón que o dicir, o logos, é a forma que temos os falantes de participar nese acontecer que consiste en que cada cousa sexa o que ela é e que cada cousa se mostre na súa irredutibilidade.
Así pois, do dicir da cousa dos gregos pásase ao enunciar dos modernos; isto é, do ser como mostrarse ou aparecer, pásase a concibir a verdade como a concordancia entre un enunciado e a cousa por el designada. O punto de partida grego é, pois, o ser como presenza, nun sentido de manifestarse ou aparecer a cousa (ou ente), sendo cada cousa o que ela mesma é e non deixándose reducir a nada. De dita tese xorde de Ser y diálogo: leer a Platón (1996), obra na cal o debate xira en torno a como tratar o texto platónico. Discutirase a consistencia da lectura en torno aos supostos de Platón, poñendo de manifesto, en primeiro lugar, o carácter relativamente secundario do enunciativo e da prosa doutrinal e, en segundo lugar, o peculiar lugar de Platón dentro desta tese. Por esta vía investígase en que sentido e de que modo o mesmo diálogo é o verdadeiro contido.
Importancia do cristianismo como mediador entre Grecia e a Modernidade
editarMarzoa sitúa o cristianismo como mediador entre a Grecia clásica e a Modernidade. Pon de manifesto como, con Platón e Aristóteles, o “límite” se volve relevante á hora de tematizar un termo e definilo. Posteriormente, na época helenística, os límites vólvense “inesenciais", “ilimitados” e, como consecuencia, todo se volve inconsistente, polo que nese punto é necesaria a transcendencia. Debido a esta transcendencia e á inconsistencia dos límites, existe un único espazo de indiferencia, redutibilidade e uniformidade, é dicir, as diferencias entre as cousas redúcense á “unicidade”. Pese a todo, a necesidade da transcendencia na época helenística levou a diferentes vías para chegar a transcender, é dicir, diferentes relixións pagás.
Dese xeito, o cristianismo preséntase, posteriormente, como a única forma de chegar a esa transcendencia, fronte á heteroxeneidade pagá. Así, no cristianismo Deus é creador ex nihilo e causa sen ser causada. Só hai causas e efectos, o que Marzoa denomina “un-todo”. Ora, soster que Deus é a causa total de toda cousa é como soster que non o é de nada. Se é necesario que todos os fenómenos se relacionen entre si como causas de efectos e efectos de causas, daquela ocorre que ningún fenómeno se relaciona propiamente con ningún fenómeno, e de aí que o «un-todo», ou o ente como todo, se delimite. Esta delimitación coincide co proxecto ilustrado, que é o cumprimento do cristianismo e a súa desaparición. O ente-como-todo leva a pensar filosoficamente o “ser” desde o único que hai.
Distancia hermenéutica da Historia da Filosofía dende Nietzsche ata os nosos días
editarO devir da tradición filosófica situounos nunha posición na que parece que só se permite filosofar sobre unha asunción do anteriormente filosofado, de xeito que dende Nietzsche estariamos reiterándonos en círculo sobre unha única conclusión achegada polo vitalista alemán, con Hegel e con Nietzsche rematou unha forma de filosofar que dá paso a unha nova que ten como esencia a comprensión e estudo das principais obras da historia da filosofía. Desa maneira, poderíamos afirmar que na actualidade a filosofía é fundamentalmente hermenéutica. A relación que establecemos cos grandes autores xa non é unha relación de dialogo senón unha de compresión. Cámbiase a tarefa de adición ás súas obras por unha tarefa de lidar co que non é dito explicitamente nas súas obras máis, se cabe, por estar presente nas mesmas o que Marzoa denomina o non-pensado. O feito de que mudase o xeito no que se filosofa non implica a morte da filosofía senón que nos nosos días a historia, a traxectoria dos autores que nos precederon, fai que a filosofía exista como obxecto de coñecemento, atópase preparada para a nosa compresión, para a súa interpretación hermenéutica.
