Flocos.tv

Flocos.tv foi unha páxina web posta en marcha pola Axencia Audiovisual Galega na que se albergaba unha boa mostra do audiovisual feito en Galicia, tanto por profesionais coma por afeccionados. Comenzou a funcionar o 12 de decembro de 2008 con vinte e cinco curtametraxes[1], e chegou a recompilar máis de trescentas producións[2], entre curtas, mediametraxes e longametraxes. A finais de febreiro de 2011 pechouse a páxina.

No 2012 volveu abrir, esta vez so o nome de Canletv, nun novo enderezo web.[3]

Rede socialEditar

Ademais de ver os vídeos, era posible rexistrarse coma usuario para comentar e seleccionar as obras favoritas. O seu funcionamento era o dunha rede social[4], co ánimo de promover a interacción entre os usuarios, así coma a súa difusión noutras redes coma Facebook, Chuza ou MySpace. Esta actividade reflectíase nunha listaxe que recollía as obras máis vistas, máis comentadas, e as que máis xente seleccionou coma favoritas. A páxina recibiu o Premio Mestre Mateo á mellor obra interactiva na súa edición do 2008[5].

SecciónsEditar

  • Ficción.
  • Animación
  • Documental
  • Experimental
  • Adiantos, onde se anunciaban as próximas películas que se ían a colgar na páxina

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar