Xurxo González
Xurxo González Rodríguez, nado na Guarda en 1973, é un cineasta, crítico e activista audiovisual galego. Na súa faceta como cineasta é coñecido baixo o nome de Xurxo Chirro, alcume que utilizou por primeira vez no filme Cellular Movie (2010).[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1973 (50/51 anos) A Guarda, España |
Actividade | |
Ocupación | cineasta, crítico de cinema |
Sitio web | xurxochirro.wordpress.com |
Traxectoria
editarComo crítico cinematográfico, ten publicado textos nas revistas Tempos Novos, Cahiers du Cinéma-España, Madrygal, Quintana e Ag, e nos xornais Faro de Vigo e A Peneira. Foi asesor e catalogador de arquivos audiovisuais na RTVE-G, e creador de contidos na Agencia Audiovisual Galega (AAG), dirixida por Manolo González. Coordinou as plataformas dixitais Teutubo e Flocos.tv, e foi o impulsor do portal Novo Cinema Galego: O arquivo das novas prácticas cinematográficas na Galiza, que botou a andar en 2015.
Desde o 2010 ao 2013 traballou para a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e foi comisionado do ICAA no bienio 2010-2011. Foi programador do festival Filminho: Festa do Audiovisual Galego e Portugués. Formou parte do colectivo Acto de Primavera, xunto a José Manuel Sande e Martin Pawley, e é por tanto coautor da etiqueta "Novo Cinema Galego".[2] Na actualidade reside nas Illas Canarias.[3]
Baixo o alcume de Xurxo Chirro, é autor dunha longa filmografía, mais é sobre todo coñecido pola súa película Vikingland, que a crítica galega, nunha enquisa da revista Luzes en decembro de 2014,[4] votou como o mellor filme galego desde 1989. Vikingland foi producida por Beli Martínez[5] e está construída a partir de material encontrado, que o cineasta prefire denominar material "revelado".[6] Foi premiada no Festival Play-Doc e en Márgenes; e foi premio da crítica internacional en Lima Independiente.
Para Xurxo Chirro o cinema "é unha ferramenta social que interactúa cun contexto".[7] Esta faceta máis social e política pódese apreciar nas súas películas 36/75 (2009) e De barrio (2019), sobre a memoria persoal e histórica.
Proxecto Socheo
editarXurxo González é director do Proxecto Socheo, unha iniciativa nacida en 2011 que ten como obxectivo localizar, estudar, inventariar, salvagardar e dar a coñecer o patrimonio audiovisual da Guarda e do Baixo Miño. Nacido a partir da recuperación das cintas de vídeo de Luis Lomba ("O Haia"), que constitúen a materia prima de Vikingland, o Proxecto Socheo pretende loitar contra o esquecemento e a desmemoria.[8] A produtora Beli Martínez e os IES A Sangriña da Guarda forman parte do seu equipo técnico. En 2014 o Proxecto Socheo recibiiu o Premio de Alfabetización Audiovisual do Ministerio de Educación.[9]
“Socheo” é un vocablo mariñeiro que significa fase final do crecente, anterior á preamar.[10]
Publicacións
editarXurxo González colaborou na publicación de tres libros. En 2004 foi coautor do libro sobre Manoel de Oliveira publicado pola USC.[11] En 2013 foi coautor do libro Cines de Pontevedra: documentación nos arquivos públicos, editado por Ángel Luis Hueso.[12] E en 2017 foi coordinador, xunto con Beli Martínez, de Camiños da imaxe: Joaquín García Portela "Costiña"[13] para a Deputación de Pontevedra.
Filmografía
editar- Argazo (2006)
- Os señores do vento (2008)
- 36/75 (2009)
- 13 pozas (2009)
- Cellular Movie (2010)
- Vikingland (2011)
- Noite (2012)
- Á luzada (2012)
- Une histoire seule (2013)
- Cova alumada (2013)
- Gran Hotel (2015)
- Jeanette (2016)
- De barrio (2019)
Notas
editar- ↑ Losada, Arturo (8-07-2011). "O cinema de Xurxo Chirro". A Cuarta Parede.
- ↑ Loureda, Carlos (21-03-2020). "Descubre el apasionante Novo Cinema Galego". Fotogramas.
- ↑ "Chirro, Xurxo". Novo Cinema Galego. O arquivo das novas prácticas cinematográficas na Galiza. Consultado o 25 de abril 2024.
- ↑ "A enquisa" (PDF). Luzes. nº 12, Novembro 2014, p. 94.
- ↑ "Vikingland". Novo Cinema Galego. O arquivo das novas prácticas cinematográficas galegas. Consultado o 25 de abril 2024.
- ↑ Delgado, Mónica (15-03-2013). "Q&A: Xurxo Chirro". Desistfilm.
- ↑ Donoso, Sara, "Cine, paisaxe, pintura. Unha ollada ao audiovisual galego contemporáneo", en Nogueira 2021, p. 155.
- ↑ "Proxecto Socheo". boaspracticas.xestoresculturais.gal. 2017. Consultado o 11 de maio de 2024.
- ↑ "Premio de Alfabetización Audiovisual para o Proxecto Socheo e o IES A Sangriña". Xornal 21. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2024. Consultado o 02 de xuño de 2024.
- ↑ "Socheo". RAG.
- ↑ José María Folgar de la Calle, Xurxo González Rodríguez e Jaime Pena (Coords) (2004); Manoel de Oliveira, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela.
- ↑ Ángel Luis Hueso Montón, Xurxo González Rodríguez e Rita Martín Sánchez (2013); Cines de Pontevedra: documentación en arquivos públicos, Ángel Luis Hueso Montón (Ed.), Santiago de Compostela.
- ↑ Xurxo González Rodríguez e Beli Martínez Martínez (Coords.) (2017); Camiños da imaxe. Joaquín García Portela “Costiña”, Deputación de Pontevedra, Pontevedra.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Martínez Martínez, Isabel (2015). O cine de non ficción no Novo Cinema Galego (2006-2012): Conceptualización, contextos e singularidades, tese de doutoramento. Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Universidade de Vigo.
- Redondo Neira, Fernando; González, Xurxo. "As marcas do procesual nos límites da experimentación do Novo Cinema Galego". en Nogueira 2021.
- Romero Suárez, Brais (2018). “De Vikingland a Ingen Ko Pa Isen: análise dunha correspondencia involuntaria”, II Premios María Luz Morales (Accésit Ensaio Escrito Audiovisual Galego).
- Villarmea Álvarez, Iván (2016). "Transnational Identities in Galician Documentary Film: Alberte Pagán's Bs. As. and Xurxo Chirro's Vikingland". Oliete-Aldea, Elena; Oria, Beatriz, and Tarancón, Juan A. Global Genres, Local Films. The Transnational Dimension of Spanish Film. Bloomsbury. ISBN 978-1-5013-0298-5
- Ledo Andión, Margarita (ed.) (2017), Para unha historia do cinema en lingua galega. [1] Marcas na paisaxe, Editorial Galaxia, ISBN 978-84-9151-172-4
- Donoso Calvo, Sara (2018), Cine, paisaje, pintura. Una mirada al audiovisual gallego contemporáneo, tese de doutoramento, Universidade de Santiago de Compostela.
- Donoso, Sara (2019), Miradas cruzadas. Pintura e paisaxe no audiovisual galego contemporáneo, Intersección, A Coruña, ISBN 978-84-949791-3-2
- Ledo Andión, Margarita (ed.) (2019), Para unha historia do cinema en lingua galega. [2] A foresta e as árbores, Editorial Galaxia, ISBN 978-84-9151-335-3
- Ledo Andión, Margarita (ed.) (2020), Para unha historia do cinema en lingua galega. [3] De illas e sereas, Editorial Galaxia, ISBN 978-84-9151-488-6
- Nogueira, Xosé (ed.) (2021), Para unha historia do cinema en lingua galega. [4] Lume na periferia, Editorial Galaxia, ISBN 978-84-9151-766-5
Ligazóns externas
editar- Proxecto Socheo
- Novo Cinema Galego
- Chanfreiros en YouTube
- Xurxo Chirro en Filmaffinity