A nova tarefa da filosofía xa non é xulgar o pasado senón de admitir a distancia que existe entre a nosa tarefa hermenéutica e a tarefa que comezou en Grecia e rematou en Nietzsche. Distancia entre as formas de concibir e facer a filosofía, distancia entre a historia da filosofía e os nosos días.
Obras
editarLibros
editar- Historia de la Filosofía, Madrid, 1973. Nueva edición revisada, Madrid, 1994.
- Iniciación a la Filosofía, Madrid, 1974
- De la revolución, Madrid, 1976.
- Ensaios marxistas, A Coruña, 1978.
- Revolución e ideología, Barcelona, 1979.
- (Re)introducción o marxismo, Vigo, 1980.
- La filosofía de "El capital" de Marx, Madrid, 1983.
- El sentido y lo no-pensado: apuntes para el tema "Heidegger y los griegos", Murcia, 1985.
- Heráclito-Parménides (Bases para una lectura), Murcia, 1987.
- Desconocida raíz común: (estudio sobre la teoría kantiana de lo bello), Madrid, 1987.
- Releer a Kant, Barcelona, 1989.
- De Grecia y la Filosofía, Murcia, 1990.
- Cálculo y ser: (aproximación a Leibniz), Madrid, 1991.
- De Kant a Hölderlin, Madrid, 1992.
- Historia de la filosofía antigua, Barcelona, 1995.
- Hölderlin y la lógica hegeliana, Madrid, 1995.
- Ser y diálogo: leer a Platón, Madrid, 1996.
- Heidegger y su tiempo, Barcelona, 1999.
- Lengua y tiempo, Madrid, 1999.
- Lingüística fenomenológica, Madrid, 2001.
- El saber de la comedia[1]Arquivado 15 de maio de 2008 en Wayback Machine., Madrid, 2005.
- El decir griego, Madrid, 2006.
- Muestras de Platón, Madrid, 2007.
- Pasión tranquila: ensayo sobre la filosofía de Hume, Boadilla del Monte, A. Machado, 2009.
Artigos e revistas
editar- • "¿Qué le queda aún por hacer a la filosofía?", Alea. Revista Internacional de Fenomenología y Hermenéutica. , N.º 5, 2007.
- "Space and Nomos", South Atlantic Quarterly, 104, 2005.
- "Algunas conexiones de la teoría kantiana del derecho”, Endoxa: Series Filosóficas,, N.º 18, 2004.
- "Lo ético y la "mera" lógica”. Isegoría: Revista de filosofía moral y política, N.º 30, 2004 (Ejemplar dedicado a: La vigencia del pensamiento kantiano)
- ”Kant y la mota de polvo”, Logos: Anales del Seminario de Metafísica, N.º 37, 2004.
- ”Kant y las inhibiciones lectoras de Heidegger”, Agora: Papeles de filosofía, Vol. 23, N.º 1, 2004.
- ”Hacia una hermenéutica de los géneros poéticos griegos” Daimon: Revista de filosofía, N.º 21, 2000.
- ”Decisión y finitud” Quaderns de Filosofia i Ciència, N.º. 29, 2000, pags. 63-70
- ”Descartes y el concepto de ontología” Enrahonar: Quaderns de filosofía, N.º 1, 1999 (Ejemplar dedicado a: Descartes lo racional y lo real).
- “El proyecto del saber y el camino de Hölderlin”, La Ortiga. Revista cuatrimestral de arte, literatura y pensamiento (Santander), 13-15, año IV, febrero de 1999. pp. 94-100.
- ”La poesía griega y la teoría hölderliniana de los géneros” Sileno: Variaciones sobre arte y pensamiento, N.º. 4, 1998, pp. 53-60.
- “Para unha crítica dos conceptos «mito» e «logos»“, Grial: revista galega de cultura (Vigo), 124, tomo XXXII, oct-nov-dic 1994, pp. 461-468.
- ”El tiempo del eterno retorno” Er: Revista de filosofía, N.º 14, 1992 (Ejemplar dedicado a: Friedrich Nietzsche)
- “A propósito de los «Beiträge zur Philosophie» de Heidegger”, Daimon (Univ. de Murcia), 2, 1990, pp. 241-246.
- ”Heidegger y la historia de la filosofía” [20] Taula: Quaderns de pensament, N.º 13-14, 1990. • “Imaginación trascendental e imaginación poética”, Agora (S. de Compostela), N.º 7, 1988, pp. 27-39.
- ”Escisión y unidad en la razón kantiana” Er: Revista de filosofía, N.º 5, 1987 • “En torno al nacimiento del título «filosofía»”, Anales de Filosofía de la Univ. de Murcia, N.º 1, 1983. pp. 187-204.
- "La teoría marxista y la lucha sindical". Zona Abierta, N.º 24, 1980.
- "¿Adónde va el trotskismo?", Zona Abierta, N.º 22, 1979.
- "Sobre el concepto de democracia", Zona Abierta, N.º 7, 1976.
- “¿Qué puede entenderse por filosofía actual?”, Zona abierta, N.º 3, 1975, pp. 4-16.
- “Einai, physis, logos, aletheia”, Emerita, N.º 42, 1974, pp. 159-175.
Edicións e traducións
editar- Antígona de Sófocles. Tradución ao galego. Vigo, 1976.
- Ensayos de F. Hölderlin. Madrid, 1976.
- La religión dentro de los límites de la mera Razón de I. Kant. Madrid, 2001.
Colaboracións en obras colectivas
editar- "Prólogo" en Prada, A; López, A. A outra economía galega. Compostela, 1979.
- "¿Filosofía en Galicia?" en Galicia no ano 79 / por 41 autores, A Guarda (Pontevedra), 1980, pp. 57–58.
- "Analítica y dialéctica en la razón (práctica) kantiana" en Muguerza, J. y Rodriguez R. Kant después de Kant. Tecnos, Madrid, 1989, pp. 64–75.
- 2Heidegger" en Metamorfosi del nihilisme. Fundación Caixa de Pensions, Barcelona, 1989. pp. 15–28.
- "Heidegger y la filosofía griega" en Pellecín, M. y Reguera, I. Wittgenstein-Heidegger. Deputación provincial de Badaxoz, 1990. pp. 227–239.
- "La crítica del juicio estético. Hölderlin y el idealismo". En la cumbre del criticismo. Simposio sobre la "Crítica del juicio" de Kant, Barcelona, 1990.
- "La «Crítica del Juicio» y la cuestión Grecia-Modernidad" en AA. VV. Estudios sobre la “Crítica del Juicio”, Visor y C.S.I.C., Madrid, 1990, pp. 147–164.
- 2La palabra que viene" en VV. AA. Heidegger: La voz de tiempos sombríos. Ed. del Serbal, Barcelona, 1991, pp. 147–160.
- "Was hat die Philosophie noch zu tun?" en Rühle, V. Beiträge zur Philosophie aus Spanien. Karl Albert Verlag, Freiburg i. Br., 1992, pp. 139–155.
- "De Kant a Hölderlin” en Martínez, Fco. J.(coord.). Romanticismo y marxismo. Fundación de Investigaciones marxistas, Madrid, 1994, pp. 27–48.
- "«Seyn» y «Ur-teilung»", en Market, O. y Rivera de Rosales, J.(coord.) El inicio del idealismo alemán, Complutense-UNED, Madrid, 1996, pp. 335-342.
- "Comentario a Aristóteles. De Interpretatione 1,3". En torno a Aristóteles: homenaje a Pierre Aubenque, 1998.
- "Estado y legitimidad". Los filósofos y la política, Madrid, 1999.
- "Estado y pólis" en Cruz, Manuel. Los filósofos y la política, FCE, México, 1999, pp. 101-115.
- "Píndaro y el libro X de “La república” de Platón" en VV. AA. La razón del mito, UNED, Madrid, 2000.
- "En torno al concepto “dialéctica” en Kant" en M. E. Vázquez y R. de la Calle, eds., Filosofía y razón. Kant 200 años, Univ. de Valencia, Valencia, 2005.
Entrevistas
editar- "Entrevista con F. Martínez Marzoa", Grial. Revista galega de cultura (= Heidegger, 1889-1989), Tomo XXVII/103, Xullo-Setembro 1989.
- "La pregunta por Heidegger", Coloquio con Arturo Leyte, Círculo de Bellas Artes, Madrid, 2006.
- "Que foi de Felipe Martínez Marzoa?", Entrevista con Felipe Martínez Marzoa realizada por Xurxo González y publicada originalmente en el ya desaparecido diario gallego A Nosa Terra (05/04/2009). (Tradución en castelán).
Referencias
editar- María Victoria Pérez Monterroso (2018). “Recensión: Felipe Martínez Marzoa, La Filosofía en «El capital» de Marx”, Madrid, Abada, 2018, 304 pp. Res Pública, pp. 449-453. Obtenido de https://revistas.ucm.es/index.php/RPUB/article/viewFile/60866/4564456547631
- Martínez Marzoa, F. (2000). “Hacia una hermenéutica de los géneros poéticos griegos”. Revista de filosofía, 97-106.
- Martínez Marzoa, F. (1 de 5 de 2017). Documento 7: Felipe Martínez Marzoa . Obtenido de Felipe Martínez Marzoa: http://felipemartinezmarzoa.com/documentos-4.html Arquivado 12 de maio de 2021 en Wayback Machine.
- Caner-Liese, Robert (2018). “El decir relevante y el sentido de la mímesis (según Felipe Martínez Marzoa)”. Tropelías. Revista de Teoría de la Literatura Comparada, pp 308-329.
- García Ureña, Guillermo (2010). “Felipe Martínez Marzoa, El concepto de lo civil, Metales Pesados, Santiago de Chile, 2008”. Ingenium, 162-165
- Royo, Simón (2018). “El marxismo heideggeriano de Felipe Martínez Marzoa y la filosofía de «El Capital»”. Sociología Histórica, pp 643-669.
- Martínez Marzoa, Felipe (1994). Historia de la filosofía II, Madrid: Ediciones Istmo
- Ruiz de Gauna de Lacalle, Pol (2019). El polvo y la nada. Apuntes para una lectura hermenéutica de la Guia espiritual de Miguel de Molinos. Barcelona: Universitat de Barcelona.
- Martínez Marzoa, Felipe (1 de 5 de 2017). Documento 7: Felipe Martínez Marzoa . Obtenido de Felipe Martínez Marzoa: http://felipemartinezmarzoa.com/documentos-7.html Arquivado 12 de maio de 2021 en Wayback Machine.
Conferencias e ligazóns na rede
editar- Gespräch zwischen Leyte und Martínez Marzoa, 3.4.07
- Vídeo da conferencia El concepto y el "mero" concepto, en Alea: revista internacional de fenomenología y hermenéutica
- Martínez Marzoa, Felipe (4 de decembro de 2007). ""Lo civil y la negación" (mp3). Cuaderno de Materiales (Universidad Complutense de Madrid). ISSN 1138-7734.. Conferencia dentro do "Congreso "Hegel: la experiencia de la libertad, 200 años de la fenomenología del espíritu"". Universidade Complutense de Madrid. 3-5 de decembro de 2007.
- Círculo de Bellas Artes de Madrid. Heidegger: treinta años después, 05.2006
- Conferencia: El pensamiento de Heidegger ante la brutalidad contemporánea